|
O des-Goberno non pensou
nas tremendas consecuencias,
que na súa man estiveron
igual que a súa ausencia.
Foi ausencia que supliron
claramente voluntarios,
que non foron uns cantos
xa que foron máis que varios.
¡Ai!, varios centos de miles,
xente con sentido común
do que falta ao goberno
que fai as cousas ao tuntún.
¡Ai!, paisano ¡qué desamparo!.
Menos mal voluntariado,
que acudiches sen reparo
cando non había Estado.
¡Ai!, había falta de medios,
sen orden, ineficacia,
fixeron co des-goberno,
non fose ningunha gracia.
A marea de solidarios
non para de emocionar
a ver si é certo, por fin
que nos fai revolucionar.
¡Os gobernantes non cumplen!,
as ONGs son como NUNCA MAIS,
e por eso chámanse
"non gubernamentáis".
E por agora van,
van de caridade,
mais adiante veremos
cando estén a fartare.
Saben elas moi ben
o que no mundo está a pasar,
que os gobernos non cumplen
inda que a merda esté a brillar.
Po eso viu Corina Porro
para a todos controlar,
xa que aos tipos de TRAGSA
ninguén os quixo aturar.
|
Prohibiu esta señora
¡Ai!, achegarse a limpar
¡Ai!, ¡Ai!, había que a ela
¡Ai!, mándala á merda xa.
Agora xa non fan falta.
no nadal había seis mil
pero o fuel evaporouse
agora xa solo hai mil.
Solo queren unha cousa
¡matar solidariedade!
¡Ai!, pois cada un deles
é testigo do que se sabe.
¡Ai!, eso o saben moi ben
todos aqueles do lugar
alí onde Chapapote,
¡Ai!, fartouse de enmerdar.
E non fixemos nin caso
e nos fomos para as praias
a limpar o chapapote
que estaba a abrasalas.
Pouco a pouco, tivemos
que ir tomando o temón
¡Ai!, xa que de non ser así
a merda, xa sería montón.
Chegaron de todas partes
para axudar a limpar
e menos mal que por eso
as empezamos a salvar.
A salvar algunhas praias
que estábanse a fangar
pois o fuel mataba todo
o que estaban a topar.
¡Ai!, ¡Sí!, con medios artesáns
non quedou outro remedio
xa que o goberno fixo,
foi o meterse en medio.
¡Ai!, sen medios eficaces
pero para eles bastaban
e si lles fixeramos caso
¡Ai!, a merda nos tragaba.
|
Inventaron en todas partes
¡Ai!, aparellos xeniáis
¡Ai!, para na terra ou no mar
¡Ai!, non deixar ¡Ai!, de limpar.
Non quedou mais remedio
que irse á merda limpar
pois o goberno estaba
noutro lado a pasear.
Para eles era un conto
eso de estar a manchar
o pe-Troleiro Prestige
¡Ai!, alá na beira mar.
Non deixedes que vos coman
o coco outra vez mais
pois estes tipos do goberno
nos fan andar para atrás.
Veñen con cartos quentiños
pero Galicia non se vende
a ver si desta vez
o burro de Aznar entende.
Que inda queda chapapote
e hai moito solidario
que non chupa do bote
para metelo no armario.
Como fan algúns conselleiros
que teñen a cara dura
de facer o seu negocio
a conta da nosa tristura.
Non olvidedes nunca
e gardade na memoria,
o que ben din estas coplas,
para non repetir a historia
Voluntariado sen igual
¡gracias!, ¡gracias infinitas!
¡Ai!, ¡tantas coma areas
das praias do litoral!
|