Asociación de veciños de Santa Mª de Tebra

Casa social de Tebra

Tomiño

Sr. D. Alberto Núñez Feijoo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

Xunta de Galicia

Abril de 2003

Sr. Conselleiro:

O  21 de marzo de 2001 (hai casi dous anos) presentamos no rexistro xeral da Xunta de Galicia un escrito amosando a preocupación dos veciños de Tebra polo mal estado da estrada PO-351 no treito Couso-Tomiño, ó seu paso por Santa María e San Salvador de Tebra, e solicitabamos que se dotara de aceras, iluminación e carril de bicicletas ó citado tramo, dada a perigosidade do mesmo, e o frecuente paso por ela de veciños a pé así como de numerosos ciclistas. Aquel escrito ía acompañado das firmas dos veciños e persoas sensibilizadas coa situación.

Por aquel entonces as obras de acondicionamento da citada estrada aínda non comezaran.

 

A día de hoxe, cando se están a realizar as obras, dirixímonos de novo a esa Consellería para reiterar unha vez máis aquela solicitude, á que engadimos o grave prexuizo que están a producir as obras na infraestructura de regadíos da zona.

Como vostede sabe, unha das fontes de traballo de Santa María de Tebra é a producción de planta e hortalizas en invernadoiro, así como a agricultura para consumo propio. Esta práctica precisa do rego, sobre todo en momentos clave do ano, como no verán. Para iso existen dende hai moitos anos toda unha combinación de viais que baixan do monte e cruzan a estrada PO-351, que permiten de forma alternada ir regando todos os terreos dos veciños nos meses de poucas chuvias. Algúns destes viais de rego quedaron temporalmente bloqueados durante as obras da nova estrada, e algúns deses campos quedaron sen regar o pasado verán. O que pedimos é que se solucione o antes posible esta situación, buscando a maneira de garantir que os veciños poidan seguir regando como facían ata agora, e que a nova estrada conte con suficientes pasos para a auga dos regos, así como recuperar as fontes públicas que con motivo das obras perderon o seu caudal. Por último, solicitamos que a nova estrada non entorpezca as comunicacións das casas, como está a ocorrer nalgúns casos a causa das obras, e queden da forma máis práctica para os veciños os accesos ós barrios e fincas.

Para que vostede sexa consciente da transcendencia destas peticións, e que son un sentimento compartido por moitas persoas, adxuntamos as 1200 firmas das persoas que se uniron a esta solicitude.

 

En espera de que as nosas peticións sexan escoitadas

despídese atentamente,

 

 

Carlos Encisa de Sá (DNI 36107653-E)

Presidente da Asociación de veciños de Santa María de Tebra

 

Os abaixo firmantes solicitan da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda que nas obras de acondicionamento da estrada PO-351, ó seu paso polas localidades de Santa María e San Salvador de Tebra, se dote á mesma de aceras, iluminación e carril para bicicletas, e se deixen en funcionamento os viais de rego que ata o comezo das obras cruzaban a estrada, así como os accesos ós barrios e fincas.

 


Apelidos e nome

DNI

Sinatura

 

 

 

 

Hosted by www.Geocities.ws

1