Domina as paisaxes do Ulla a silueta do Pico Sacro, o cumio máis belo e simbólico de Galicia (Ramón Otero Pedrayo, "Guía de Galicia")

   As buscas nesta web fanse con FreeFind
 

 

 

[O Val do Ulla]

Concellos e parroquias

A Historia As imaxes

Axenda Rutas e mapas

[Natureza]

O Pico Sacro O relevo

O río Ulla Ríos, pontes e termalismo

Clima Flora Fauna

[Camiños de Santiago]

Camiños Tradicións xacobeas

[Cultura e persoeiros]

Quén é quén A lingua Os discos A música Libros

Lendas Coplas de Entroido Refráns e ditos

Asociacións

[Monumentos]

Boqueixón A Estrada Teo Vedra

O patrimonio cultural Os pazos

[Emigración]

A emigración

[De xantares e festas]

Festas, feiras e romarías Gastronomía

[Xogos e deportes]

Xogos populares Deportes

[Economía]

Os sectores productivos

 

O cume do Pico Sacro coa capela de San Sebastián. (c) D. Janeiro 1998

O Pico Sacro

O Pico Sacro é un dos montes máis destacados de Galicia, polas tradicións e lendas vinculadas ó seu nome. Forma parte da tradición xacobea e desde o seu cume pódese ver mesmo o mar. O que foi Cronista Oficial de Galicia, Antón Fraguas, dixo do Pico Sacro que é "un monte de feitura clásica e inconfundible, pola súa altitude é visible dende lonxe polos vellos camiños que veñen dar á cidade santa onde se gardan os restos do Santo Apóstolo" (artigo completo en O Correo Galego, 4 de agosto de 1996). Na imaxe superior vese o cumio do Pico coa capela de San Sebastián.


Un detalle do cume do Pico Sacro (c) X. Neira 1997

Un detalle do cume do Pico Sacro (c) X. Neira 1997

Noutro artigo en O Correo (1 de febreiro de 1998), describe Antón Fraguas o Pico do seguinte xeito: "Un fermoso núcleo montañoso cun sombreiro de graníticos penedos que resisten chuvias e ventos, neves, granizos de pedruscos sarabelazos e as xiadas das longas noites de invernía cos máis claros luares e as estrelas latexantes; un vello testemuño xeolóxico e un dos máis fermosos miradores de Galicia, onde, na noite serena e con vento favorable pode oírse a campá do reloxo da Catedral de Santiago. O couto de 550 metros de alto é como un faro que anuncia a illa que está a unha milla do peirao. O Pico Sacro é a confirmación do camiño andado cando o peregrino vén polo Camiño Francés".


O monte aparece na tradición sobre o sepulcro do Apóstolo Santiago, como o lugar propiedade da Raíña Lupa onde Teodoro e Atanasio amansaron dous touros salvaxes para transporta-lo corpo do discípulo de Cristo ata o lugar onde repousa, en Compostela (na imaxe, calello da Raíña Lupa, no cume do Pico). Desde a Idade Media esta cidade foi un dos tres centros de peregrinación, xunto con Xerusalén e Roma, máis importantes da Cristiandade.

Na Idade Media existiu preto da cima do Pico, onde hoxe está a Capela de San Sebastián, un mosteiro dedicado ó mesmo santo, e posteriormente, na mesma cima, unha torre ou castelo de pequeno tamaño, que servía para vixia-los camiños que desde o sur de Galicia chegaban á cidade de Santiago atravesando o río Ulla.

Calello da Raíña Lupa no Pico Sacro. (c) H. Neira 1998


Escríbanos a [email protected]

© A Ulla, Comarca Virtual 1997-2002. Tódolos dereitos reservados.
Hosted by www.Geocities.ws

1