O espírito da Ulla, preciado tesouro da Galicia perdurable (Xosé Filgueira )  

   As buscas nesta web fanse con FreeFind
 

 

 

[O Val do Ulla]

Concellos e parroquias

A Historia As imaxes

Axenda Rutas e mapas

[Natureza]

O Pico Sacro O relevo

O río Ulla Ríos, pontes e termalismo

Clima Flora Fauna

[Camiños de Santiago]

Camiños Tradicións xacobeas

[Cultura e persoeiros]

Quén é quén A lingua Os discos A música Libros

Lendas Coplas de Entroido Refráns e ditos

Asociacións

[Monumentos]

Boqueixón A Estrada Teo Vedra

O patrimonio cultural Os pazos

[Emigración]

A emigración

[De xantares e festas]

Festas, feiras e romarías Gastronomía

[Xogos e deportes]

Xogos populares Deportes

[Economía]

Os sectores productivos

 Chamador nun pazo na Ponte Ulla. (c) D. Janeiro 1998

Chamador nun pazo na Ponte Ulla. (c) D. Janeiro 1998

O patrimonio cultural

Coa esperanza de que con iso se aprenda a considerar mellor o seu valor, quixemos dar a coñecer nestas páxinas unha listaxe o máis completa posible de bens de interese cultural e histórico nos catro concellos nos que se asenta o Val do Ulla. Pregámoslle a calquera persoa que descubra a falta dalgún ou crea que hai outros que se poidan engadir á lista, contacten co Concello correspondente para engadilo ó inventario oficial, ou ben connosco a través do correo electrónico en [email protected], desde onde faremos chegar esa suxestión. Debe terse en conta que, a pesar de que un ben cultural non apareza dentro desta relación, iso non quere dicir que non estea protexido, xa que existen leis xenéricas que obrigan a conservar, de forma global, por exemplo os cruceiros de máis de cen anos.
Actualmente, a lei protexe de xeito especial os edificios e construccións declarados bens culturais ou bens arqueolóxicos, e obriga a seguir certas normas de harmonización nas construccións próximas. As pontes, fontes, cruceiros, monumentos escultóricos e equiparables dispoñen dunha distancia de protección de 15 metros nas que é obrigado non alterar o contorno, excepto para axardinamento, adecentamento ou iluminación ornamental. Os restos arqueolóxicos e vestixios históricos están protexidos no perímetro da propiedade onde estean situados, en solo urbano, e para o caso de solo non urbano debe respectarse unha distancia de protección de 200 metros. Para realizar obras na zona debe dispoñerse do informe da Comisión Provincial de Patrimonio.


Para elaborar esta listaxe de bens patrimoniais e cultural empregamos as seguintes fontes: listaxe facilitada polo Concello de Boqueixón e traballo da Asociación Cultural Raíña Lupa deste concello sobre os muíños que se encontran no mesmo; listaxe facilitada polo Concello da Estrada, o libro "A Estrada Rural" de Manuel Reimóndez Portela e unha relación que nos cedeu o ex alcalde da Estrada Mario Blanco Fuentes; listaxe facilitada polo Concello de Teo e listaxe de bens inventariados publicada no DOG do 11 de xullo de 1991; listaxe de bens protexidos facilitada polo Concello de Vedra e publicada no Boletín Oficial da Provincia da Coruña o 17 de outubro de 1995; Inventario do Patrimonio Histórico-Artístico do Concello de Vedra no Diario Oficial de Galicia do 29 de xaneiro de 1990. A todo este material engadíronse datos propios, pero aínda así faltan por engadir algúns bens que están aínda por ser estudiados e inventariados.
Pontes e fontes de entidade menor non se inclúen por falta de datos sobre a súa antigüidade. Os muíños do concello de Vedra son ó redor de cen e non están incluídos no inventario de bens culturais publicado no BOP, razón pola que tampouco se sinalan na listaxe, aínda que é a nosa intención incluílos no futuro na páxina web sobre o Val do Ulla.
En canto ó antigo Camiño Real, polo que circulaban os peregrinos procedentes de Ourense (prolongación da Vía da Prata), consérvase con maior ou menor fortuna, podendo encontrarse o seu itinerario concreto no libro "El Camino a Santiago por el Sudeste". Na actualidade, emprendéronse diversas accións para a súa delimitación e protección. Nós falamos del no capítulo dedicado ós Camiños de Santiago.

Concello de Boqueixón

Concello da Estrada

Concello de Teo

Concello de Vedra


Escríbanos a [email protected]

© A Ulla, Comarca Virtual 1997-2002. Tódolos dereitos reservados.
Hosted by www.Geocities.ws

1