Reclamacións estrada 

PO-351 Couso - Tomiño 

 

Preme para consultar

o proxecto da estrada

PO-351 en Tebra

 

Últimas novidades !!!                                                                         (data actualización: 16 de novembro de 2003) 

Núñez Feijoo: "de metro e medio nada"Cerca de 200 veciños sairon o domingo 16 de novembro á estrada PO-351 para comprobar que a disculpa do Conselleiro de que non fai as aceras porque o arcén ten metro e medio de ancho e FALSA. Levaron cintas métricas e mediron o arcén.

(preme na foto para mirar todas as fotos da manifestación)

 

O Director Xeral di que non fai o túnel do Sobordelo.

sobordelonon.jpg (134797 bytes)Segundo cita o escrito remitido ó alcalde, é unha "infraestructura excesiva", ou o que é o mesmo, moi cara para que a usemos nós. Agora non din que é "técnicamente imposible" como se disculpaban hai uns meses.

(preme na imaxe para ler o escrito)

 

 

Próximas Mobilizacións 

DOMINGO DÍA 16 ÁS 11 DA MAÑÁN, manifestación dende o Cruce do Sobordelo ata o río Cereixo.

 

 

Inicio das reclamacións: marzo 2001 

En marzo do ano 2001, a asociación de veciños recolle firmas e presenta na Consellería de Política Territorial un escrito reclamando aceras, carril-bici e iluminación no proxecto da obra de ampliación da estrada PO-351. Daquela as obras ainda non empezaran, e o conselleiro era D José Cuiña. Non se tivo resposta a aquel escrito.  

(preme na imaxe para ver o escrito)

 

Segunda reclamación: abril 2003  

En abril de 2003, e acompañado de 1200 firmas, a asociación de veciños envía un segundo escrito á Consellería. Ademáis de voltar a reclamar aceras, carril-bici e iluminación engádense os prexuizos das obras da estrada: corte de regos e dificultade e perigo nos accesos. (ver o escrito: premer aquí) 

 

Apoio da Comisión de Goberno de Tomiño: maio 2003  

comisiongober.jpg (137705 bytes)En maio de 2003 reúnese a Comisión de Goberno do Concello de Tomiño e decide por unanimidade apoiar as reivindicacións dos veciños de Tebra, en resposta a unha copia do escrito presentado pola asociación no concello solicitando o apoio. 

(preme na imaxe para ver o escrito)

 

Solicitude no Concello dos planos do proxecto actualizados  

solicitaplanos.jpg (137045 bytes)A Asociación solicita por escrito no Concello de Tomiño os planos actualizados do proxecto, e aproveita para informar que están convocados os veciños na estrada ó día seguinte, para examinar o avance da obra. Ese mismo día se confirma que o Delegado Provincial visitará Tebra (coincidencia?). 

(preme na imaxe para ver o escrito)

 

Reunión dos veciños na estrada: 12 de xuño de 2003  

Faro130603.jpg (237451 bytes)A Asociación convoca ós veciños a unha reunión na mesma estrada. O obxectivo é tomar conciencia do estado das obras, dos prexuizos producidos polos cortes de regos, e sobre todo da perigosidade dos accesos. 

(preme na imaxe para ver repercusión en prensa desta reunión)

 

Terceira reclamación ante o Conselleiro e ante o Delegado Provincial: xuño 2003   

O 20 de xuño de 2003 consíguese que acuda o Delegado Provincial acompañado do Director de Obras de Pontevedra. A directiva da Asociación presenta nos lugares concretos as deficiencias e entrega un escrito acompañado de fotografías coa totalidade das reivindicacións. Ademais o mesmo escrito é enviado un día antes por correo certificado á Consellería 

(preme na imaxe para ver o escrito)

 

Resposta do Sr Conselleiro: xuño 2003 

conselleiro.jpg (134615 bytes)Na mesma semana na que acude o Delegado Provincial, e tra-la reunión celebrada na estrada o día 12 de xuño, recíbese carta do Sr Conselleiro Alberto Núñez Feijóo relativa ó escrito presentado en abril de 2003. Confirma que o proxecto inclúe a reposición dos regos afectados e que non está previsto a construcción de aceras, e que a estrada contará con arcén de metro e medio.  

(preme na imaxe para ver o escrito)

 

Resposta do Sr Delegado Provincial ó  escrito de xuño 2003 

O mesmo día no que está convocada a primeira das manifestacións, o 25 de xuño de 2003, tan só cinco días despois da visita do Delegado, recíbese por fax resposta ó escrito entregado en mán e enviado por correo á Consellería. O fax coincide coa carta do Conselleiro en que non haberá aceras, que a reposición dos regos se inclúe no proxecto, e engade que se encarga un estudio a Asistencia Técnica da Xunta sobre posibles melloras nos accesos. As manifestacións prodúcense igualmente. (ver fax recibido: folla nº1, nº2, nº3nº4)

 

Manifestación na estrada PO-351 o día 25  de xuño 2003  

Cerca de 300 persoas, entre as que se atopaban os dirixentes locais de CdT, PSOE e BNG. maniféstanse o día 25 na estrada. A Asociación reparte gorras co lema "Estrada solucións: accesos, beirarrúas, regos, carril-bici" entre todos os asistentes. (preme na imaxe para ver as fotos da manifestación).

 

Primeiro accidente na estrada PO-351 o 26 de xuño 2003  

Un coche matrícula PO-1327-BL, perde o control na última curva antes do barrio de Samuelle e sae do arcén, dando unha volta de campá. Afortunadamente a conductora non sufre danos. (preme na imaxe para ver as fotos do accidente).

 

Manifestacións na estrada PO-351 o día 27 de xuño 2003  

O segundo día de manifestación acuden máis de 400 persoas. Esta vez ocúpase toda a calzada e a marcha dura hora e media, dende as 21 ata as 22:30 h. Entre os asistentes repártese o Faro de Vigo do día, no que aparece o artigo da manifestación anterior.  (preme na imaxe para ver as fotos da manifestación)

VIsita do diputado D. Modesto Pose: 28 de xuño 2003

psoeenTebra.jpg (75028 bytes)O día 28 de xuño, sábado pola mañán, acudíu a Santa María de Tebra o diputado no Parlamento Galego e Secretario Provincial do PSOE en Pontevedra D Modesto Pose, acompañado de membros do partido en Tomiño. A directiva da Asociación expusolle a situación, presentoulle toda a documentación e a continuación visitaron o tramo da estrada en cuestión, dende o alto do monte ata o barrio de Samuelle. Na foto (premer para ver ampliada) aparecen os membros do partido en Tomiño, con D. Modesto Pose (en primeiro plano) e co Vicepresidente da Asociación (segundo pola dereita), observando as deficiencias do acceso a Samuelle (aserradeiro).

A Comunidade de Montes de Santa María únese á protesta 

Segundo comunicado de prensa publicado en FARO DE VIGO o día 29 de xuño 2003, a Comunidade de Montes de Santa María de Tebra manifesta o apoio ás reivindicacións da Asociación de veciños e ainda vai máis alá: di que hai abandono por parte dos gobernantes cando permiten facer unha estrada cun 10% de pendente na zona de vivendas. (Ver zona de repercusión en prensa, máis abaixo)

Solicítase ó alcalde de Tomiño que se leve a Pleno o tema, e consiga unha entrevista co Director Xeral de Estradas: 2 de xullo de 2003

solicitareunionDX.jpg (146078 bytes)O pasado 2 de xullo, a directiva da Asociación solicitou por escrito e mediante unha reunión co sr alcalde e o concelleiro de obras que se traten nun pleno as reclamacións dos veciños.

Ademáis solicitouse no mesmo escrito que o alcalde mediase para conseguir unha reunión co Director Xeral de Estradas da Consellería (a persona de máis poder no tema despois do Conselleiro). O día 3, o sr alcalde confirmou que a reunión se producirá o vindeiro 10 de xullo, ás 10 da mañá en Santiago.

(preme na imaxe para ver o escrito)

VIsita do diputado D. Francisco Trigo: 4 de xullo 2003

bngentebra.jpg (90133 bytes)O día 4 de xullo, venres pola tarde, acudíu a Santa María de Tebra o diputado no Parlamento Galego do BNG D Francisco Trigo, acompañado de membros do partido en Tomiño. A directiva da Asociación expúsolle a situación, presentoulle toda a documentación e a continuación visitaron o tramo da estrada en cuestión, dende o alto do monte ata o barrio de Samuelle. Na foto (premer para ver ampliada) aparecen  membros do BNG de Tomiño, con D Francisco Trigo (o segundo pola esquerda) e co Presidente da Asociación (primeiro pola dereita), observando as deficiencias do acceso a Samuelle (aserradeiro).

Segundo accidente na estrada PO-351 o 6 de xullo 2003 ás 23 horas 

Un coche matrícula 8797-BNL, perde o control na última curva antes do barrio de Samuelle e sae do arcén, dando varias voltas de campá. O conductor é trasladado ó hospital. En menos de dez días dous accidentes espectaculares no mesmo punto. E iso que a estrada está sen rematar.

(preme na imaxe para ver as fotos do accidente).

Resposta do Sr Director Xeral: xullo 2003

directorxeral.jpg (132622 bytes)En resposta ó dossier entregado ó Delegado o día 20, e enviado por correo ó Conselleiro, quen responde agora é o Director Xeral de Estradas, D. Agustín Hernández Fdez de Rojas. Di que se está estudiando o asunto, que moitas das cousas denunciadas xa foron repostas e o de sempre: "disculpen as molestias".

(preme na imaxe para ver o escrito do Director Xeral).

 

Reunión en Santiago co Director Xeral de Estradas: 10 xullo 2003

O día 10 de xullo, reuníronse en Santiago o Presidente e a Secretaria da Asociación de Veciños co Director Xeral de Estradas e o Delegado Provincial, en presencia do alcalde de Tomiño e o concelleiro de obras.

Resultados da reunión: O acceso de Ponteciña será rectificado, para mellorar a rotonda de xiro (abaixo) e quitarlle pendente á subida, desprazando o cruce coa estrada máis hacia Gondomar. Garantizan a seguridade do depósito de Cimadevila, e en caso de posible risco, construirían un novo. Rectificarán ó acceso inferior hacia o aserradeiro (cruce da Tita), deixando os dous carris antigos como vía de servicio, para enlazar máis abaixo do cruce das Colinas coa xeral. Estudirarán a posibilidade de desviar as augas pluviais da pista de freado hacia o río, polo camiño máis curto. Farán máis suave a curva dende a estrada de Pexegueiro e estudiarán a posibilidade de novo tradado desta para enlazar coa estrada xeral máis arriba. Queda pendente de estudio o paso subterráneo no cruce do Sobordelo. As aceras, de momento nada. (haberá que seguir reclamando).

Peregrinación a San Benito: 11 xullo 2003

Cen veciños acudiron a San Benito de Gondomar. O 11 de xullo percorreron os 10 km que separan Tebra de Gondomar para pedirlle ó santo milagreiro consiga as aceras para Santa María e San Salvador.

 

(preme na foto para mirar a reportaxe da marcha, e mira o recorte de prensa máis abaixo)

Aceras: no Rosal SI, en Tebra NON (?) 

Faro110703b.jpg (83045 bytes) Segundo publica FARO DE VIGO, a Consellería vai reformar a estrada O Rosal-Loureza, con ensanche e aceras, iluminación, aparcamento... Supoño que as solicitarían antes que nós, que o fixemos no ano 2001, ou quizais esa estrada sexa máis perigosa, con máis pendente ou con máis tráfico...

 

(preme na foto para mirar a nota de prensa)

 

O BNG leva ó parlamento galego o problema da estrada

Voz150703.jpg (38938 bytes)

Trala visita a Tebra de D Francisco Trigo, deputado autonómico, que recibíu da directiva da Asociación de Veciños as queixas das obras da estrada, e mirou de preto o problema, o BNG de Galicia presentou no Parlamento Galego unha proposición non de lei para facer un estudio de seguridade vial e a construcción de aceras.

 

 

 

 

Asistencia dos veciños á visita do Conselleiro a Goián: 5 agosto 2003

O conselleiro de Obras Públicas, D Alberto Núñea Feijóo, veu a Goián o pasado 5 de agosto, para mirar as obras da ponte de Goián. Alá foron a directiva da asociación e unha representación de 15 veciños. A pesar de que nun primeiro momento, o alcalde de Tomiño non deixaba ós veciños presenciar o acto, finalmente o Conselleiro dedicou uns minutos a falar co presidente da Asociación. Presentámoslle a nosa problemática e en especial o das ACERAS. Dixo que se estudiaría a posibilidade de incluilas dentro do proxecto actual da obra.

Asistencia ó pleno extraordinario: 12 agosto 2003

Faro130803.jpg (170088 bytes)No pleno estiveron presentes uns trinta veciños de Tebra. Di a oposición que ese foi o motivo para que o goberno de Tomiño votara finalmente a favor da moción presentada pola oposición, sen rectificar nada. Aprobouse por UNANIMIDADE que o concello comprometa financiación para a construcción das ACERAS e reposición de demáis viais e servicios. 

(á esquerda o artigo de prensa; á dereita a moción aprobada)

 

Creouse a Comisión de Seguimento: 6 setembro 2003

O pasado 6 de setembro creouse a Comisión de Seguimento das obras da estrada. Formada por representantes de todos os partidos do concello de Tomiño e coa presencia do presidente da asociación. Esta comisión encargarase de que a obra quede ben, e de facer cumprir as reclamacións dos veciños.

Dada a trascendencia desta comisión e a cantidade de información que vai xerar, hai unha páxina especial relacionada con este tema.

 

Repercusións na prensa escrita

Faro120603.jpg (109650 bytes) Faro130603.jpg (237451 bytes) Faro140603.jpg (83805 bytes)
FARO DE VIGO do 12 de xuño de 2003  FARO DE VIGO do 13 de xuño de 2003 FARO DE VIGO do 14 de xuño de 2003
Faro180603.jpg (35961 bytes) Faro250603.jpg (42862 bytes) Faro270603.jpg (213015 bytes)
FARO DE VIGO do 18 de xuño de 2003 FARO DE VIGO do 25 de xuño de 2003 FARO DE VIGO do 27 de xuño de 2003
atlantico270603.jpg (73873 bytes) Faro290603.jpg (206410 bytes) Faro010703.jpg (151750 bytes)
ATLÁNTICO do 27 de xuño 2003 FARO DE VIGO do 29 de xuño de 2003 FARO DE VIGO do 1 de xullo de 2003
Faro060703.jpg (61021 bytes) Faro110703.jpg (37033 bytes) Faro120703.jpg (92281 bytes)
FARO DE VIGO do 6 de xullo de 2003 FARO DE VIGO do 11 de xullo de 2003 FARO DE VIGO do 12 de xullo de 2003
Voz150703.jpg (38938 bytes) Faro020703.jpg (102540 bytes) Faro310703.jpg (211847 bytes)
LA VOZ DE GALICIA do 15 de xullo 2003 FARO DE VIGO do 2 de xullo de 2003 FARO DE VIGO do 31 de xullo de 2003
Faro120803.jpg (166370 bytes) Faro130803.jpg (170088 bytes)  
FARO DE VIGO do 12 de agosto de 2003 FARO DE VIGO do 13 de agosto de 2003  

 

Repercusións na radio

Entrevista en Radio Tui o 13 de xuño de 2003 (premer para escoitar: próximamente)

Entrevista en Onda Cero-Porriño o 17 de xuño de 2003  (premer para escoitar: próximamente)

Entrevista en Onda Cero-Porriño o 25 de xuño de 2003  (premer para escoitar: próximamente)

Entrevista en Onda Cero-Porriño o 26 de xuño de 2003 (repetición da entrevista do día 25)

Entrevista en Radio Tui o 11 de xullo de 2003 (premer para escoitar: próximamente)

Entrevista en Onda Cero-Porriño o 11 de xullo de 2003 (premer para escoitar: próximamente)

Repercusións na televisión

Noticia no telexornal comarcas da TVG o día 4 de xullo de 2003, ás 14 horas.

Repercusións en internet

Galicia-suroeste.com o día 12 de xuño de 2003 (ver páxina)

Galicia-suroeste.com o día 18 de xuño de 2003 (ver páxina)

Galicia-suroeste.com o día 20 de xuño de 2003 (ver páxina)

Galicia-suroeste.com o día 25 de xuño de 2003 (ver páxina)

Galicia-suroeste.com o día 6 de xullo de 2003 (ver páxina)

Faro de Vigo.es o día 13 de xuño de 2003 (ver páxina)

Faro de Vigo.es o día 14 de xuño de 2003 (ver páxina)

Faro de Vigo.es o día 25 de xuño de 2003 (ver páxina)

Faro de Vigo.es o día 27 de xuño de 2003 (ver páxina)

Faro de Vigo.es o día 29 de xuño de 2003 (ver páxina)

Faro de Vigo.es o día 12 de xullo de 2003 (ver páxina)

Faro de Vigo.es o día 31 de xullo de 2003

Faro de Vigo.es o día 12 de agosto de 2003

Faro de Vigo.es o día 13 de agosto de 2003

Hosted by www.Geocities.ws

1