| Características xerais do cru petrolífero | |||
|
Os crus petrolíferos son, na súa meirande parte, de cor castaño escuro ou negro. Á temperatura ambiente son líquidos viscosos, pastosos ou fluídos segundo predominen neles as fraccións pesadas ou as lixeiras. O seu cheiro é o que lle dan os compostos volátiles e pode chegar a ser penetrante se contén compostos sulfurados e nitroxenados. O peso específico varía entre 0,73 e 1 dependendo de que abunden os compoñentes de punto de ebullición baixo ou alto. O calor específico varía entre 0,4 e 0,5 Kcal/kgªC. O punto de inflamación é moi variable e depende da maior ou menor cantidade de hidrocarburos de baixo punto de ebullición que conteña. A súa potencia calorífica máxima oscila entre 9.600 e 11.500 Kcal/kg.
|
A parte fundamental dos petróleos son os hidrocarburos, ainda que moitos deles conteñan tamén cantidades variables, xeralmente pequenas, de compostos osixenados, sulfurados e nitroxenados. A composición elemental media dos cru é a seguinte: C--81-87% ; H--10-14% ; S--0-6% ; O--0-7% ; N--0-1,2%. O aproveitamento e o tratamento a que debe someterse un cru de petróleo é función da súa constitución; non é lóxico tratar de obter gasolinas dun cru asfáltico ou viceversa. Por isto puxéronse en práctica distintos métodos que permiten coñecer a base dun cru sen chegar a unha determinación analítica, que por outra parte é imposible facela dun xeito total.
|
Atendendo ó tipo de hidrocarburos dominantes hai distintos tipos de petróleo: base parafínica, base nafténica, base mixta,... Polo tanto, habería distintos petróleos, que varían segúundo a súa orixe: * pola súa composición (con máis ou menos compostos alifáticos, aromáticos, parafinas pesadas, etc...). * pola súa densidade, os petróleos lixeiros son máis ricos en gasolinas, e os pesados máis ricos en aceites e fuel. * polo seu contido en xofre, que complica o refinado e a purificación, e que se converteu nun criterio esencial de calidade dende que o xofre está perseguido polas leis antipolución. |
O petróleo tipo "BRENT" O petróleo vertido polo "Mar Exeo" é do tipo "brent" do Mar do Norte que é un cru lixeiro, con alto contido de hidrocarburos aromáticos polo que o seu grado de evaporación e dispersión é alto, asi como a súa capacidade de degradación. Pola contra a súa toxicidade é maior.
|
|
Zona afectada polo accidente do "Mar Exeo". No mapa indícase a intensidade da "marea negra"en distintos tonos. |
|||