CRÓNICAS PIRATAS

1-NUNCA MAIS . 2- A manipulación . 3-Cerimonia do afundimento . 4- Antoloxía do disparate . 5- Comisións de investigación. 6- O PPlan Galicia . 7- Os animáis . 8- O voluntariado . 9- NUNCA MAIS-Re-Mate.

4-Antoloxía do disparate

Para ir á versión para imprimir, pulsa aquí

Pensaron que somos bobos
e non pararon de contar
mentiras unha tras outra
ata que nos fixeron fartar.

Pois moitas son as cousas
que estes tipos dixeron
e nesta antoloxía
claramente se meteron

Mentiras contaron sen mais
case case sen parar,
e para que quede constancia
nos ímolas a relatar

E fixeron unha campaña
a campaña populeira
para ver si así co pobo
xogaban a súa maneira.

Desa maneira que teñen
para enganar ao dicir
que aquí non pasa nada:
¡todo o mundo e feliz!

Pero saíulles mal o tiro
esta vez pola culata,
xa todo o mundo sabía
que tiñan metida a pata.

Para PePé, pasou nada
é todo irrealidade
dos que non pensan como eles
e falan en liberdade.

 

 

14/11/02
"Probablemente o fuel
non toque a costa galega"
dixo o delegado Mesa,
imitando unha promesa.

 

1

15 /11/02
Corenta metros de fenda
tiña o buque no casco
pero o de Pesca dixo:
¡O risco non é alto!

¡En chegarnos non e alto!,
recalcou logo dicindo,
o risco de marea negra,
debía de estar durmindo.

15 /11/02
Ai o perigo máis grave
¡xa pasou!, nos dixo Fraga
para cando xa estaban
as nosas costas manchadas.

Non pensou este gran home
¡Ai!, Que mentres el falaba
Todos estábamos a ver
Como Galicia Nau-Fraga.

16/11/02
¡Non creo que o barco parta!
¡Ai!, dixo ao seguinte día
dixo moi peinado, Mesa
con infundada alegría.

19/11/02
Pero aos tres días despois
¡Ai! cúmprense os agoiros
e o barco parte en dous
para deixarnos en coiros.

16/11/02
Non tememos catástrofe
ecolóxica , pesqueira,
dixo Arias Cañete
así de calquera maneira.

Non hai Marea Negra dixo,
dixo o ministro Cañete
con toda a cara do mundo
para que ninguén se inquiete.


2

E incrible que cara
tivo e ten ese señor
para seguir no Goberno
sen pedíla dimisión.

17/11/02
¡Ai!, que non hai Marea Negra
dixo a Mariña Mercante
e así todos quedamos
¡Ai!, ca cara deslumbrante.

17/11/02
Dixo o tipo de Pesca:
¡Xa non vai saír máis fuel!
para eles e así de fácil
dicir: "xa acabamos con él"

18/11/02
Das correntes e dos ventos,
¡Ai! nos dixo que dependía
o gominolas de Mesa
como sabio de entropía.

19/11/02).
O destino deste fuel
¡Ai! e o de ser adoquín
dixo gominolas Mesa
¡Ai! ca súa cara de listín.

A súa listura e certa
e quedou demostrada
cando dixo que o buque
¡Ai! no mar afondaba.

19/11/02
O día do afundimento
O señorito Mariano
¡dixo que as cousas saíron
¡Ai!, bastante ben!, paisano.

20/11/02
Que me decides de Mesa
ese tipo relambido
que chegou a dicir
que non había perigo.

3

¡Hai unha cifra moi clara!
dixo o pijólas de Mesa
¡que é a que non sabemos!
ca súa vulgar listeza.

A Marea Negra mancha xa
cando estamos, a día vinte,
case todo o litoral.
con todo seu inconvinte.

21/11/02
Dixo que "non se vai verter
pero nin un só litro máis".
o bo Marianito Raxoi
con total impunidade.

22 /11/02
Xa falamos co Apóstolo
e co señor Deus tamén
e por eso non temos
¡Ai! nada, nada, que temer.

Fraga con estes señores
ten todo moi amañado
por eso el pensa que así
o ten todo controlado.

23/11/02
Non é unha Marea Negra
¡Ai! repitéu señor Raxoi
quería deixarnos pasmados
ante a súa convicción.

23/11/02
¡O que pasa ¡Ai!, no fondo
¡Ai!, ninguén o pode saber!,
dixo outra vez "Arsénico"
¡Ai!, para nos entreter.

24/11/02
¿Onde ía o exército
cando máis se necesitaba?
¿estaba a limpar pazos
en vez de limpar praias?

 

4

Non fai falta na costa,
promulgou o sr. Trillo,
cos pes manchados de merda
con aire de seriecillo.

Dixo Trillo: ¡as praias están
ai ai ai esplendorosas!
Non é unha Marea Negra,
Solo é, un Mar de Rosas.

Ai logo este tipo serio
Chegou a pedir perdón
Por estas cousas que dixo
Que dixo sen ton ni son.

Pero nos non lle creemos
Pois é un mentireiro
Éche aliado está moi claro
Das xentes dos pe-Troleiros.

25/11/02
¡Ai!, se non o afastamos
xa o teriamos na costa
dixo o tipo de Pesca
non sei se con mala hostia.

28/11/02
"Creo que hay alarmismos muy poco justificados"
Aznar. roma. 28.11.02

Pero quince días despois
Do noso afundimento
Aznar puxo a caradura
¡Ai!, Con todo gran contento.

¡Ai!, "Creo que hay alarmismos
¡Ai!, poco justificados".
A verdade é que asusta
o estar a escoitalos.

Ata aquí "Veu e non viu",
tipo é, intelixente,
non fose que tanta merda
ensuciáselle a mente.

 

5

Pero Aznar non quixo vir
a ver o do "accidente"
non fose que o fixéramos
na merda, incar os dentes.

Pasou rápido, de largo,
nun helicóptero voou
como verdadeiro cabrón
pois co pobo non falou.

Esto évos unha cousa
Que hai que gobernar.
dixo o presidente Aznar
sen parar de rebuznar.

Namentras todos a coro
Recitábamos sen parar,
¡Ai!, ¡Ai!, ¡Ai!, ¡O do bigote
Que limpe o chapapote!

3/12/02
E dixo o tipo do Alamo
señor do Medio Ambiente,
que os espacios naturais
están a salvo na súa mente.

5/12/02
E quedouvos para sempre
¡Ai! o bo de Marianiño
colgado ben colgado
¡Ai! colgado duns fiíños.

¡Non hai fugas, son hilillos
¡Ai!, como de plastilina"
dixo este señorciño
para morirse de risina.

E desde esa é nomeado
"El Señor de los Hilillos"
pola súa triste presencia
e pinta de pouco pillo.

"El Gobierno ha estado
por buenos especialistas
deste país, asesorado "
¡Ai!, dixo como pasmado.

 

6

Pero xa veremos agora,
O que ao Señor Xuíz lle din,
Estes tipos caraduras
A ver si é, que se fan pis.

6/12/02
O exército estivo aquí
Dende o primeiro día
Dixo o menistro Arenas
Con total algarabía.

E non contentos con esta,
con esta gorda mentira
volveuno repetir Aznar
¡Ai!, con total aleivosía.

E logo Palmóu e Pita
din que facemos mal,
metan a lingua no cú
e déixenos expresar.

¡Ai!, NUNCA MAIS naceu
para servirlles de espello,
pois ao parecer estos tipos
¡Ai! , parecen non telo.

¡Só os parvos pagan
para que lles insulten!
afirmóu so Sr. Fraga
esperando que o catapulten.

Eso fixo con nós moito tempo
pero xa estamos a fartar
e a esta BURLA NEGRA
lle decimos NUNCA MAIS.

Si todos somos batasunos
eles son extemistas
da extrema mais dereita
provocadores capitalistas.

"A política é para os políticos"
dixo o Sr. presidente
pedíndo o voto aos bobos
de xeito moi valente.

7

As mentiras sí son armas,
son "destrucción masiva",
nesta guerra que lle fan
á xente mais pasiva.

Sonvos uns tipos de risa
¡Ai!, que perderon os Cascos
e dixeron que as presas
fan facer cousas de ascos.

Foi este tipo "amigo"
¡Ai!, estando a governar
o que tomóu a decisión
de o Prestige alonxar.

A verdade e que o Raxoi
fillo do avó Fraga
contou co neto Mesa
para deixarnos en bragas.

E aquí así, paramos xa
e deixamos de contar
todas estas idioteces
para non nos cabrear mais.

Todos somos terroristas
porque estamos a falar
din estos malabaristas
das mentiras sin par.

Xa non dicimos máis
destas mentiras sen igual
non vaia a ser que quedemos
que quedemos a estoupar.

 

 

 

 

 

 

8

CRÓNICAS PIRATAS

Hosted by www.Geocities.ws

1