Malla sen medo se o capelo do Pico vai para Lestedo, pero con ansia se vai para A Granxa (Popular, recollida por Marcial Valladares Núñez)

   As buscas nesta web fanse con FreeFind
 

 

 

[O Val do Ulla]

Concellos e parroquias

A Historia As imaxes

Axenda Rutas e mapas

[Natureza]

O Pico Sacro O relevo

O río Ulla Ríos, pontes e termalismo

Clima Flora Fauna

[Camiños de Santiago]

Camiños Tradicións xacobeas

[Cultura e persoeiros]

Quén é quén A lingua Os discos A música Libros

Lendas Coplas de Entroido Refráns e ditos

Asociacións

[Monumentos]

Boqueixón A Estrada Teo Vedra

O patrimonio cultural Os pazos

[Emigración]

A emigración

[De xantares e festas]

Festas, feiras e romarías Gastronomía

[Xogos e deportes]

Xogos populares Deportes

[Economía]

Os sectores productivos

  

Primavera do 2000. As árbores comezan a botar follas coa calor do sol. (c) H. Neira 2000

O clima

Primeiramente, indicar que o val do Ulla goza dun clima oceánico húmido, o que quere dicir que debido á acción moderadora do océano Atlántico, que fai diminuír a oscilación térmica e aporta abundantes precipitacións, a zona goza de invernos suaves e veráns non extremadamente cálidos.


A temperatura media anual oscila entre os doce ou trece graos centígrados; as temperaturas medias mensuais oscilan entre os oito graos de xaneiro ou febreiro e os dezaoito de xullo ou agosto.


As precipitacións anuais superan facilmente os 1.700 mm e mesmo os 2.000 mm, que se reparten durante uns cento cincuenta días: cincuenta no inverno, corenta na primavera, vinte no verán e corenta no outono. As "precipitacións sólidas", isto é, saravia, pedrizo ou neve son moi escasas, presentándose só un ou dous días, ou ningún, ó longo de todo o ano, circunstancia favorable para agricultores e gandeiros. Máis frecuentes, lamentablemente, son as xeadas, que teñen lugar, principalmente, de novembro a febreiro, pero que de se presentaren máis tarde, poden provocarlles importantes perdas ós agricultores.


Entre os días que chove e os que están nubrados, quedan a penas noventa días totalmente despexados, a maioría nos meses de verán, o que explica que, malia todos os seus esforzos, os agricultores da Ulla non consigan froitas do tamaño das que se obteñen en zonas de clima mediterráneo, con máis horas de insolación, como Valencia ou Murcia; ó diminuír o número de horas de luz tamén diminúe a intensidade da fotosíntese, crecendo as plantas máis lentamente e dando froitos máis pequenos; isto provoca tamén un baixo contido en azucre nas uvas, de modo que o resultado da fermentación do mosto é un viño de baixo contido en alcol, moito menos que os viños de Andalucía, coma o Xerez.

Paisaxe no concello de Vedra. (c) C. Neira 1998

Paisaxe no concello de Vedra. (c) C. Neira 1998


Escríbanos a [email protected]

© A Ulla, Comarca Virtual 1997-2002. Tódolos dereitos reservados.
Hosted by www.Geocities.ws

1