|
ies "concepción arenal" - FERROL MARZO 1993
|
|
| Reedición (íntegra e sen modificacións) en formato digital do nº3 da revista, adicado ao accidente do "Mar Exeo" na Coruña, hai agora 10 anos. | |
EDITORIAL Lucien Laubier, un estudioso do tema das mareas negras, dicía nun dos seus artigos: "...cada nova marea negra suscita a mesma serie de preguntas: ¿cales son as consecuencias a curto prazo sobre o medio marino, a súa flora e fauna, os seus recursos viventes? ¿Canto tempo será necesario para que se reconstrúan estas riquezas naturais?. Segundo a importancia atribuída a cada accidente, estas preguntas dramáticamente ampliadas polos medios de comunicación, excitan durante algunhas semanas á opinión pública. Logo a actualidade toma o relevo e tal marea negra, que suscitou tomas de posición apaixonadas e polémicas sen fin entre os expertos, redúcese pronto ó nome do buque na memoria colectiva. Soamente algúns especialistas, recuperada a serenidade, intentan responder de forma rigorosa ás preguntas do primeiro día. ¿É necesario engadir que as respostas, cando se obteñen, xa non interesan ó gran público?...". Cremos que as palabras de Laubier veñen aqui, para este momento, "que nin pintadas". Nós, no taller, non podíamos pasar por encima dun tema que vai danar gravemente o noso entorno e quixemos contribuir con este número especial de "O Galileo Verde" a que o recordo do accidente, tres meses despois, perviva co fin de que todos aproveitemos as ensinanzas que se poden sacar, incluso das desgracias. E seguimos plantexando preguntas: ¿Como é posible que se autorizara ao petroleiro entrar no porto, cando as condicións atmosféricas eran pésimas?. ¿Dispoñen os portos da zona dos medios materiais necesarios para unha actuación urxente cando se produce un accidente, feito cada vez menos novidoso nesta zona?. ¿Como é posible que nunha ría tan estreita na boca como a de Ferrol entrase o petróleo tan facilmente?. ¿Empregaronse deterxentes ou dispersantes para a eliminación do petróleo?. ¿Pode estar a riqueza das rías condicionada á sorte dun "error humano" ou "fallo mecánico"?. ¿Por que se permite o fondeado de buques con mercadorias perigosas na ría de Ares?. ¿Esperarase outros 16 anos (como no "Urquiola") para que os afectados reciban as indemnizacións polos danos?. ¿Aproveitaremos o accidente para estudiar os impactos da "marea negra" sobre o litoral?. ¿Teremos a lección aprendida para o próximo?. |
SUMARIOAs "Mareas negras" nos últimos 25 anos. ¿Como influiu a meteoroloxía no desastre?. A negra crónica do "Mar Exeo". A nube, ¿é tóxica?. O Petróleo: composición e tipos. ¿Como se pode loitar contra as "Mareas Negras"? Incidencia do crú na Flora e Fauna Opinión Frases célebres Humor negro |
|
|