CRÓNICAS PIRATAS

1-NUNCA MAIS . 2- A manipulación . 3-Cerimonia do afundimento . 4- Antoloxía do disparate . 5- Comisións de investigación. 6- O PPlan Galicia . 7- Os animáis . 8- O voluntariado . 9- NUNCA MAIS-Re-Mate.

ULTIMAS NOTICIAS

Semana despóis da mani de Madrid

Para a versión para imprimir, pulsa aquí.

Aconteceron estas cousas
despois da Mani de Madrid
que pasamos a relatar
para que queden a vivir.

De Madrid o PePé acusa
a todolos manifestantes
de perxudicar a Galicia
pois están a perder votantes.

Din que gritamos,
mentras eles traballan
en esconder o que pasa
como verdadeiros canallas.

Só lles preocupa o voto
e por eso están a tapar
todo o mal que fixeron
seguindo así a enmerdar.

Tamén din que en Madrid
houbo insultos moi graves
como si os que nos fan eles
non foran tales.

Falan de manipulación
con moita cara estos tipos,
eles convocan as manis
e nós, a hora e os gritos.

Non se enteran da copla
ou non se queren enterar
de que somos mais de cen
e non os imos aguantar.

Ou sí se enteran ben
e tratan de enganar
facéndolles o paripé.
aos que inda lles votarán.

Dixeron tamén que os actores
na política entran un rato,
pero a verdade é que eles
o único que fan, é teatro.

1

Tamén dixo o vikingo Veiga
que vamos a un precipicio,
como si eles non nos levaran
a el dende o principio.

Agora van de inauguración
día e noite sen parar,
como sempre nas eleccións
para ver si os imos "Botar".

Esperan eles así
que co PP-Plan Galicia
alá no dous mil vinte
sexa igual unha ledicia.

Teñen moita cara
estes "grandes" señores
que agora van polas aldeas
mendigando favores.

¡Que se pode esperar
destos tipos insensatos!
O falar non ten cancelas
para esas lingoas de trapo.

Míster Fraga oferta
diálogo á oposición
e cando falan lles dí
que ladran un montón.

Este tiparraco e un títere
do governo de Aznar,
un covarde político
sin collóns para mandar.

Non sabe mais que falar
con censura e con mentiras,
e logo pide diálogo
para desatar as nosas iras.

Dixo o Menistro Cascos:
"Non hai nada que ocultar",
por eso non queren comisión
para a verdade mostrar.

2

Setenta cetáceos van xa
oitenta tortugas de mar,
cinco lontras, catro focas
que o Prestige foi matar.

Xa o dixo o home, MAN
que unha balea negra chegaría
e chegóu con fuel nas entrañas
e varóu nas nosas rías.

E agora veu Pérez Varela,
Conselleiro de Cultura
a consolar a MAN
cun Museo "de altura".

Eso para gastar os cartos
que non quixeron dar
para que os actores
fixeran a gala do MAX.

Tiñan medo que falaran
e lle cantaran con razón
insultos di Fraga
cos cartos nosos que el pagóu.

Pero agora contentiño
queren ter a un home, MAN
que mataron de tristeza
os piratas non da mar.

El era o contrario deles.
Un outro mundo é posible,
pois ca súa vida dixo
que era amable, vivible.

MAN non era industria
mais que da esperanza
cousa que rouban eles
bañandonos de ignorancia.

Bañandonos de ignorancia
ca súa Pública Educación
que cada vez é menos Pública
ca súa privatización.

3

"Acracia do demo" é
esta falta de democracia
e daquí en adiante estaremos
a relatálos con gracia.

Fixeron que a bandeira
fose negra e pirata,
así como a Galicia
que pode acabar a gatas.

Moito tempo xa estiveron
estes tipos entre nós,
impedindo que falásemos
da nosa verdade e condición.

Para eles non é outra que calar
pois como ben dixo Fraga:
"A política é para os políticos"
e os demáis: ¡á mandada!

Xa volven as manifestacións
en prol das Teleguións
para cambiar manipulación
por democratización.

Televisión-manipulación
xa é unha consigna clara
que fala do acoso e presión
dos que queren estar á fala.

Non debemos de olvidar
á xente que está a informar
e manifestacións si somos sensatos
haberá que convocar.

Os que non queren caricaturas
que deste mundo nos fan
os que nas comunicacións
que arriba están a mandar.

O venres de Entroido
reuníronse os Xeneráis,
preocupados polas urnas
botaron culpas a NUNCA MAIS.

4

O mostrar a realidade
dixeron os Xeneráis,
dañará a economía,
e eso o fixo NUNCA MAIS.

Non se pode decir nada
siguen mantendo estos tipos,
nada do que pasa aquí
inda que estemos refritos.

Din que van a falar
alto e con claridade
medios non lles faltan
para mostrar a súa vontade.

Vontade en mostrar
o que lles ven en gana
solo para pedir o voto
non importa si enganan.

Eles non fixeron nada
pois estiveron ausentes
agora queren facer ver
que estiveron "presentes".

Presentes, si que estiveron
nas súas oficinas
e por eso Galicia nestes días
acadóu sendo ruiña.

E dixo o vikingo Veiga
"é un auténtico disparate"
"e o mundo ao revés"
envolvéndose en disfraces.

Din que NUNCA MAIS
están a contar mentiras
ao decir que inda sigue
o chapapote nas rías.

O prestige está ahí,
segue botando fuel,
non nos olvidemos deso
como fai o Don Manuel.

5

Agora con retraso pensan
que esto afecta ao turismo
despóis de habernos levado
para moito tempo ao abismo.

Botan a culpa aos petroleiros,
¡eles non fixeron nada!
solo foron uns troleiros
que durmían na súa cama.

Están agora a despertar
pero inda andan espidos
pois a sociedade dixo
de bótalos ao despido.

Xa non saben que facer
nin como coller a culata
das armas que lles quedan
para matarnos como ratas.

Así eles consideránnos,
¡ladramos como cans!
e así o manifestaron
ca súa xustiza sin par.

Co PP plan Galicia
foron títeres de Asnal
este tipo de bigote,
o do goberno Central.

Nos asuntos de aquí,
el dixo que mandaba
e non iba a ter en conta
nin ao decapitado Fraga.

Pra rir por non chorar
facemos estas copliñas
sobre o Desastre que no mar
mostróu piratas que asesinan.

E por hoxe rematamos,
que quede algo pa mañán
pois este gran Entroido
inda un tempo durará.

6


CRÓNICAS PIRATAS

Hosted by www.Geocities.ws