Aldeíña de Socastro/ aldea que todo ten. / Boa mazán, boa pera/ boa neniña tamén (Popular)

   As buscas nesta web fanse con FreeFind
 

 

 

[O Val do Ulla]

Concellos e parroquias

A Historia As imaxes

Axenda Rutas e mapas

[Natureza]

O Pico Sacro O relevo

O río Ulla Ríos, pontes e termalismo

Clima Flora Fauna

[Camiños de Santiago]

Camiños Tradicións xacobeas

[Cultura e persoeiros]

Quén é quén A lingua Os discos A música Libros

Lendas Coplas de Entroido Refráns e ditos

Asociacións

[Monumentos]

Boqueixón A Estrada Teo Vedra

O patrimonio cultural Os pazos

[Emigración]

A emigración

[De xantares e festas]

Festas, feiras e romarías Gastronomía

[Xogos e deportes]

Xogos populares Deportes

[Economía]

Os sectores productivos

 

Cruceiro de Arca-Villar en Socastro, San Mamede de Ribadulla, Vedra (c) H. Neira 1999

O monte que se ve ó fondo á dereita da casa é o Castro

Socastro, capital insólida

A aldea de Socastro dispuxo durante moitos anos dunha bandeira coa que se quería demostrar que era unha poboación á parte dentro da parroquia de San Mamede de Ribadulla (Vedra), onde era a aldea con máis habitantes. Polo de agora, os autores non lograron averiguar máis nada sobre este tema, salvo que coa bandeira, Socastro era chamada "capital insólida". Pensamos que a palabra "insólida" puidera ser adaptación da expresión latina "in solidum", que se usa aínda no mundo xudicial. e que significa "firme". É dicir, unha sentencia in solidum é unha sentencia firme. Algo semellante podería significar o de capital insólida, se cadra capital en firme. Ademais, soubemos que a bandeira se utilizaba sobre todo en tempo do Antroido.

Se vostede dispón dalgún dato sobre isto, agradecerémoslle que nos envíe a información a: [email protected]

A aldea ten ó redor dun cento de habitantes, que se multiplican os días de festa. Dispón de capela, a de Santo André Avelino de Socastro (pechada desde hai anos), rodeada por unha pequena carballeira e ó lado da cal está a casa ou pazo da Costa, antiga Tenza da Costa pertencente ó Cabido da Catedral de Santiago de Compostela. Diante da capela encóntrase unha estatua posiblemente do século XV, que representa un guerreiro.

E non hai que esquece-lo Castro, xa catalogado como ben a protexer, do que se pode apreciar unicamente a súa estructura, cunha serie de camiños polos que se accede á súa parte superior. Esta está rodeada polo que parece ser un valo ou defensa de terra que no interior acada ata catro metros de altura nalgúns puntos e no exterior ata vinte. A maioría do monte do Castro está cuberto de eucaliptos e piñeiros, pero na parte do Castrelo abundan os carballos e encontramos unha sobreira.

Nas terras de Socastro está así mesmo o pazo de Guimaráns, edificado no século XVII pola familia compostelá Abraldes e no exterior do cal se encontra a capela do Espírito Santo. Dentro da propiedade atópase un pombal e mais unha fonte.

 


Escríbanos a [email protected]

© A Ulla, Comarca Virtual 1997-2002. Tódolos dereitos reservados.
Hosted by www.Geocities.ws

1