SSS A NEGRA CRÓNICA DO "MAR EXEO"

No derradeiro mes do celebrado 1992, a nosas costas tocoulle a peor parte.

S 30 Novembro, Luns

O petroleiro "Aegean Sea" (Mar Exeo, en galego) con 80000 T. de cru procedente do Mar do Norte fondea na ría de Ares.

S 3 Decembro, Xoves 4:00 h.

O buque, despois que o peirao da refinería quedase baleiro (saíu o petroleiro "Cercal") inicia as manobras de entrada no porto de A Coruña, pola canle Oeste de Punta Herminia. Ao parecer debido a un "chuvieira de vento", encalla de proa nas rochas a carón da Torre de Hércules.

4:30 h. O práctico do porto sobe a bordo do petroleiro.

5:00 h. Chega o lugar do accidente o remolcador Alonso de Chaves. Avísase a Protección Civil e ó Centro Rexional de Coordenación de Salvamento de Fisterra. Posteriormente chegan dous helicópteros de salvamento e outros remolcadores: Punta Salinas, Ría de Vigo e Golfo de Vizcaya, con medios anticontaminantes.

6:00 h. Comenza a evacuación dos primeiros tripulantes, mentres séguese intentando sacar o barco das rochas.

9:30 h. Agás 4 tripulantes e máis o práctico, todos os demais xa no estaban no barco cando parte en dous.

10:00 h. Prodúcense as primeiras explosións e logo o barco comenza a arder. A mancha de petróleo derramada do barco arde orixinando unha xigantesca nube de fume, que se dirixe cara a Mera e á ría de Ares e Ferrol.

20:00 h. Avións do Exército transportan dende Valencia barreiras flotantes. Colócase unha barreira na boca de entrada da Ría de Ferrol, entre os dous castelos.

S 4 Decembro, Venres

As 4 da madrugada, parte da proa do buque afunde. Ó alborexar compróbase que a barreira instalada na ría de Ferrol rachara. Ante o temor de que o cambio do vento introduxera a nube de fume na cidade de A Coruña, os bombeiros extinguen o incendio do buque. Son instaladas novas barreiras na ría de Ferrol, en O Baño (Mugardos) e tamén en A Graña. A Xunta prohíbe a pesca na zona e aconsella retirar das rías a maior cantidade posible de marisco.

S 5 Decembro, Sábado

Aproveitando a baixa da marea, permítese a entrada dun buque carboeiro no porto de Ferrol e a saída doutros. A mancha exténdese ó Norte de Prioriño chegando ás praias de S. Xurxo, Doniños, e Covas. S 6 Decembro, Domingo A Xunta de Galicia, pecha o marisqueo nas rías de Ares, Betanzos e Ferrol. Aparecen manchas de cru lixeiro no banco marisqueiro de As Pías.

No momento do accidente, de noite, había ondas de 6 m, rachas de vento S/SO de 90 Km/h, chuvieiras e ademais baixamar, o que non foron suficientes razóns para que o barco, que levaba 3 días fondeado na ría de Ares, iniciase as manobras de entrada no porto.
S 7 Decembro, Lúns

A asociación ecoloxista "Greenpeace" denuncia que o buque sufriu anteriormente 3 accidentes. Repsol afirma que o buque foi remozado hai pouco tempo e pasou todas as revisións.

S 8 Decembro, Martes

A mancha chegou a Valdoviño e exténdese cara ao Norte. A lagoa de A Frouxeira foi protexida mediante barreiras de area.

S 9 Decembro, Mércores

Recuperáronse con bombas de aspiración unhas 3000 T. de cru. O mal tempo impide as labores de extracción de petróleo que se pensa continúa no buque.

S 10 Decembro, Xoves

O cambiar o vento, a marea negra chega a marisma de Baldaio, onde se constrúe un dique de area.

 

S 11 Decembro, Venres

O Governo Español, descarta a declaracción de "zona catastrófica" mais concederá axudas económicas. Tamén a Comunidade Europea e a Xunta de Galicia anuncian a concesión de axudas ós afectados. Comeza a extracción do crú que fica no buque.

S 15 Decembro

Rematan os labores de extracción de 7000 T. de petróleo das bodegas do buque mentres proseguen as tarefas de recollida de cru no mar e praias, sendo as máis afectadas as de Perbes e Chanteiro, así como os peiraos de Ferrol e Mugardos...

S 27 Decembro

3000 persoas maniféstanse en Ferrol, solicitando a declaración de zona catastrófica.

S  .......

 

Hosted by www.Geocities.ws

1