|
1. Procedementos mecánicos. Unha das primeiras accións que se levan a cabo cando se produce unha marea negra é desviar e concentrar o petróleo no lugar do vertido. Lévase a cabo mediante diques construídos cunha sección flotante que pode incharse ou encherse de algún material que non afunda. Tamén levan unha especie de rede lastrada. Estes mecanismos son efectivos en augas calmas e para vertidos reducidos; en mar aberto ou movido a acción das ondas fai que o petróleo pase por encima e debaixo da barreira. Unha vez que o petróleo está localizado, é retirado da auga e recuperado para o seu emprego. Para isto utilízanse bombas aspiradoras que van unidas ós barcos de recollida. O petróleo absorbido vai mesturado con unha fina capa de auga superficial. Esta auga elimínase por decantación (o petróleo e a auga son líquidos inmiscibles de distinta densidade) en cisternas de almacenaxe que existen nos mesmos barcos. Logo botase a auga ó exterior. Esta operación pode facerse con maior rapidez se utilizan uns aparatos flotantes chamados "skimmers". Este tipo de recuperación da bos resultados en augas tranquilas e con grosas capas de petróleo. Outro método consiste no emprego de productos absorbentes ou adsorbentes que fixan os hidrocarburos. O petróleo é embebido por un producto absorbente e únese á superficie das partículas dun adsorbente. Como sorbentes téñense utilizados desde palla ou serrín, ata escuma de poliuretano desmenuzada. Esta última ten a vantaxe de que ao aturarse pode ser retirada e o petróleo expremido, e a escuma pode volver a usarse. O líquido recuperado desta maneira é nun 80% petróleo. Un método que foi utilizado e xa descartado, era o uso de axentes de afundimento en forma de area, ladrillo moído, cinzas, etc... A combinación do petróleo con este tipo de axentes é máis pesada cá auga, polo que o petróleo afunde. A razón do rexeite é que o petróleo somerxido mata ós animais que habitan no fondo, ostras, vieiras, lagostas, etc.. En canto a queimar o petróleo, podemos dicir que se trata dun método barato para a eliminación de grandes cantidades pero ten os seus inconvenientes xa que cambiamos a contaminación mariña pola contaminación atmosférica. Non é un método aconsellable cando a mancha se atopa cerca da costa.
|
Estructura dunha barreira flotante O "Skimmer" é un dispositivo flotante que permite extraer o petróleo e separalo da auga.
|
|
2. 2. Procedementos naturais. Na zona onde se produce un vertido de petróleo pódese observar que, en ausencia de calquera tipo de tratamento, unha gran parte dos hidrocarburos desaparecen lentamente debido a fenómenos naturais, coma a evaporación, fotooxidación, disolución, biodegradación, etc.. A evaporación dos hidrocarburos máis volátiles xa se produce nas primeiras horas do vertido; tamén a disolución dos hidrocarburos lixeiros e a fotooxidación (oxidación debida ós raios solares ultravioleta). Por outra parte, numerosas bacterias, levaduras e incluso algas son capaces de biodegradar ós hidrocarburos. Cando a recuperación do vertido non se pode levar a cabo por procedementos mecánicos, imponse unha nova estratexia que consiste en favorecer estes mecanismos de eliminación naturais. Unha primeira etapa consiste na utilización de dispersantes (deterxentes). O efecto final destas sustancias é lograr que a mancha de petróleo se escinda e disperse na auga formando gotas. Deste xeito increméntase a superficie dunha mancha de petróleo e distribúe as gotas do mesmo nun grande volume de auga. Todo isto favorece a evaporación, a disolución e a biodegradación dos hidrocarburos. O inconveniente principal do uso de dispersantes e que conteñen hidrocarburos aromáticos, moi nocivos para os microorganismos mariños; aínda que ultimamente xa se veñen utilizando dispersantes que non conteñen disolventes aromáticos senón osixenados, moito menos tóxicos. Pero volvamos á biodegradación, ¿en que consiste?. A biodegradación consiste na transformación dos hidrocarburos noutros compostos máis simples que ó mesmo tempo poden ser atacados por outros microorganismos ata conquerir a súa mineralización total, e dicir a conversión en CO2 e auga coma productos finais. ¿Como se favorece a biodegradación dos hidrocarburos?. En principio pensouse na posibilidade de seleccionar bacterias consumidoras de hidrocarburos, cultivalas e conservalas para poder esparcilas sobre a capa de petróleo despois dun accidente. Sen embargo os resultados non foron todo o satisfactorios que se esperaba. A razón é que, cando se engade unha especie estraña a un medio natural que se encontra en equilibrio, preséntanse fenómenos de rechazo; algo así ó que ocorre nos transplantes de órganos, en medicina. A liña que se está estudiando actualmente consiste en favorecer o crecemento das bacterias xa existentes no medio. Pensa que as bacterias multiplícanse por bipartición, é dicir que, si por exemplo, partimos dunha única célula bacteriana, o seu crecemento realízase de forma xeométrica igual a 1, 2, 4, 16, ...Nas bacterias, o crecemento conduce, non a un aumento de tamaño como ocorre nos individuos pluricelulares, senón a un aumento do número de células. Como a medida que crece o número de especies os elementos nutritivos son cada vez menos, o crecemento bacteriano non pode proseguir indefinidamente. Cando se produce un vertido de petróleo faise que o número de bacterias existentes na zona aumente engadíndolles nutrientes a base de nitróxeno e fósforo e con iso aumente a velocidade de degradación dos hidrocarburos. A pesar de todo a biodegradación natural dos hidrocarburos no mar segue sendo un proceso lento, da orde de dous a nove meses. Isto pode ser explicado por varios factores limitantes. O primeiro deles é a baixa concentración de microorganismos capaces de degradar os hidrocarburos. Outro factor limitante é a cantidade de osíxeno presente. Pensa que os procesos de biodegradación son semellantes ós procesos de combustión e necesitan cantidades suficientes de osíxeno para poder levalos a cabo. En alta mar, pódese supoñer que a osixenación é suficiente debido á axitación das augas.
|
|
|
Formas naturais de eliminación do petróleo
|
|
|
AS FÓRMULAS MÁXICAS. Durante os días seguintes a traxedia, as autoridades recibiron cartas ou a presencia de numerosas empresas especializadas na limpeza do petróleo ou con inventos "máxicos" para tratalo. Desde "skimmers" ata substancias absorbentes, pasando por bacterias. Entre os ofertantes, dende un irmán de Bush ata unha meiga do Congreso de Bruxería. |
|