Campana, campaniña do Pico Sacro,/ toca porque floreza o rosal do milagro (Ramón María del Valle-Inclán, "Milagro de la mañana") 

   As buscas nesta web fanse con FreeFind
 

 

 

[O Val do Ulla]

Concellos e parroquias

A Historia As imaxes

Axenda Rutas e mapas

[Natureza]

O Pico Sacro O relevo

O río Ulla Ríos, pontes e termalismo

Clima Flora Fauna

[Camiños de Santiago]

Camiños Tradicións xacobeas

[Cultura e persoeiros]

Quén é quén A lingua Os discos A música Libros

Lendas Coplas de Entroido Refráns e ditos

Asociacións

[Monumentos]

Boqueixón A Estrada Teo Vedra

O patrimonio cultural Os pazos

[Emigración]

A emigración

[De xantares e festas]

Festas, feiras e romarías Gastronomía

[Xogos e deportes]

Xogos populares Deportes

[Economía]

Os sectores productivos

 

Ermida da Nosa Señora de Gundïán, Vedra. (c) H. Neira 2000

Festas, romarías e feiras

As festas rompen a rutina da vida no val do Ulla. Por un lado están as festas fixas en toda Galicia como o Nadal, Reis, Entroido, Semana Santa, maios, lumes de San Xoán, magostos do San Martiño, que en maior ou menor medida teñen o seu reflexo na vida cotiá. Logo están as festas propias dos diversos lugares e da comarca; entre as máis destacadas das gastronómicas están a Festa da Filloa en Lestedo (Boqueixón), a do Salmón na Estrada, a da Cacheira e a da Carne ó Caldeiro en Teo e a da Augardente da Ulla, en San Mamede de Ribadulla, e a do Viño da Ulla, en San Miguel de Sarandón, ámbalas dúas en Vedra. En toda a comarca do Ulla celébrase o Entroido con desfiles de xenerais e correos (un grupo de persoas desfilando constitúe unha "máscara"), xinetes con vistosos uniformes que van percorrendo distintas parroquias, e logo hai tamén as parrandas e velladas, onde se xuntan mozos e vellos para pasalo ben eses días.
Das romarías, sinalar a de San Sebastián no Pico Sacro, a de Santa Paderna, a da Nosa Señora do Gundïán, a de Santa María da Cabeza, a da Virxe da Gándara en Santa Cristina de Vea ou a da Virxe dos Milagres de Requián, anexo de San Xurxo de Vea.
Entre as feiras, son moi coñecidas a de Lestedo en Boqueixón e as do San Martiño na Estrada e en Teo.

Boqueixón
O primeiro e o terceiro domingo de cada mes hai feira de sona en Lestedo. Das romarías, destacan a do Pico de Maio (festa de San Sebastián no Pico Sacro; tamén se celebra o 20 de xaneiro, na capela situada no cumio do Pico), San Cidre en Camporrapado (Oural), San Bieito en Rodiño (Sergude) e os Lourdes en Lestedo (segundo domingo de setembro). A Festa da Filloa celébrase habitualmente no domingo de Piñata (no Entroido). O Entroido celébrase ó xeito tradicional, con xenerais e correos, en Sergude, Lestedo, Ponte Ledesma e Codeso.

A Estrada
Das celebracións das parroquias ullás, pódese sinalar a romaría da Nosa Señora dos Milagres en Requián (anexo de San Xurxo de Vea), o 28 de agosto, e Santa Paterna ou Paderna, na parroquia de Arnois, que ten lugar o 23 de outubro. Outras romarías de sona na Estrada, pero xa fóra do Val do Ulla, son as da Nosa Señora de Guadalupe, o 1 de setembro en Codeseda e o 8 de setembro a Nosa Señora da Consolación en Tabeirós.
Festas destacadas son as da Pascua na Estrada, as de San Paio tamén na Estrada, a finais de xuño, e as de San Martiño en novembro nas parroquias de Callobre e A Estrada, coincidindo coas cales se celebra unha popular feira. En canto ás de carácter gastronómico, dicir que en maio se celebra a Festa do Salmón na Estrada.
Nos últimos anos cobrou importancia a celebración dunha serie de certames como a Feira do Moble, e varias feiras de gando de distinta periodicidade.
Finalmente, dicir que a manifestación festiva que sen dúbida lle ten dado máis sona á Estrada é a Rapa das Bestas de San Lourenzo de Sabucedo, Festa de Interese Turístico Nacional, que ten lugar habitualmente no primeiro domingo de xullo. Nela, tras baixa-las bestas do monte, a separación das mesmas para a corta das crins faise entre varios "aloitadores" sen axuda de cordas ou paos.

Teo
Romarías de Santa Eufemia en Oza, a mediados de setembro e Santa María da Cabeza en Raxó, Cacheiras, en xuño. A festa de Santa Margarida ten lugar o 20 de xullo en Luou e Santa Marta celébrase o 31 de agosto no Vilar. En Teo, festa de Santa Mariña no 18 de xullo. En Ameneiro, Calo, é moi popular a romaría do Monte Carmelo. Así mesmo, no Entroido, como en Vedra, Boqueixón ou A Estrada, son tradicionais os xenerais e correos, xinetes que percorren as aldeas dando vivas. A tradición é seguida sobre todo nas parroquias de Cacheiras, Oza e Teo.
Na parroquia de Cacheiras celébrase na última fin de semana de abril a Festa da Cacheira, evento de carácter gastronómico no que se degusta a cacheira ou cabeza do porco. No segundo domingo do mes de agosto celébrase en Francos a Festa do Cabalo.
Feira do San Martiño na carballeira de Rúa de Francos (parroquia de Calo), no 11 de novembro; ademais do aspecto festivo, hai unha importante feira cabalar. Outra feira que se celebra con carácter periódico é a de Teo.

Vedra
O Santiaguiño celébrase en Outeiro (San Pedro de Vilanova) o 25 de agosto. A Nosa Señora de Gundïán o 8 de setembro; os Remedios en Santo André de Trobe en setembro; San Brais na capela de San Gregorio (San Mamede de Ribadulla) en febreiro; San Mamede ten a súa festa os días 7, 8 e 9 de agosto; San Campio en San Miguel de Sarandón o 10 de agosto; e as Dores en Vedra o primeiro domingo de setembro. San Miguel de Sarandón acolle en primavera a Festa do Viño da Ulla e Bolteiro, en San Mamede de Ribadulla, a Festa da Augardente da Ulla. En San Fins de Sales celébrase entre marzo e abril a festa de exaltación da orella de porco e do doce tamén chamado orella.


Escríbanos a [email protected]

© A Ulla, Comarca Virtual 1997-2002. Tódolos dereitos reservados.
Hosted by www.Geocities.ws

1