CRÓNICAS PIRATAS

1-NUNCA MAIS . 2- A manipulación . 3-Cerimonia do afundimento . 4- Antoloxía do disparate . 5- Comisións de investigación. 6- O PPlan Galicia . 7- Os animáis . 8- O voluntariado . 9- NUNCA MAIS-Re-Mate.

5-Comisións de investigacións

Para a versión para imprimir, pulsar aquí

Comisións de investigación,
(que as fan
como lles da a gana
xa que non contan connós).

 

Son verdadeiros covardes
agora non queren dála cara
e para colmo de males
nos chamaron ai á calma

Menos mal que todos nos
démonos conta moi pronto
que estes tipos están aí
solo pa pedílo voto.


Non queren unha comisión
para investigar estes asuntos
din que o fixeron ben
¡non collamos aos presuntos!

Nesta falcatruada tan certa
aos "presuntos implicados"
¡Ai!, pois ao tirar da manta
¡Ai!, sairán máis, escaldados.


¡Ai!, estes tipos mangantes
¡Ai!, non queren explicar
como foi o que pasou
para o buque naufragar.

Para saber de cómo foi
montouse unha comisión
pero eles non queren
que se lles arme follón.

Si é que non se presentan
e que están a ocultar
¡Ai!, algo que non fixeron
nada ben e si moi mal

Pois senón non se explica
porque non queren contar
esta historia do barco
cando andivo a naufragar.

Mira que si se descubre
quen estivo a mandar
pode saír polos aires
como peidos a botar.

Non é para menos paisanos
querer saber o que pasou
para despois de enterados
darlle uns bos hostións.

E mandalos ao carallo
que se vaian a merda
e encadealos para sempre
no inferno, na fogueira.

Pero nos o que queremos
E unha investigación
inda que o velliño Fraga.
Dixo: " aquí non pasa nada"

Tivo, tivo, moita cara
¡Ai!, "o seu" Fiscal Xeral
non facer as contas deles
e pedirllas a NUNCA MAIS.

Parecía que a Xustiza
¡Ai!, Debía de ser imparcial
Pero ¡Ai!, con Manos Limpias
¡Ai!, tivemos que nos topar.

Que son extrema dereita
¡Ai!, e non o poden negar
pois alá en Fuerza Nueva
estiveron a militar.

 

Tede en conta paisanos
Quenes están a gobernar
Fanlle caso a uns tipos
Da dereitá máis extremá.

Pero eles caladiños
¡Ai!,non queren oír falar
da merda que os piratas
botaron a andar no mar..

O Goberno escóndese
¡Ai!, como un "Delincuente",
non quere contar a todos
onde el meteu o dente.

Si non metese a pata
Non tería ningún reparo
En falar con claridade
E non parecería raro.

Sonvos tipos perigrosos,
Non debemos olvidar
Como Aznar apoia a Bush,
Sen connosco nada acordar.

Así pois paisanos meus
Pensade no que vos digo
Para non metela pata
Ata o fondo do ombligo.

Si os deixamos facer
Farán o que ben lles pete
E a nos no tirarán
Tirarán polo retrete.

Non olvidedes nunca
e gardade na memoria,
o que ben din estas coplas,
para non repetir a historia
.

CRÓNICAS PIRATAS

Hosted by www.Geocities.ws