Todo canto soñar poida/ no seu maxín o poeta,/ de garrido e de vizoso/ naquel corruncho se encerra (Benito Losada, "Soazes d'un vello") 

   As buscas nesta web fanse con FreeFind
 

 

 

[O Val do Ulla]

Concellos e parroquias

A Historia As imaxes

Axenda Rutas e mapas

[Natureza]

O Pico Sacro O relevo

O río Ulla Ríos, pontes e termalismo

Clima Flora Fauna

[Camiños de Santiago]

Camiños Tradicións xacobeas

[Cultura e persoeiros]

Quén é quén A lingua Os discos A música Libros

Lendas Coplas de Entroido Refráns e ditos

Asociacións

[Monumentos]

Boqueixón A Estrada Teo Vedra

O patrimonio cultural Os pazos

[Emigración]

A emigración

[De xantares e festas]

Festas, feiras e romarías Gastronomía

[Xogos e deportes]

Xogos populares Deportes

[Economía]

Os sectores productivos

 

 Concellos e parroquias

A comarca natural da Ulla (ou O Ulla, como se lle chama tamén) está composta, sobre todo, por parroquias dos concellos de Boqueixón, A Estrada, Teo e Vedra, aínda que outras como a padronesa de Carcacía se poderían considerar tamén como integrantes da mesma, ou incluso algunha de Silleda e Vila de Cruces, e ata algunha de Touro. Relacionamos aquí a listaxe completa das parroquias que compoñen os concellos de Boqueixón, Teo e Vedra e dentro das estradenses sinalamos as que máis axeitadamente poden chamarse ullás. Con todo, debe terse en conta que algunhas dos tres primeiros concellos posiblemente non teñen nada de ullás ou ben pouco.
Sinalar, por outra parte, que existe unha Mancomunidade do Val do Ulla formada polos concellos de Boqueixón e Vedra e unha Asociación para o Desenvolvemento Intermunicipal do Val do Ulla, composta por Teo, Boqueixón e Vedra.

 


Parroquias de Boqueixón

Escudo do Concello de BoqueixónSan Vicente de Boqueixón, Santa Eulalia de Codeso, San Pedro de Donas, Santa Mariña de Gastrar, San Lourenzo da Granxa, Santa María de Lamas, San Salvador de Ledesma, Santa María de Lestedo, San Pedro de Loureda, Santa María de Oural, San Lourenzo de Pousada, San Breixo de Sergude, Santa Mariña de Subcira e Santa Eulalia de Vigo.


A capital municipal encóntrase en Forte. Se desexa ver unha foto da Casa do Concello pulse aquí.

WEB OFICIAL DO CONCELLO: www.boqueixon.com


A superficie total do concello é duns 70,9 quilómetros cadrados.
Poboación (datos procedentes do censo realizado no ano 1996): 4.314 habitantes, dos cales 2.122 son homes e 2.192 mulleres. A poboación medrou un 1,99% con respecto á que vivía no concello en 1991, data na que se celebrou o anterior censo, e na que o concello tiña un total de 4.230 habitantes.
Tralas eleccións municipais celebradas o 13 de xuño de 1999, resultou elixido alcalde Adolfo Gacio.



Parroquias de Teo

Escudo do Concello de TeoSanta María de Baamonde, San Simón de Ons de Cacheiras, San Xoán de Calo, Santa María de Lampai, Santa Mariña de Lucí, Santa María de Luou, Santa Eulalia de Oza, San Miguel de Rarís, San Xoán de Recesende, San Cristovo de Reis, Santa María de Teo, San Francisco de Asís dos Tilos e San Tomé de Vilariño.


A capital municipal encóntrase na Ramallosa. Se desexa ve-la Casa do Concello pulse aquí.


A superficie total do concello é duns 79,6 quilómetros cadrados.
Poboación (censo de 1996): 13.915 habitantes, dos cales 6.786 son homes e 7.129 mulleres. A poboación medrou un 10,38% con respecto á que vivía no concello en 1991, un total de 12.607 habitantes.
O Concello pon como lema na súa publicidade "De todo... e con calma".
Tralas eleccións do 13 de xuño de 1999, resultou elixido alcalde Armando Blanco.


Parroquias de Vedra

Escudo do Concello de VedraSanto André de Illobre, San Cristovo de Merín, Santa María Madanela da Ponte Ulla, San Mamede de Ribadulla, Santa Cruz de Ribadulla, San Fins de Sales, San Xián de Sales, San Miguel de Sarandón, San Pedro de Sarandón, Santo André de Trobe, Santa Eulalia de Vedra e San Pedro de Vilanova.


A capital municipal encóntrase en Vedra, na Avenida do Mestre Manuel Gómez. Se desexa ve-la Casa do Concello pulse aquí.


A superficie total do concello é duns 52,5 quilómetros cadrados.
Poboación (censo de 1996): 5.156 habitantes, dos cales 2.472 son homes e 2.684 mulleres. A poboación medrou un 2,08% con respecto á que vivía no concello en 1991, un total de 5.051 habitantes.
O Concello de Vedra pon como lema na súa publicidade: "No corazón do Val da Ulla".
Tralas eleccións do 13 de xuño de 1999, resultou elixido alcalde Odón Cobas.


Parroquias da Estrada


Escudo do Concello da EstradaManuel Reimóndez Portela en "A Estrada" (Everest, 1987) sinala como parroquias ullás as comprendidas nas zonas que el denomina da Ulla Baixa, Ulla Alta, Vea Baixa e Vea Alta. Polo que puidemos saber, na primeira úsase A Ulla para referirse á comarca natural onde están englobadas esas parroquias. Nas outras tres, o normal é chamarlle O Ulla, sen que isto implique referirse a comarcas distintas, senón sempre á mesma. En canto ás demais parroquias do concello (que posúe un total de 51) pertencen xa á comarca de Tabeirós-Terra de Montes.
-Ulla Baixa
San Xián de Arnois, San Martiño de Barbude, San Vicente de Berres, San Miguel de Castro, San Miguel de Moreira, Santo Estevo de Oca, Santa María de Paradela, Santa María de Ribeira, San Martiño de Riobó
-Ulla Alta
San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Santa Mariña de Agar, Santa María de Loimil, San Pedro de Orazo, San Cristovo de Remesar
-Vea Baixa
San Salvador de Baloira, Santa Mariña de Barcala, San Miguel de Barcala, Santa María de Couso, San Miguel de Cora, Santo André de Vea, Santa Cristina de Vea, San Xurxo de Vea, San Xián de Vea
-Vea Alta
Santa María de Aguións, Santa María de Frades, Santa Eulalia de Matalobos, San Xoán de Santeles, San Pedro de Toedo
-Outras parroquias da Estrada na comarca de Tabeirós-Terra de Montes
San Miguel de Arca, San Martiño de Callobre, San Xurxo de Cereixo, San Xurxo de Codeseda, San Miguel de Curantes, San Paio da Estrada, San Xián de Guimarei, Santo Estevo de Lagartóns, San Breixo de Lamas, San Xoán de Liripio, Santa María de Nigoi, Santa María de Olives, San Lourenzo de Ouzande, San Pedro de Parada, Santa Eulalia de Pardemarín, Santa Mariña de Ribela, Santa María de Rubín, San Lourenzo de Sabucedo, Santo André da Somoza, Santo André de Souto, Santiago de Tabeirós, Santa Cristina de Vinseiro.


A capital municipal encóntrase na Estrada. Se desexa ver unha fotografía da Casa do Concello, pulse aquí.

WEB OFICIAL DO CONCELLO: www.aestrada.com


A superficie total do concello é duns 281,8 quilómetros cadrados.
Poboación (censo de 1996): 22.492 habitantes, dos cales 10.622 son homes e 11.870 mulleres. A poboación medrou un 0,45% con respecto á que vivía no concello en 1991, un total de 22.391 habitantes.
Tralas eleccións do 13 de xuño de 1999, resultou elixido alcalde Ramón Campos.


A Estrada ten un himno propio, escrito por Salvador García-Bodaño, con música de Eulogio López Masid, e que reproducimos aquí:

Terra noble, fidalga e ben labrada,
dende Montes a ollar fecundos ríos.
Mociña florecida en amoríos
que de cincuenta estrelas és gardada.

De pazos e de pontes adornada,
de castros e de rexos penedíos,
de soutos e camposas, aduvíos
da palabra que é lei dita na Estrada.

Sosegan na paz túa os bos viaxeiros
e medran os teus fillos na irmandade
e na fidel memoria ós devanceiros.

Con ramos de benvida e de lealtade
sairemos todos xuntos ós carreiros
cun cantar de esperanza e libertade:

O himno novo das terras da bonanza
a resoar polos vales e os outeiros
ata onde o corazón á Patria alcanza.

 


Escríbanos a [email protected]

© A Ulla, Comarca Virtual 1997-2002. Tódolos dereitos reservados.
Hosted by www.Geocities.ws

1