Veñen agora con cartos
¡Ai!, a facernos calar
que non miremos a merda
inda que esté a brillar.
Por eso chegaron cun Plan
¡Ai!,cheíño de promesas
pero xa non nos creemos
ningunha das súas remesas.
Non contan con prazos
para a súa execución
nos o queremos de vivos
cando esteamos mortos, non
¡Ai!, a Costa da Morte
non ten nin infraestructuras
e no Plan non contan eso
pois queren deixala pura.
Foi a zona mais afectada
pero eso non importa.
A ver si a xente dalí
lles da unha boa torta.
Din que solo van montar
un Parador de Turismo
para que veñan uns poucos
a visitar o noso abismo.
Veñen de cantamañáns
a contarnos unha historia,
para o dous mil dez
e nos piden a gloria.
Da nosa Galicia nunca
antes non se acordaban
nin tan siquera facían
caso do velliño Fraga.
Pero víronnos as caras
e agora teñen medo
e por eso estan a ver
si lle poñen remedo.
|
Con estes papeis de merda
¡Ai!, cun feixiño de cartos,
queren facernos calar pa
parecer estamos fartos.
Nos non queremos esmolas
¡Ai!, que queremos traballo,
recuperar as costas
e mandarvos ao carallo.
Compraron folgas de fame
con promesas de papel
e logo as desmentiron
limpando o cú con él.
A algúns enchéronlles os petos
e moi caladiños están,
non se queren dar conta
que hai que pensar en mañá.
Mariscadoras, percebeiros,
xentes do mar, pescadores,
cada un de vós, está en nós
cas vosas angustias e dores.
Buscou cartos en Europa
¡Ai!, o tipo do bigote
o que si quería el, era
non limpar o chapapote.
Aznar non foi escoitado
pois o toman por pelele
por eso non trouxo cartos
nin para nos, nin para ele.
Déronlle cinco millóns,
e fracasou este fulano,
pois as empresas galegas
puxeron trinta este ano.
Mais non solo faltan cartos
que moitos xa se perderon
o que fai falta agora
é saber onde metelos.
|
Coidadiño por si os demos
que por aí andan soltos
teñan os petos moi anchos
e os leven nos seus bolsos.
Este éche un pensamento
que estou eu a pensar,
non me engano si o tempo
¡Ai!, mo esté a demostrar.
Mais os tipos responsables
neste caso deben pagar.
aqueles que o levaron
¡Ai!, ata o fondo do mar
"O que contamina paga",
tamén debemos facer notar,
petroleiras con ganancias
tamén deben chinchar.
Polycommander, Urquiola,
Erkowit, Andros Patria,
máis Casón, e o Mar Exeo...
e agora o Prestige.
Xa está ben señorías
de toda esta falcatruada
que nos deixa sen alegrías
e tamén case sen nada.
Onde están os piratas
eses que non poñen nin can,
en limpar as nosas costas
si estiveron a manchar.
E que temos unhas leis
¡Ai!, din que internacionáis
as que impiden agora
dos piratas cartos cobrar.
Os que fan esas leis
son os piratas entón,
e non me queda dubida
ningunha no corazón.
|
Inda nos queda esperanza
para salvar a cuestión
pois sabemos que hai,
hai moita xente con nós.
O Plan Especial Galicia,
éche unha realidade
pero solo no papele
non creo na súa verdade.
Todo esto é "PROPAGANDA"
de cara as municipais
xa veremos co tempo
como é a realidade.
Nunca se acordaron de nós
pero agora din que o fan
deben ternos moito medo
e quererán con nós pactar.
Como podemos crer
o que agora están a dicir
estes tipos insensatos
despois de tanta mentira oír.
Mais esto do Petroleiro
¡Ai!, e cuestión de diñeiro
e sóame tamén a min
que rimaba con troleiro.
|