Teño que subir ó alto, / que do alto vexo ben. / Tamén vexo os meus amores / se me enredan con alguén (Popular)  

   As buscas nesta web fanse con FreeFind
 

 

 

[O Val do Ulla]

Concellos e parroquias

A Historia As imaxes

Axenda Rutas e mapas

[Natureza]

O Pico Sacro O relevo

O río Ulla Ríos, pontes e termalismo

Clima Flora Fauna

[Camiños de Santiago]

Camiños Tradicións xacobeas

[Cultura e persoeiros]

Quén é quén A lingua Os discos A música Libros

Lendas Coplas de Entroido Refráns e ditos

Asociacións

[Monumentos]

Boqueixón A Estrada Teo Vedra

O patrimonio cultural Os pazos

[Emigración]

A emigración

[De xantares e festas]

Festas, feiras e romarías Gastronomía

[Xogos e deportes]

Xogos populares Deportes

[Economía]

Os sectores productivos

 San Miguel de Castro (c) Dario Janeiro 1998

San Miguel de Castro, A Estrada. (c) D. Janeiro 1998

O relevo

As formacións xeolóxicas que atopamos na Ulla non van se-las típicas dunha rexión polar atravesada por glaciares, nin as dun deserto da zona intertropical. Por iso se subimos ó Pico Sacro, o centro telúrico da rexión, non veremos ríos de xeo, nin dunas, nin un deserto de pedras, e moito menos unha paisaxe propia dunha terra atravesada por chemineas volcánicas. Porque en Galicia hai moito tempo que desapareceron as primixenias estructuras eruptivas.


O que observamos é unha serra que atravesa a zona dende o extremo noroccidental ata o sueste, e que non é senón un filón de seixo que pola súa singularidade será o noso principal centro de atención; este dique está fracturado por unha falla transversal no lugar de San Xoán da Cova, circunstancia da que se aproveita o río Ulla, que o atravesa por aí, creando unha paisaxe de gran beleza e espectacularidade.


Pola súa resistencia ós axentes atmosféricos, este filón dá lugar á formación orográfica máis importante da rexión, a coñecida como Serra do Pico, que separa os concellos de Vedra e Boqueixón e está constituída polos altos de Penas Pardas, Couto da Granxa, Penedo Branco, Cruz do Couto, Pena do Corvo, Serra de Caldelas, O Castro (de San Miguel) e A Coteira. O cume do Pico está a unha altitude de 533 metros, sobre o nivel medio do mar Mediterráneo en Alacante; o resto de cumes da serra teñen altitudes menores.


O Cronista Oficial de Galicia, Antón Fraguas, describe o Pico do seguinte xeito nun artigo publicado en O Correo Galego (1 de febreiro de 1998): "Un fermoso núcleo montañoso cun sombreiro de graníticos penedos que resisten chuvias e ventos, neves, granizos de pedruscos sarabelazos e as xiadas das longas noites de invernía cos máis claros luares e as estrelas latexantes; un vello testemuño xeolóxico e un dos máis fermosos miradores de Galicia, onde, na noite serena e con vento favorable pode oírse a campá do reloxo da Catedral de Santiago. O couto de 550 metros de alto é como un faro que anuncia a illa que está a unha milla do peirao. O Pico Sacro é a confirmación do camiño andado cando o peregrino vén polo Camiño Francés".


As outras alturas destacables da zona son o monte Castelo, no concello de Boqueixón, que alcanza os 498 metros; os montes Xesteiras e San Sebastián, no concello da Estrada, que chegan ós 718 e 748 metros, respectivamente, e que constitúen a fronteira natural da Ulla polo Sur; e as penas da Grela e do Vilar, de 408 e 384 metros de altitude, no oeste do concello de Teo.
A media da comarca non supera de todos os xeitos os 200 metros de altitude, co cal queda unha gran superficie apta para a agricultura, de terras baixas e chas.

SISMOLOXÍA

Os movementos sísmicos do día 22 de maio de 1997 invítannos a redactar unha nota sismolóxica da zona, pero só podemos dicir que non se recorda ningún tremor perceptible para os humanos con epicentro na zona, non sendo este.

Historicamente, é case seguro que se sentise no Val do Ulla un gran terremoto que se experimentou en Santiago o día 1 de novembro de 1755 e que causou danos en cidades como Cádiz, Sevilla ou Lisboa. Outro movemento sísmico de menor importancia sentiuse en Santiago o 10 de abril de 1761 e xa máis recentemente rexistrouse un o 24 de novembro de 1910.


Escríbanos a [email protected]

© A Ulla, Comarca Virtual 1997-2002. Tódolos dereitos reservados.
Hosted by www.Geocities.ws

1