Web non oficial sobre os concellos de: A Estrada, Boqueixón , Teo e Vedra.--.

Estanque do Pazo de Oca

Vista do estanque do Pazo de Oca e a súa capela en xullo do 2005 © H. Neira 2005


NO CURSO MEDIO DO RÍO ULLA

Unha comarca natural de Galicia

Esta páxina web pretende ser unha pequena guía da comarca da Ulla, na zona central de Galicia, inexistente desde o punto de vista administrativo, pero cantada por poetas desde hai séculos e viva nas súas paisaxes e habitantes. Entre as parroquias máis importantes das que compoñen A Ulla están Arnois, Oca, Berres, Ribeira, Cora, Vea, Barcala, San Mamede de Ribadulla, Santa Cruz de Ribadulla, San Miguel de Sarandón, San Pedro de Sarandón, Teo e Carcacía, segundo descrición de Ramón Otero Pedrayo. O Pico Sacro, o río Ulla, os pazos e os castros son o máis destacado do val, famoso tamén polas súas festas e atravesado polo Camiño de Santiago. A comarca recibe o nome de O Ulla nalgunhas partes da Estrada e non ten capital, pero en cambio ten Socastro, capital insólida.

Da Ulla era Marcial Valladares, autor da primeira novela moderna en galego, "Maxina ou a filla espúrea". Neste libro, escrito en 1870, fai unha fermosa descrición da comarca nunha mañá de abril: "Convertida a Ulla nun verxel, cheo de arbriños con froles, encarnadas nos pexegueiros, blancas nas cerdeiras, ameixeiras e pereiras; froles que contrastaban non sólo coas amarelas dos toxos e as camesas das carronchiñas dos montes, coa verdura dos pinales, trigos, centeos e herbeiras, ornadas de margaridas, violetas e mil outras rosicas, sí que tamén co pardo-oscuro das veigas, recén fendidas pra o millo". O día 20 de maio de 2003 cumpriuse o primeiro centenario do pasamento do autor.

Foto: Detalle da Fonte do Santiaguiño © H. Neira 2001


UN INSTRUMENTO QUE SE ESTÁ A RECUPERAR

A requinta da Ulla, un tesouro musical

Estas que se ve na imaxe é unha requinta da Ulla. Trátase dunha frauta que deriva da traveseira e que está deseñada para ser tocada conxuntamente con gaitas, que ademais deben estar preparadas para soar conxuntamente coas requintas. Aínda que en Galicia hai varias zonas onde se constrúen e tocan frautas traveseiras, as da Ulla teñen un deseño peculiar, con cinco pezas ou corpos no lugar de tres ou catro que posúen outras. Máis información en www.raiceiros.org, no libro "A requinta da Ulla" de Enrique Montero Torreiro e mais en www.requintadexian.com

Foto: © H. Neira 2002


Guía da comarca

O VAL DO ULLA


Concellos e parroquias

A Historia

Axenda

Rutas e mapas

 IMAXES


As imaxes

ECONOMÍA


Os sectores productivos

 NATUREZA


O Pico Sacro

O relevo

O río Ulla

Ríos, pontes e termalismo

Clima

Flora

Fauna

 CAMIÑOS


Camiños de Santiago

Tradicións xacobeas

 

CULTURA E PERSOEIROS


Quén é quén

A lingua

Os discos

A música

A requinta da Ulla

Libros

 

 MONUMENTOS


Boqueixón

A Estrada

Teo

Vedra

O patrimonio cultural

Os pazos

 TRADICIÓNS


Lendas

Coplas de Entroido

Refráns e ditos

Xogos populares

 FESTAS E XANTARES


Festas, feiras e romarías

Gastronomía

O Viño da Ulla

DEPORTES


Deportes

 INICIATIVAS


Asociacións

EMIGRACIÓN


A emigración


-.--.----.--.-.-----.-.--.-------.--.---.-.--.--.---

   As buscas nesta web  fanse con FreeFind
 

Teño un amor na montaña, teño un amor montañés. Teño un amor na montaña e na Ulla teño tres (Popular)


© A Ulla, Comarca Virtual 1997-2008. Tódolos dereitos reservados..

Os autores danlle as gracias pola súa visita e agradecen comentarios e suxestións. A páxina foi creada en decembro de 1997 e renovada no mes de xaneiro do 2008.

Escríbanos a [email protected]


1 1
Hosted by www.Geocities.ws

1