CRÓNICAS PIRATAS

1-NUNCA MAIS . 2- A manipulación . 3-Cerimonia do afundimento . 4- Antoloxía do disparate . 5- Comisións de investigación. 6- O PPlan Galicia . 7- Os animáis . 8- O voluntariado . 9- NUNCA MAIS-Re-Mate.

3-Cerimonia do afundimento

Para la versión para imprimir, pulsar aquí

Esta é unha historia
ai que de moito coidado
aconteceu na Galicia
cando non había Estado.

Non me queda máis remedio
que moitas cousas vos contar
interesa nestes intres
todos estes feitos mostrar.


Encheron todo de merda
agora hai que quitala
¡Ai!, pero nin eles saben
sequera onde botala.

Esto empezou un día trece
¡Ai!, do novembro pasado
e inda polo de pronto
non o temos arranxado

Aquel pirata Prestige
pasou un día pola costa
sen facer honor ao nome
ao seu paso deixou bosta

Mais non saben que facer
e o levaron de paseo
¡Ai!, dun lado para outro
fixéronnos pasar medo

Dixeron non pasa nada!
¡temos todo controlado!
¡Ai!, os ventos, as correntes
témolo todo amañado.

¡Ai!, empezou cunha fenda
din que na súa estructura
pero os incompetentes
"Cascaron" a armadura.

¡Ai!, neso estivo Cascos
que foi o que "controlou"
a nave neses momentos
ata o seu afundimento.

¡Ai!, pero con esta historia
non superon o que facer
si arrimalo á costa
o que fose ao mar morrer.

 

1

O capitán falou claro
dixo que non podía pasear
pois cas ondas que había
o barco iría naufragar.

¡Ai!, sabía de certo, moi ben
que este barco partiría
si da costa o largaban
con esa clara alegría.

Algúns que non sabían desto
meteron así a pata
¡Ai!, sen parar no intento
de afundir esta lata.

Sen pensar as consecuencias
como o feito demostrou
pois quedou ben afundido
para connosco sempre quedou.

¡Ai!, quedou cheíño de merda
tan só sirve para matar
mentres esté afundido
¡Ai!, alá no fondo do mar.

Deste pirata Prestige
inda quedan toneladas
xa van vintecinco mil, ¡dín!
¡para fartarnos de riadas!.

Quedan cincuenta e sete
¡Ai!, moitas mil toneladas.
Inda así na súa Tele
¡Ai!, din que non pasa nada.

Cerca de cen botou ao día
segundo din as autoridades
e esto si parece ser
unha das grandes verdades.

Agora xa bota menos
pois o Nautile tapou
moitas das fendas que tiña
pero inda non rematou.

Non rematou esta merda
pois mal gardada está
¡Ai!, ¡Ai!, as nosas costiñas
están moito a perigrar.

 

2

¡Ai!, está cheiño de terror
é volcán impertinente
ao menos ata agora
en erupción permanente.

¡Ai!, que herdanza nos deixan
os meus señores do PePé
pois cas mentiras que contan
parece mentira o que é.


Morreu o medio ambiente,
antes estaba enteiro
¡Ai!, despois destes piratas
¡Ai!, xa non queda nin medio.

Ai!, foi unha Cerimonia
que non foi un accidente
o andar desta historia
de menistros imprudentes

¡Ai!, cerimonia maldita
¡Ai!, grave incompetencia
feita polos que estaban
¡Ai!, da mar sen conciencia.

Colaboraron, señores
daqueles dos ministerios
xente moi fina, mandona
pero que non tivo criterios.

¡Ai!, foi xente do seu sillón
que están alí sentados
moi listos parece que son
pero están aletargados.

Nestas cuestións decisivas
¡Ai!, non pensaron en contar
con esa xente que sabía
das verdades do noso mar.

Agora están a dicir:
os chamamos a opinar.
si pero será o Xuíz
¡Ai!, quen os faga cantar.


 

 

3

O Xuíz de corcubión
que parece ter o valor
para coller aos pringados
e darlles uns bos hostións.

E cantos canallas haberá
alá no anonimato
¡Ai!, que fagan o que fagan
nin se entere nin o gato.

Mais estes son os peores,
como Al Capone funcionan
pois o seu poderío e tal
que si hai que traizoar, traizoan.

Esto évos terrorismo
que trae inseguridade,
cos negocios clandestinos
de piratas de verdade.

Andiveron a negociar
que cantos cartos daría
esta carga do Prestige
olvidando as nosas vidas.

Mais logo co Nautile
¡Ai!, Fixeron un contrato
para que non se poida
nin decatar o gato.

De confidencialidade foi
o contrato que firmaron
para que solo poidan dicir
o que eles nos contaron.

E firmaron ca mentira
¡Ai!, Como bos delincuentes,
agora veñen con cartos,
para facer calar á xente.

Xogar, xogar, xa xogaron
pois moi ben xogaron connós
pero agora veremos
¡Ai!, quen meterá o gol.



 

4

CRÓNICAS PIRATAS

Hosted by www.Geocities.ws