OPINIÓN

Recollemos nesta sección, textualmente, todos os artigos que nos enviaron, cos distintos puntos de vista sobre o accidente do petroleiro.

 
VÉMOLO MOI NEGRO

José Rodríguez Bellas - COU D Pablo Ramos Basoa - COU D

A verdade é que o vemos moi negro. O encallamento do petroleiro “Mar Exeo” nas nosas costas provocou unha grande crise, sobre todo no sector da pesca e marisqueo, moi importante en Galicia, e no que se basean as economías de moitas familias. Moitas das nosas zonas de marisqueo e de pesca véronse cubertas por unha marea de destrucción e de morte provocada polo petróleo, caído en gran cantidade no mar despois do incendio do petroleiro. Este queimou unha parte do cargamento, provocando unha grande nube, que facía presaxiar a desgracia que se cernía sobre as nosas costas, a varios kilómetros de distancia. Ó principio creuse que incluso a propia cidade Herculina podería convertirse en pasto das lapas, mais ó transcurrer das horas, a situación “normalizouse”. O incendio extinguiuse. Mais isto só era o principio da traxedia. As inclemencias metereolóxicas axudaron o petróleo a extenderse cara a nós, e invadiu os 100 km. (máis ou menos) que actualmente están afectados. Nestes días, (e tememos que por bastante tempo), estanse realizando os traballos de limpeza das costas e protección das especies animais en perigo. Pero creo que nninguén está de acordo coa decisión de non declarar “zona catastrófica” á afectada. Isto axudaría bastante o Goberno Civil coa súa tarefa. En segundo lugar, cremos que sería importante aumentar en varios sentidos as medidas de seguridade, tanto personal como material. Por exemplo, evitando o tráfico marítimo de buques de grande tonelaxe e que poidan traer perigo ás costas, enos casos en que non haxa necesidade. En conclusión, cremos que todos deberíamos aprender dos nosos fallos, porque son nosos, e tomar conciencia de que, de momento, A Terra non é completamente reciclable, e que Marte o Venus non son, polo que parece (vai ti a saber), habitables.

 

DESPOIS DA TEMPESTADE CHEGA A CALMA...

Pilar Simó Pérez-3ºF  Elena Simó Pérez-2º

Xa todos escoitamos falar do petroleiro embarrancado na Coruña, e tamén das drástricas consecuencias que trouxo consigo. Ben polos medios de comunicación ou ben polos nosos ollos, descubrimos o inmenso manto de petróleo que cobre ás nosas rías. Falouse de xente implicada e dos culpables do suceso, xa que a cuestión era que a alguén lle caera o morto. O morto ainda non se enterrou, e hai moitos voluntarios forzosos ós que lles tocará ir de portadores. Afastémonos do extenso tema das culpabilidades, e falemos un pouco da catástrofe que supuxo e supón para as nosas rías. Nun primeiro plano, como consecuencia do suceso, estaría o mar, ante todo. Xa se perderon moitas especies e estase facendo o posible para non perder máis. E nun segundo plano, estaría a economía de moitas familias que teñen ou tiñan o seu sustento no mar. Non hai dúbida de que este acontecemento marcará un retraso na producción das especies mariñas. A mancha do cru afástase do seu lugar de orixe, cubrindo cun ton negruzco as rochas de gran parte das Rías Altas galegas. Os medios cós que contamos fixeron unha grande labor, mais, ainda así, o petróleo seguíu a súa emprendedora marcha na percura de sitios distintos para repostar. Non hai dúbida de que, por dicilo suavemente, houbo unha pequena lentitude na reacción á expansión da mancha, que axudou a ennegrecer máis o litoral, e noutros casos, a contaminar ainda máis do que están, o interior de moitas rías coma a nosa, gracias á apertura das barreiras protectoras, ben por causa do vento, ou ben por deixar entrar a algún barco impaciente por atracar no peirao. As consecuencias están aí. Xa pasou o “BOOM” da noticia. Agora só queda esperar pola recuperación das nosas costas. Esperemos que nos deixen descansar por un tempo... a nós e ás nosas rías, que ben o merecemos.

 

UNHA MOREA DE PREGUNTAS

Lois Sanchez Meizoso - 3ºA

...E continuarán os intereses económicos e políticos feitos unha navalla diante da saúde do noso medio. Prevención do que són as catastrofes mariñas circunscribíndose o acontecido na Coruña: Preguntémonos o porqué dunha refinería na Coruña; teñamos en contao risco que sofre a poboación perante os accidentes. Do mesmo modo pensemos o por qué do uso dun barco que supera os 10 anos de antiguedade. ¿ por qué? : Non querería facer elucubracións, pero se cabe... ¿ pode ser que un barco vello sexa mais doado de “fretar” ?. Preguntémonos o porqué do fondeamento na ría de Ares do petrolero MAR EXEO até a entrada no porto Coruñés . Unha vez acaescido o tráxico suceso : ¿ Que medidas se tomaron ? Ningunha; e como consecuencia: ¿ Que ocorrería se o vento tornase NORTE-SUR ?, ¿ Que ocorrería coas persoas de maior idade, meniños e persoas con insuficiencia respiratoria ?. Non é unha esaxeración, e a realidade. Teremos en conta o inmenso dano ecolóxico do que eu non vou falar porque farto estades de oílo, aínda que as informacións sexan falseadas. ¿ Que aconteceu na ría de Ferrol ?. ¿ E que non era doado fechar coas barreiras o pescozo dun xarrón ?. ¿ Por qué se permitíu a apertura das barreiras para que os barcos poidesen pasar ?. Camuflouse a porcallada que cheira na beiramar, as areas foron limpadas, pero:¿ que acontece coas rochas ?... ¿ e que ocorrerá cos mexillóns e percebes que viven nelas ?. Producirase unha alteración na cadea alimenticia, unha irregularidade no ritmo do crecimento, que aínda que din que é recuperabe a curto prazo, eu digo que nunca será coma antes, e antes do antes, e incluso antes de que os barcos mais antigos xa afondasen e vertesen o seu contido de veneno. O turista non é parvo e decatarase das porcas rochas. O noso goberno galego, non ten potestade sobor das augas das nosas costas, as augas xuridiscionais deberían de ampliarse; aproximadamente deberían estar entre as duascentas millas. Tamen deberíase controlar todos os barcos que pasan polas nosas costas; vixiando a limpeza e vaciado das súas sentinas que emporcan o mar, aínda máis que os propios verquidos dos naufraxios.

Os gobernos nacional e autonómico non están interesados nos problemas que suceden decote nas nosas costas, quizais por concesións.

Fago por iso un chamamento para que todos unidos falemos dista situación, falémoslle ao goberno, ao goberno que escaralla e que logo nos da as solucións como un remedio de eficacia.

Galiza, e un pobo de mariñeiros e labradores, coma xa decía Castelao, e logo moitos outros. Se o centralismo non pode, haberá que pensar en outras solucións, porque o mariñeiro é do mar e sen mar non hai vida.

 

 

O FIN DA COSTA CORUÑESA

Laura García Carreira- 3ºF Beatriz Sequeiro Díaz - 3ºF

Todo comenzou o día catro do Nadal, do pasado ano, cando unha nova espertou a atención de toda a poboación española e mundial, pero moito máis preocupou ós homes da costa galega. A nova dicía que un petroleiro grego, o “Mar Exeo” foi a encallar botando litros e litros de cru por toda a costa coruñesa.

A maioría de nós, descoñecedores da profundidade do problema, non nos pareceu moita cousa: ¡Bah!. Non nos poderemos bañar no mar no verán, pero nada máis. O caso non foi só isto, senón que a fauna galega, a flora, e todo o medio ambiente estaba contaminado, que ainda non se recuperara do ocurrido, fai agora dazaseis anos, co “El Urquiola”, o petroleiro que nos deixou as súas pegadas na nosa costa.

Polas rúas, uns días despois, quedaron unhas sinais de fume, producido polo incendio do cru, que se espallou rápido e lonxe, e víase reflexado nos coches e nas fachadas como grandes manchas negras. Isto era o que preocupaba a algunha xente, pero mentras tanto a marea negra seguíase a extender polas nosas praias, botando a perder o noso marisco e sobre todo a fermosura da nosa Galicia costeira.

Por moitos millóns de pesetas que agora nos queiran dar, non levará todo á normalidade. Para que isto suceda, haberá que limpar rocha por rocha, area por area... O máis importante é que, os responsables destes feitos tomaran conciencia e puxeran todos os medios habidos e por haber para que feitos como estes non se volvan a repetir nin aquí nin en ningunha outra parte do mundo.

 

REFLEXIONS SOBRE UNHA CATASTROFE

Cristina Gomis Parada - 3ºA

É un pouco premeditado falar das solucións que Goberno, Xunta e institucións locais, teñen pensado dar a esta catástrofe nas costas galegas; e digo, é un pouco premeditado por que estas cousas levan o seu tempo é as veces incluso traspapélanse. A ver se con un pouco de sorte cando pensen facer algo xa o mar limpou a meirande parte do petróleo. Certo é que os medios para paliar a catástrofe son custosos e tanto a limpeza do mar como as remuneracións os traballadores pesqueiros e marisqueiros; pero igual de certo é que son moi necesarios. Alguén se pode preguntar; ¿cómo entrou en Ferrol o petróleo coa estreita ría que existe ?, tamén eu mo pregunto. ¿ Falla de medios ?, ¿ o mal tempo ?, penso eu que un pouco de todo. Xa vimos nos medios informativos que se empregaron barreiras para que o cru non entrase na ría pero, ¿ qué calidade tiñan éstas ?, ¿ realmente ao traballo que facían alí uns cantos homes estaba servindo para algo ?. Seguíase a empregar o método de control do verquido por medio das malchamadas barreiras é o proceso de recollida escomezou; un proceso longo e tortuoso se esperamos a que veñan as ondas co petróleo. E ogallá me trabuque, pero creo que con isto e pouco máis acábase para eles o conto.

Hosted by www.Geocities.ws

1