CRÓNICAS PIRATAS

1-NUNCA MAIS . 2- A manipulación . 3-Cerimonia do afundimento . 4- Antoloxía do disparate . 5- Comisións de investigación. 6- O PPlan Galicia . 7- Os animáis . 8- O voluntariado . 9- NUNCA MAIS-Re-Mate.

9-NUNCA MAIS: re-MATE

Para ir á versión para imprimir, pulsa aquí

Non nos queda mais remedio
que non deixar títere con cabeza
pois polo mal que fixeron
fai que gastemos destreza.

 

 

Non podemos así seguir
emigrando a todas partes
¡Ai!, por culpa desta xente
que xoga connosco ao descarte.

¡Ai!, esto non lles importa,
o deixarnos sen traballo
¡Ai!, xa que fartan de zorza
e nos mandan ao carallo.

Non "globalicen" a fame
sí vivenda, educación,
nós non somos mercancías,
inda nos queda ilusión.

Contan solo co privado
o público non interesa,
non lle sacan partido, ¡non!
non poden dar cos cartos presa.

E recortarán os gasto
en...sanidade, educación,
a eles impórtalles pouco
a privada usan montón.

Máis nós, non somos ilusos,
ao dicir estas verdades,
aos que nos tratan de obtusos,
contándonos falsidades.

Por eso, non nos esquecemos
do home de Camelle, MAN,
¡Ai!, que de tristeza morreu
e que a ninguén fixo mal.

¡Ai!, máis ben el nos deixou
moito, moito en que pensar,
si seguir rumbo dos cartos
o ir ó paraíso inicial.

 

1

Esta historia manifesta
o fracaso dos gobernos
xa que os ricos responsables
ocúltanse nestes eventos.

Esto éche cousa deles
¡Ai!, a pesares para nós,
pois os paraísos fiscais
nin soupo deles meu avó.

Antes a fosa Atlántica
de residuos radioactivos
agora, un Prestige de reloxería
para facernos inactivos.

Si calamos esta vez
seguirannos a pisar
dunha forma certa
hai que berrar: ¡NUNCA MAIS!

¡Ai!, que esta BURLA NEGRA
acabe, e non nos manche máis.
estamos tódolos que creemos
que hai outra posibilidade.

Ecoloxistas e alternativos
sempre estiveron aquí
neste mundo de cartos e présas
que non nos deixa vivir.

Non nos olvidemos deles
xa que mostran solucións
está claro que moi certas
para atallar a cuestión.

Xa pasou ¡Ai!, moitas veces
o que aquí se relata
¡Ai!, nos non podemos quedar
esperando outra lata.

Temos facelo que sexa
pa que non volva a pasar
que un pirata sen casco
veña aquí a naufragar.

Asunto internacional
¡Ai!, évos esta cuestión
e non podemos deixar
o pasar esta ocasión.

2

Pa que en todo o mundo
en todo o mundo mundial
se remate cos piratas
¡Ai!, que a facer mal están.

Haiche tamén moitas razóns
nesta ocasión sen igual
para animar ás xentes
a chegar ata o final.

Non podemos encollernos
e caladiños quedar
pois si así o facemos
volverannos a esmagar.

O que hai e que ter claro
que o mar, hai que limpar
pois évos cousa de tempo
¡Ai!, o de se rexenerar.

Non e cousa de dous días
que é de moitos días máis
¡Ai!, de veraos e invernos
pa que todo volte igual.

A todas xentes lle pido
que esta vez se organicen
e non deixen súas vidas
nas mans dos das barrigas.

Hai que berrar NUNCA MAIS
si non queremos ver pasar
outra vez polas nosas costa
un pirata naufragar.

¡Ai!, lalelo ¡Ai!, lalalo
temos que estar a cantar
una vez e outra vez mais
nunca mais, nunca mais

¡Ai!, outras Mareas Negras,
¡Ai!, a fame a, pobreza,
hai que acabar con elas
que non haxa máis tristeza.

Non podemos quedar así,
"Outro mundo é posíbel",
o mellor e traballar
para facelo vivible.

3

Temos que acabar co medo
que nos meten no corpo,
estes tipos do goberno
pois queren vernos mortos.

E xogaron connosco os caciques,
que na Galicia están,
pero veñen tempos novos,
e os imos a botar.

Xa estamos fartos deles
xa non podemos calar,
que se vaian a merda
xa nestas municipais.

NUNCA MAIS o somos todos
eso o sabe todo o mundo
menos a xente do PePé,
que prefiren estar mudos.

Sinalan co dedo á xente,
a xente que está a falar
a falar con claridade
sobre o que está a pasar.

Chámanos terroristas
con total impunidade,
e nos meten na guerra
¡outra calamidade!.

Vos capitalistas
sí sodes os terroristas,
manipulades aos pobos
con afán imperialista.

Querennos levar á guerra
o Sr. Trillo e Azanr,
e por eso nos lle decimos
que deixen de reBUSHnar.

¡Ai!,Éche na vida diaria
onde facedes a puñeta
¡Ai!, poñendo zancadiñas
sen que ninguén os vexa.

Para non deixarnos enganar.
¡Ai!, aquí estamos nos, ¡non!
facendo estas copliñas
para cantar con ton e son.


 

 

 

4

Mais hai que ter coidado
e non caer no abandono.
Á xente que está a mandar,
esto lles importa un coño.

Farán que dentro de un tempo,
¡Ai!, xa ninguén faga caso
dos piratas do Prestige
pois estiveron de paso.


Contan contos e mentiras
¡Ai!, por esto, non paso, ¡non!.
estou farto que me mintan
esto xa dura un fartón.

É a historia verdadeira
do que na Galicia pasou
contada desta maneira
por un calquera de nós.

É a verdadeira historia
para que quede na memoria
de tódolos galegos
e non lles demos máis gloria.

Pedimos polo tanto
a dimisión dos responsables
para que dunha vez por todas
fagamos o mundo amable.

Si quedades en cama lastrados
e non queredes escoitar
sabede de antemán, paisanos,
que todo seguirá igual.

Aquí está a conciencia libre
que este pobo manifesta
nestas horas alarmantes
que non deixan durmir a sesta.

Que se escoite, que se escoite,
onde se nos teña que escoitar.
en todo o mundo agora
hai moita xente a berrar.

En Galicia estes días
o deserto, é real.
a Marea Negra non é "Rosa"
e o fixo sen igual.

Hai galegos, non durmades
e berrade "NUNCA MAIS"
espertade, espertade,
nesta ocasión sen igual.

5

Van de Operación Triunfo
que é unha forma de lograr
que non se escoiten as músicas
que no mundo están a sonar.

Non son de ningún partido
inda que cidadán son,
e haiche músicas que me gustan
máis hai outras que non.

Pero saíulle o tiro
¡Ai!, esta vez polo rabo,
e nesta puñeteira vez
quedou así demostrado.

Que ninguén non volo dixo
logo despois non digades
pois esta cantiga amiga
ben soltou moitas verdades.

E continuar, continuará,
esta historia de piratas
pois o fuel está aí
acabará por matar ratas.

E dirán que están moi limpas
as praias do litoral,
pero debaixo da area
hai merda a rebentar.

Eu antes de política
non entendía nada,
agora co chapapote
limpióuseme a mirada.

Non acaba aquí esta historia,
pois inda pode pasar
que o máis malo de todo
esté inda por chegar...

E remata este conto
que acabo de historiar,
inda que haberá algúns
que é mentira , ¡dirán!

 

 

 

 

6

CRÓNICAS PIRATAS

Hosted by www.Geocities.ws