Influencia sobre a fauna e flora mariñas

A marea negra é unha gran mancha de petróleo que flota no mar, forma unha película de espesor variable que se despraza según as correntes mariñas e os ventos. O cru non só afecta á fauna e flora mariña e submariña, senón que chega as praias e costas onde modifica o equilibrio ecolóxico, contamina os solos e perxudica á industria turística. As manchas de cru dificultan o desenvolvemento do fitoplancton e interrumpen a cadea alimenticia e reproductiva de infinidade de especies pesqueiras. A evaporación de parte do petróleo tamén contamina o ar con hidrocarburos tóxicos.

A mancha de petróleo inflúe sobre o medio natural impedindo a entrada de luz (co que hai unha baixa de producción) e o intercambio de osíxeno polo que o plancton, alimento dos crustáceos, destrúese por falta de luz. Os crustáceos, alimento dos peixes, morren... En definitiva: moluscos, crustáceos,peixes, mamíferos mariños, aves mariñas sofren as consecuencias directamente xa que os seus corpos se impregnan de petróleo, tragan o cru ou morren por asfixia ó tapoarse os seus conductos respiratorios ou de xeito indirecto ó desaparecer as súas fontes de alimento. Cando as aves se cubren de petróleo, non poden voar nin nadar e moitas morren de fame ou tragan petróleo tratando de limparse e se envenenan; o petróleo ademais pega as plumas das aves e impide que debaixo delas quede unha capa de ar quente, polo que moitos paxaros morren de frío.

Dende o punto de vista biolóxico, as especies vense afectadas de distintos xeitos según o medio mariño no que vivan: peláxicas e de fondo(a longo prazo o cru disólvese no mar, baixa e hai nuha mortandade nos fondos), de praias( os moluscos serán os máis afectados e en algunhos casos a mortandade será total e se perden as colleitas nun prazo de varios anos. Ademais, este cru é moi lixeiro e chegará a zonas onde non é visible xa que será unha película moi fina pero tóxica), e as de rocha(efecto a máis longo prazo e importante pola presencia de percebe e ourizo de mar).

Moitas son, polo tanto, as especies afectadas:

  • Vexetación e invertebrados mariños:

Cianofitas; Algas (Rodofitas, Feofitas e Clorofitas); Esponxas e Cnidarios.

 

  • Aves:

Cormorán grande e moñudo, alca, charráns, garza, mascato, alavenco e gaivotas: clara, chorona e tridáctila.

  • Peixes:

Abadexo, anguía, xarda, cabra, congro, faneca, lenguado, pargo, sargo, pescada, robaliza.

  • wpe9.gif (3219 bytes)Mamíferos:

Marsopa e golfiños.

  • Mariscos e moluscos: Lapa, ameixa, ostra, vieira, zamburiña, chirla, berberecho, mexillón, navalla, longueirón, percebe, polbo, lura, camarón, bogavante, cigala, boi de mar, nécora e centolo.

¿Que se fai cando se atopa un animal afectado polo cru?.

Nun primeiro momento, debe envolverse o animal cun pano ou bolsa (deixar fóra a súa cabeza) e metelo nunha caixa de cartón protexida da luz e cun pequeno burato para que respire. Non intentes limpialo (só o peteiro e as fosas nasais, con auga limpa) nin lle deas de comer. Chama a un Centro de Recuperación de Fauna (o teléfono do Centro de Oleiros é 626241; tamén atenden na SGHN de Ferrol) onde te informarán do que debes facer logo. Nos centros de recuperación lavan coidadosamente as súas plumas cun trapo ata desprender a graxa, extraen das súas entrañas o petróleo que inxeriron e recobren dunha película aceitosa todo o seu aparato gástrico.Ao final lavarano novamente cun xabón neutro. Son alimentados con soro e tratados con antibióticos e corticoides ata a súa recuperación.

 

Hosted by www.Geocities.ws

1