No val sereo e luminoso do Ulla, onde toda gracia ten o seu asento, dáse o viño do mesmo nome, frutal, fráxil, chispeante e con son de muiñeira... (Xosé María Castroviejo, "Memorias dunha terra") 

   As buscas nesta web fanse con FreeFind
 

 

 

[O Val do Ulla]

Concellos e parroquias

A Historia As imaxes

Axenda Rutas e mapas

[Natureza]

O Pico Sacro O relevo

O río Ulla Ríos, pontes e termalismo

Clima Flora Fauna

[Camiños de Santiago]

Camiños Tradicións xacobeas

[Cultura e persoeiros]

Quén é quén A lingua Os discos A música Libros

Lendas Coplas de Entroido Refráns e ditos

Asociacións

[Monumentos]

Boqueixón A Estrada Teo Vedra

O patrimonio cultural Os pazos

[Emigración]

A emigración

[De xantares e festas]

Festas, feiras e romarías Gastronomía

[Xogos e deportes]

Xogos populares Deportes

[Economía]

Os sectores productivos

 

Uvas albariñas en Socastro (San Mamede de Ribadulla, Vedra). (c) H. Neira 2001

O viño da Ulla

Durante o ano 2000 aprobouse a inclusión da subzona "Ribeiras do Ulla" na Denominación de Orixe Rías Baixas. Isto supuxo un apoio importante para os bodegueiros que producen o viño da Ulla, pero tamén implica unha aposta pola calidade, restrinxindo o número de variedades de uvas que poden acollerse á Denominación.

Como se sabe, o viño que se produce para consumo doméstico en numerosas casas do Val faise con moitas máis variedades que estas, dado que desde o século XIX se introduciron cepas de variedades híbridas resistentes ás pestes que afectaron as viñas desde aquela. A continuación sinalamos todas aquelas variedades de uvas que poden acollerse á Denominación de Orixe.

Variedades de uva branca autorizadas:

Albariño, loureira branca, treixadura e caíño branco entre as preferentes, e mais torrontés e godello.

Variedades de uva tinta autorizadas:

Caíño tinto, espadeiro, loureira tinta e sousón como preferentes, e mais mencía e brancellao.


Concellos e parroquias incluídas na subzona Ribeiras do Ulla:

A Estrada:

San Xián de Arnois, San Salvador de Baloira, Santa Mariña de Barcala, San Vicente de Berres, San Miguel de Castro, Santa María de Couso, San Miguel de Cora, Santo Estevo de Oca, Santa María de Paradela, Santa María de Ribeira, San Martiño de Riobó, San Xoán de Santeles, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea

Boqueixón:

Santa Eulalia de Codeso, San Pedro das Donas, San Salvador de Ledesma, Santa María de Oural, San Lourenzo de Pousada, Santa Mariña de Subcira

Padrón:

San Pedro de Carcacía, Santa María de Herbón, Santa María de Iria Flavia

Silleda:

Santa Baia de Cira

Teo:

Santa María de Baamonde, Santa María de Lampai, Santa Eulalia de Oza, San Miguel de Rarís, San Cristovo de Reis, Santa María de Teo, San Tomé de Vilariño

Touro:

Santa María de Bendaña

Vedra:

Tódalas parroquias: Santo André de Illobre, San Cristovo de Merín, Santa María Madanela da Ponte Ulla, San Mamede de Ribadulla, Santa Cruz de Ribadulla, San Fins de Sales, San Xián de Sales, San Miguel de Sarandón, San Pedro de Sarandón, Santo André de Trobe, Santa Eulalia de Vedra e San Pedro de Vilanova.

Vila de Cruces:

San Salvador de Camanzo, Santiago de Gres e San Pedro de Añobre


Pertencen á provincia da Coruña os concellos de Boqueixón, Padrón,Teo, Touro e Vedra e forman parte da de Pontevedra os da Estrada, Silleda e Vila de Cruces.

A sede do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas está en Cabanas-Salcedo, 36143 Pontevedra.


O viño da Ulla promóvese anualmente mediante a organización dunha festa en San Miguel de Sarandón (Vedra) durante a primavera. Así mesmo, a augardente, outro producto típico da zona, promóvese cunha festa en San Mamede de Ribadulla (Vedra) que se adoita celebrar en datas próximas á do viño.


Escríbanos a [email protected]

© A Ulla, Comarca Virtual 1997-2002. Tódolos dereitos reservados.
Hosted by www.Geocities.ws

1