E manipulan os medios
prensa radio, televisión
dando boa fe estas coplas
pois aí nunca as botarón.
Hai que ter tamén en conta
¡Ai!, que poden facer calar
as televisións, os xornais
pois nas súas mans están.
E tamén vémolo claro
na deles CRTVG
os operarios dixeron
manipulación ¡basta xa!.
Todo aquel que fale
é un manipulador
a non ser da súa maneira
e non ten ningún valor.
Pero deixan que salgan
no programa ese LUAR
pedindo a dimisión
con pancartas de NUNCA MAIS.
Así a xente "pensará"
que estamos en democracia
e para que non se den conta
que todo é unha falacia.
Pois o que de verdade conta
é como se fai propaganda
a fan os que teñen cartos,
e por eso eles mandan.
Desa maneira fan que a xente
pense como a eles lles de a gana
mentras a xentiña pensa
que a eles non se lle engana
Pois si solamente escoitan
o que eles lles estan a decir
e imposible que pensen
que hay outra forma de vivir.
|
Esto díxomo una paisana
unha amiga xornaleira
cando estaba a ver Galega
falar a súa maneira.
Explicábame esta muller
cando estaba a mirar
a xente ca pancarta
ca bandeira de NUNCA MAIS.
No programa de LUAR,
deixáronnos expresar
para así facer creer
que todos podemos falar.
Que eso non importaba
que era a verdade
pois así os gobernantes
dirían hai libertade.
A xente como é loxico
acabou por creer
que nos deixan expresar
sin nada que temer.
Pero sabemos, é mentira
decir que hai democracia
pois no día a día contan
o que lles ven en gracia.
E por elo que temos
que facer manifestacións
polas rúas entre todos
para berrar montón.
E as cousas de verdade
esas que están a pasar
Importan menos, menos
que o fútbol oficial.
E así e como xogan
¡Ai!, ca xentiña á pelota
para que non se enteren
nin tan siquera a que votan.
|
E cousa de mentireiros
o de gañar as eleccións
pois as gañan con diñeiro
ao mandar na Tele-guión.
As cousas da publicidade
sonvos por desgracia así.
Si tés cartos, comes o coco
e senon hanse rir de tí.
A verdade que somos tontos
o non parar a pensar
que non se pode ir votar
con solo ollar a publicidade.
¡Ai!, que ninguén se esqueza
esto que estivo a pasare
mira que chegaron dicir
que o Prestige non era verdade.
Pensaron ter a xente
¡Ai!, moi domesticada,
máis a magnitude do evento
deixouna desmadrada.
Con eso non contaban
pensaron que con mentiras
xa se limpaba o chapapote
que nas praias estaba .
Pero o fuel e moi negro
negro, moi negro de máis
e cheiraba a caciques
deses lugares oficiais.
¡Ai!, non podían escondelo
¡Ai!, esta vez si que non
pois estaba manchada
ata a Santa Inquisición
Que manda nos "Teleguiados"
ca súa información
que é a que eles nos contan
¡Ai!, con gran total devoción.
|
Para ver si a tragamos,
outra vez así sen máis
pero esta vez non colou
pois estaba a cheirar.
Nin que botaran un peido
deses que fan historia
e ben agora non saben
onde meter tanta gloria.
Saber que temos que gardar
todo esto na memoria
non vaia a ser que co voto
lles volvamos a dar gloria
Non sei porque falan así
con tanta mentira sen tino
pois fanse igual señorías
aos "políticos arxentinos".
Tiñan todo moi controlado
esto que ía pasar
pois os "hilillos"de merda
din que íanse evaporar.
Non ía quedar nin rastro
eso quixeron contar
pero cando se deron conta
estabamos a nau-Fragar.
Xa falaron co Apóstolo
e co señor Deus tamén
e por eso >
¡Ai!, aprendede xentiña
estas coplas de verdade
para que NUNCA MAIS
volva a ser realidade.
|