Estes vales foron o horto e o recreo da vella Compostela (Xosé Filgueira Valverde, Festa do Viño da Ulla de 1993) 

   As buscas nesta web fanse con FreeFind
 

 

 

[O Val do Ulla]

Concellos e parroquias

A Historia As imaxes

Axenda Rutas e mapas

[Natureza]

O Pico Sacro O relevo

O río Ulla Ríos, pontes e termalismo

Clima Flora Fauna

[Camiños de Santiago]

Camiños Tradicións xacobeas

[Cultura e persoeiros]

Quén é quén A lingua Os discos A música Libros

Lendas Coplas de Entroido Refráns e ditos

Asociacións

[Monumentos]

Boqueixón A Estrada Teo Vedra

O patrimonio cultural Os pazos

[Emigración]

A emigración

[De xantares e festas]

Festas, feiras e romarías Gastronomía

[Xogos e deportes]

Xogos populares Deportes

[Economía]

Os sectores productivos

 

Extracción de mineral en Casalonga, Teo. (c) H. Neira 1999

A economía

Respecto da economía dos concellos da Ulla indicaremos a súa gran dependencia da veciña cidade de Santiago, pois unha parte dos traballadores e traballadoras trasládanse a Compostela diariamente. A vila da Estrada representa outro importante centro de atracción de man de obra de toda a comarca.

O resto da poboación activa traballa no propio Val e dedícase fundamentalmente a actividades relacionadas directa ou indirectamente co aproveitamento dos recursos do medio:


- O sector primario ocupa a unha boa parte da poboación, principalmente a agricultura e a gandería, actividades moitas veces compaxinadas; nas parroquias próximas ó río cobra especial importancia a viticultura, e ultimamente apareceron empresas de floricultura que posúen grandes invernadoiros e viveiros. Unha boa parte da producción agrícola comercialízase en Madrid e en Santiago.
Logo, temos na Serra do Pico "a mellor mina de seixo metalúrxico do mundo", coñecida como Serrabal, e, como parte da súa producción é de áridos, materiais destinados á construcción, tamén podemos dicir que é unha canteira; a explotación realízase a ceo aberto. Anteriormente o mesmo filón explotouse na mina do Castelo en Cira.
Outra canteira importante está en Casalonga (Teo) e a súa producción dedícase en parte á fabricación de cementos e formigóns.


- O sector secundario tamén ten certa importancia, pois ás industrias de transformación de productos alimenticios (productos cárnicos, polos, productos lácteos como manteiga e queixos e, cómo non, productos vitivinícolas coma o viño e a augardente) súmanse varios serradoiros que aproveitan a riqueza forestal; parte da madeira que producen é transformada en mobles polas numerosas fábricas do sector asentadas na Estrada. A construcción ocupa tamén a gran número de traballadores, debido ó aumento de edificacións que se experimentou nestes concellos nos últimos anos.


- O sector servicios está representado principalmente por comercios de alimentación que fornecen as despensas dos habitantes da comarca, establecementos para venda dos mobles de producción local e almacéns que lles subministran ós agricultores todo o que poidan necesitar, así como todo tipo de establecementos e oficinas dos que se acostuman atopar en vilas de tamaño medio, e polo que se refire á facturación, destacan empresas como os concesionarios de automóbiles ou as de distribución de combustibles. Existen ademais empresas que se dedican á exportación dos productos agrícolas a outras comunidades. Recentemente cobrou importancia a hostalería, no tocante ás casas rurais, ó redor dunha vintena en toda a comarca, e non hai que esquecer os numerosos bares e restaurantes. O sector terciario ten unha importancia maior nos núcleos máis desenvolvidos como Os Tilos ou A Estrada, con todo tipo de establecementos capaces de satisfacer a maioría das demandas da poboación.

EMPRESAS

Segundo os datos da guía "5.000 empresas de Galicia y 250 del Norte de Portugal", publicada por Editorial Compostela (O Correo Galego) en 1999, nos catro concellos analizados, durante o ano 1997 soamente sete empresas sobrepasaron os mil millóns de pesetas de facturación. Estas foron: Automóviles Gestoso, S.L. (A Estrada, 1986,9 millóns); Hierros Diego, S.L. (A Estrada, 1860,3 millóns), Cash Froiz La Estrada, S.A. (A Estrada, 1.515,5 millóns) e Carburantes Acibro, S.L. (A Estrada, 1.199,2 millóns); Núñez Galicia, S.A. (Teo, 1.768,5 millóns); Gasóleo Calefacción S.L. (Teo, 1.050,1 millóns) e Rivadulla S.L. (Vedra, 1.506,7 millóns). A maior empresa de Boqueixón, Santos Cocina y Baño, S.L., facturou 997,3 millóns de pesetas.
Finalmente, dicir que entre esas 5.000 empresas de Galicia que máis facturaron, 54 teñen a súa sede nos catro concellos analizados, das cales 24 están na Estrada, 1 en Boqueixón, 20 en Teo e 9 en Vedra.


Escríbanos a [email protected]

© A Ulla, Comarca Virtual 1997-2002. Tódolos dereitos reservados.
Hosted by www.Geocities.ws

1