O que máis me embebecía era o cantar redondo que ten o Ulla, e que non lle oín a ningún outro río (Xosé María Castroviejo, "Memorias dunha terra") 

   As buscas nesta web fanse con FreeFind
 

 

 

[O Val do Ulla]

Concellos e parroquias

A Historia As imaxes

Axenda Rutas e mapas

[Natureza]

O Pico Sacro O relevo

O río Ulla Ríos, pontes e termalismo

Clima Flora Fauna

[Camiños de Santiago]

Camiños Tradicións xacobeas

[Cultura e persoeiros]

Quén é quén A lingua Os discos A música Libros

Lendas Coplas de Entroido Refráns e ditos

Asociacións

[Monumentos]

Boqueixón A Estrada Teo Vedra

O patrimonio cultural Os pazos

[Emigración]

A emigración

[De xantares e festas]

Festas, feiras e romarías Gastronomía

[Xogos e deportes]

Xogos populares Deportes

[Economía]

Os sectores productivos

 O río Ulla ó seu paso por Ximonde. (c) H. Neira 1997

O río Ulla ó seu paso por Ximonde. (c) H. Neira 1997

O río Ulla

A comarca recibe o nome do río Ulla, un dos máis longos e caudalosos de Galicia. Segundo estiman os xeógrafos, a súa conca fluvial é a máis extensa da Comunidade galega despois da do río Miño, pois abrangue máis de 2.700 quilómetros cadrados. O río e os seus afluentes máis importantes recollen a chuvia que cae nos concellos da Estrada, A Golada, Ames, Antas de Ulla, Arzúa, Boqueixón, Catoira, Dodro, Dozón, Forcarei, Lalín, Melide, Monterroso, Palas de Rei, Padrón, Rianxo, Rodeiro, Santiago de Compostela, Santiso, Silleda, Teo, Toques, Touro, Valga, Vedra e Vila de Cruces.
A Gran Enciclopedia Gallega indica que nace o río en Monterroso, estando as súas fontes en Ansar, no monte Picouzo, e entre San Estevo e Fondevila. Únese ó primitivo regueiro o Rial, no mesmo concello, e pouco despois o Ribeiro.


Sen embargo, J. Varela, vía Internet, fainos saber que, conforme os seus datos, o río moi posiblemente nace nunha fonte que se encontra nun predio da parroquia de Olveda (concello de Antas de Ulla). Se vostede que nos le desexa achegar máis información, non o dubide: escríbanos.
Na Ulla, o río que lle dá o nome á comarca recibe como afluentes, entre outros, ó río Pontillón, ó rego de Valpedre e ó río Deza. Sinalar que estes lle proporcionan auga todo o ano anque o caudal non sexa o mesmo en inverno ou verán. Tamén podemos dicir que no Ulla, estando en temporada, pódense pescar algunas troitas, pero nada en relación co que se lograba hai unhas décadas, cando aínda se vían saltar no Couto de Ximonde espléndidos salmóns e troitas:
Polo río abaixo vai / unha troita de pé, / corre que te corre, / quen a podera coller. / Quen a podera coller, / quen a podera pescar, / polo río abaixo vai / unha troita de pé. (Popular)

O río Ulla antes de chegar á ponte do Gundián (c) H. Neira 2000


Para completar esta pequena información hidrográfica diremos que na serra do Pico nace outro afluente do Ulla, o regueiro de San Cristovo, que se une a aquel uns cinco quilómetros ó sur. Tamén podemos falar algo de termalismo, pois existen dúas fontes termais, con augas de penetrante e desagradable olor que nos indica a súa gran riqueza en compostos de xofre. As devanditas burgas están situadas nas aldeas de Caldelas (o topónimo xa nos indica a presencia de augas termais) e Donas, e antano estaban moi concorridas, pois ós efectos curativos derivados da súa inxestión súmanse as súas virtudes para o tratamento de enfermidades cutáneas e cauterización de feridas.

Se queres que o carro cante, / bótalle o eixo no río / e despois de ben mollado, / canta como eu asubío. (Popular)

O río Ulla nas proximidades da Ponte Ulla. (c) D. Janeiro 1998

O río Ulla nas proximidades da Ponte Ulla. (c) D. Janeiro 1998


Escríbanos a [email protected]

© A Ulla, Comarca Virtual 1997-2002. Tódolos dereitos reservados.
Hosted by www.Geocities.ws

1