CRÓNICAS PIRATAS

1-NUNCA MAIS . 2- A manipulación . 3-Cerimonia do afundimento . 4- Antoloxía do disparate . 5- Comisións de investigación. 6- O PPlan Galicia . 7- Os animáis . 8- O voluntariado . 9- NUNCA MAIS-Re-Mate.

7-Os animáis

Para a versión para imprimir, pulsar aquí

!Non sexas home, animal!
comentou certa gaivota,
cando veu que de auga
non quedaba nin gota.

Os inocentes de verdade
son todolos animáis,
que a todas luces son
os políticos ideais.

¡Éche todo unha merda!
Dixo a piques a morrer,
unha nécora ao peixe,
o andar atrás non poder.

Ao estado amable
¡Ai!, aquel que coñeceu,
onde inda era o mar
¡Ai!, limpo e habitable.

Cormoráns, araos, gaivotas
si os puidésemos escoitar
mandaríannos á merda
para ir sen rechistar.

O Enterro da Sardiña
si que o imos festexar
pois inda que quede algunha
está chorando o mar.

Esta leria da de sí a falar
de formas moi variadas.
Non vos levedes a engano
que o chapapote é riada.

Sonvos víboras estos tipos,
sí da terra, non do mar,
andan en oficinas sentados
¡Ai!, á prensa envenenar.

Foron señores tortugas
na súa maneira de actuar
que deixaron se manchase
¡Ai!, a nosa beiramar.


1

Vamos a contar mentiras
dixeron estes señores,
para ver si así nós,
lles regalábamos frores.

Andan as lebres polo mar
e pola terra as sardiñas,
por eso foron cazar
sen ningunha vergonciña.

¡Ai!, señores, qué burrada,
de tanta incompetencia
¡Ai!, señores, qué putada,
non teñan vosés conciencia.


É dende logo terrible
o que temos que aguantar
bótannos merda por riba
e quérennos facer calar.

¡Éche o demo!, di un percebe
ao ver toda esta ruína,
pois vese moi clariño
que esto así, ¡non é vidiña!.

A xente pronto se olvida
¡Ai!, do chiste do día,
inda que este sexa
¡Ai!, máis forte que a lexía.

Esta vida é Entroido
falamos con claridade
que é cando este mundo
¡Ai!, mostrase de verdade.

Pero deixarvos de coñas
e mirade o que facedes
cuidado ca propaganda
mirade pero non traguedes.

Pois os besugos falan
falan, falan sen calar
pensan que asi teñen
moita máis razón co mar

 

2

Haiche tamén merluzos
populares do pobo
que só contan mentiras
tomándonos por bobos.

Do que lles conta a tele
da igual o que lles den
pois a eles non lle importan
si eso mentira é.

Viven así moi felices
Eles non queren saber na
Pois xa teñen decidido
A quen van a votar.


Esto contavolo un peixe
Que a escribir esto está
Si que está ata o carallo
Dunha mentira tras outrá.

Si non queredelo ver
hostias vos van a dar,
pois o único que piden
e que lles vaiades votar.

O demáis e cousa deles
logo vos, xa non contades
xa teñen o poder na man
pois para eso votades.

¡A política é!, dixo Fraga
dixo con gran maestría
¡é para os políticos!,
con total aleivosía.

Non faledes de política
¡só servides para votar!,
o que debedes de facer
e caladiños quedar.

Volo dí o Presidente
pois non vaia a ser
que si todos opinamos
el non poida incar o dente.

3

E metélo donde el queira
sin que ninguén diga nada
pois a oposición non conta
mais que para desprestixiala.

Este tipo evos un polvo
pero que de moito carallo,
mete man en todas partes
mais nós, vémoslle o rabo.

Así estos tipos "fachas"
fan o que lles da a gana,
e si falas e non lles gusta
guíndanche pola ventana.


Tede coidado, ¡meus!
con estes tipos de coidado,
non vaia a ser que ao votálos
quededes despeinados.

E lóxico que este cangrexo
que aquí está a falar
vos pida que non votedes
ao Partido "Popular"

Chámanse así, non creades
con total convicción
inda que deixaron moi claro
que vos non contades, non.

Que sólo eles saben
que é eso da política
pois vos sodes bobos
mentras eles a practican.

Non sexades homes ¡Animáis!
que son tontos de verdade
sólo saben facer caso
dos que lles están a enganar.


 

 

4

 

CRÓNICAS PIRATAS

Hosted by www.Geocities.ws