| En
Galicia,é o 4º accidente grave de petroleiros
|
|
||
| Cando o paso do tempo fai esquecer á opinión pública (aos afectados directamente, cústalle esquecelo), os accidentes quedan reducidos ó nome do buque. Citamos aquí os máis importantes dos últimos 25 anos. | Un dos factores que máis condiciona o accidente en si mesmo e a súa magnitude é a meteoroloxía. No accidente interviron condicións atmosféricas adversas: mala visibilidade, chuvieiras e ventos fortes, a súa dirección, etc. Posteriormente, a dirección e a forza dos ventos manexaron o seu antollo o fume e a marea negra. O estado da mar condicionou, ademais, as medidas contra a catástrofe. | ||
|
S 18 Marzo 67. O "Torrey Canion", de bandeira liberiana, verte 30000T. de cru nas costas inglesas. S 4 Maio 70. Encalla o buque "Polycommander" con 50000 T. fronte as Illas Cíes. S 19 Dec. 72. Afunde o "Sea Star" no golfo de Omán vertendo 115000 T. ó mar. S 12 Maio 76. O buque español "Urquiola", cargado con 100000 T. tocou fondo nunha agulla non sinalada nas cartas de navegación á entrada da ría de A Coruña. S 16 Marzo 78. O liberiano "Amoco Cádiz", naufraga xunto á costa francesa de Bretaña, vertendo case 200000 T. S 31 Dec. 78. Incéndiase o "Andros Patria", cerca do cabo Ortegal.
|
S 3 Xuño 79. Rompe a plataforma "Ixtoc One" vertendo no golfo de México 400000 T. de crú. S 24 Marzo 89. Á saída do porto de Valdez, en Alaska, embarranca o buque norteamericano "Exxon Valdez" e verte unhas 150000 T. S 18 Dec. 89. O iraniano "Kharg" derrama xunto as costas marroquinas 70000T. S 3 Dec. 92. Encalla xunto á Torre de Hércules o petroleiro grego "Aegean Sea" con 80000 T, vertendo unhas 73000. S 5 Xan. 93. O liberiano "Braer" encalla xunto ás illas Shetland con 85000 T. de cru. S 21 Xan. 93. O petroleiro danés "Maersk Navigator" con 185000 T. de petróleo choca con outro petroleiro xunto a Sumatra (Indonesia), incendiándose o vertido.
|
Mércores, 2 Dec. Mar grosa. Ondas 3 m. SO, forza 7. O día anterior ao accidente.
|
![]() |
![]() |
Xoves, 3 Dec. Forte marexada con chuvieiras. Ondas 5 m. SO, forza 8. O día do accidente.
|
||
|
Venres, 4 Dec. Mar moi grosa. Ondas 6 m. O, forza 9. Apagaron o incendio no barco polo cambio de vento.
|
![]() |
||
![]() |
Sábado, 5 Dec. Mar moi grosa. Chuvieiras. Ondas 8 m. SO, forza 9. A marea negra progresou cara ó Norte.
|
||
| A
CONTAMINACIÓN DOS MARES
Non só os accidentes de petroleiros son os que provocan a contaminación dos mares. Nos últimos anos nas costas galegas houbo outros accidentes de buques con distintas cargas. O 31 de Outubro de 1970 o buque polaco "Erkowit" enviou ao mar 2000 bidóns de pesticidas. Máis repercusión tivo o accidente do buque panameño "Cason" (5 de Decembro de 1987), que se incendiou xunto a Fisterra vertendo ao mar variedade de productos químicos. Mais a maior tasa de contaminación é a provocada pola limpeza de buques no mar. No Mediterráneo, unha das rutas máis importantes no tráfico de petroleiros, só un 20 % dos vertidos de cru son debidos aos accidentes. E todos os días pasan xunto as nosas costas buques con todo tipo de cargas perigosas, polo que o risco de contaminación está sempre presente.
|
Xoves, 10 Dec. Mar grosa. Ondas 3 m. NE, forza 5. A marea extendeuse cara a Fisterra.
|
![]() |
|
| Como pode apreciarse, ao observar os mapas do tempo, non foi unha casualidade que a zona máis afectada fora a ría de Ferrol, situada ó NE da ría da Coruña, pois os ventos predominantes (típicos no inverno na zona), nos días seguintes o accidente, eran de SO. | |||