Garda nas piñas o son da requinta, do pandeiro e da gaita, e ceiba os piñóns cos alalás, muiñeiras e aturuxos: o pino manso (Antonio Vázquez Turnes, Festa do Viño da Ulla de 1997)

   As buscas nesta web fanse con FreeFind
 

 

 

[O Val do Ulla]

Concellos e parroquias

A Historia As imaxes

Axenda Rutas e mapas

[Natureza]

O Pico Sacro O relevo

O río Ulla Ríos, pontes e termalismo

Clima Flora Fauna

[Camiños de Santiago]

Camiños Tradicións xacobeas

[Cultura e persoeiros]

Quén é quén A lingua Os discos A música Libros

Lendas Coplas de Entroido Refráns e ditos

Asociacións

[Monumentos]

Boqueixón A Estrada Teo Vedra

O patrimonio cultural Os pazos

[Emigración]

A emigración

[De xantares e festas]

Festas, feiras e romarías Gastronomía

[Xogos e deportes]

Xogos populares Deportes

[Economía]

Os sectores productivos

 

Os discos

Nos últimos anos varios discos editados por grupos musicais galegos, algúns deles de moita sona, inclúen temas con referencias á comarca da Ulla. Por esa razón pareceunos conveniente amosar aquí as portadas dos discos e unha pequena información sobre o tema ou temas relacionados co Val do Ulla. Pulsando enriba do nome da casa que editou cada disco pódese visita-la súa web caso de tela, ou ben, caso de non tela, escribirlle un correo electrónico se se desexa obter maior información.

OS SONS DA ULLA / CONXURO DA QUEIMADA

Varios - Phonos. O estudio Phonos da Estrada publicou no 2001 o disco CONXURO DA QUEIMADA / OS SONS DA ULLA, coa colaboración da Agrupación Socio-Cultural Ullán e a Agrupación Folklórica e Cultural de Santa Cruz de Ribadulla. Inclúe gravacións dos grupos que obtiveron o primeiro, segundo e terceiro posto no III Concurso de Grupos Tradicionais [Memorial Manuel Texo]: Pai da Cana (Conxuro da queimada, rapsodia galega e alalá de Pontevedra), Induaradao (xota do Ateneo) e Ardóbriga (alborada de Poio).
Pero ademais conta con dous temas tradicionais interpretados por requinteiros da Ulla: o pasacorredoiras de Sarandón e a jota de Vedra.
Se desexa maior información sobre o disco pode solicitala a [email protected]


AUGA DE MAIO

Milladoiro - Discmedi. Inclúe o tema "Alalás da Ulla" (tradicional).


 

NATURALMENTE

Muxicas - Clave Records. Inclúe o tema "Na ponte do Xirimbao" de Magoia Bodega. Pulse aquí para escoitar un fragmento de "Na ponte de Xirimbao"


 

SE BEILLAS ARRENTE, COIDADO COS TERRÓNS

Xistra de Coruxo - Edicións do Cumio. Inclúe o tema "Vals de Sarandón", interpretado antigamente por requinteiros da Ulla.


 

SON

Xamaraina - Edicións do Cumio. Inclúe o pasodobre "Os Lamas", a muiñeira e maila jota de Cacheiras e a muiñeira dos Enxebres de Cacheiras.

 


Escríbanos a [email protected]

© A Ulla, Comarca Virtual 1997-2002. Tódolos dereitos reservados.
Hosted by www.Geocities.ws

1