Sr Conselleiro de Obras Públicas
D Alberto Núñez Feijóo
Tebra, 11 de xuño de 2003
O presente documento é unha descripción concreta daqueles puntos que as obras da nova estrada PO-351 Couso-Tomiño deixou sen resolver ou resolveu do modo non satisfactorio para os veciños de Santa María de Tebra.
En nome dos veciños de Santa María de Tebra, transmítolle a nosa preocupación por obter solución a estes problemas que un ben común (a nova estrada) está a producir nun grupo de persoas, como xa quedou latente nos escritos dirixidos á Consellería de Obras Públicas en marzo de 2001 e o pasado mes de abril de 2003, este último acompañado de 1200 firmas dos veciños.
Atentamente,
Carlos Encisa
Presidente da Asociación de Veciños de Santa María de Tebra

REGO: A Granxa
Cortouse á auga que alimentaba os
regos.

AUGA: Depósito de augas de
Cimadevila.
A liña da
estrada pasa tan preto do depósito de auga que este queda en perigo de
derrumbamento. Este depósito dota de auga potable ás familias de cimadevila,
está rexistrado e conta coa aprobación da Confederación Hidrográfica do
Noroeste.

DESPRAZAMENTO
de terras.
Deslizamento
do monte Tetón e apertura de brecha. Amenaza para varias vivendas que se atopan
monte abaixo.
REGO: da
presa dos ríos.
Situado preto
da zona onde o monte sufríu o deslizamento. O rego procede de máis arriba e
pasa baixo a estrada.
REGO de
Barreiros

PRESA do
río de abaixo.
Quedou
sepultada polo recheo da estrada. Servía directamente auga a varios campos, e
tamén servía a outra presa que está moi preto, e que polo tanto quedou sen
suministro.

REGO da
Marronda.
Na
actualidade solucionado en parte.

ACCESO ó
monte.
No lugar
chamado “a volta da Marronda”, polo momento queda con demasiada pendente, tendo
en conta que é unha pista de terra.

FONTE-pilón.
Tradicional
fonte na que tamén había un merendeiro. Aquí collían auga non só os vecinos
senón moitos viaxeiros que circulaban por esta vía.


ACCESO a
Cimadevila, Ponteciña, Carballal e Outeiro.
Tódolos
vecinos de Santa Mª, a excepción dos que residen en Samuelle e parte de
Cimadevila, utilizan este acceso dende a estrada para chegar ás súas casas, ou
para ir a Gondomar.
O traxecto
foi modificado e na actualidade quedou cunha pendente de máis do 20%, ademais
dun pechado xiro que é preciso realizar en dúas maniobras. Este xiro chega a
ser imposible de realizar para camións, limitando polo tanto ás vías de
comunicación da zona.
Por outra
banda realizouse un aterramento sen muro de contención, e polo tanto é
predecible que o efecto das chuvias leve a terra enriba do camiño de acceso.
Ademáis o
enlace coa estrada Couso-Tomiño realizouse na actualidade nunha curva, e cun
extremado cambio de rasante.

REGO do
Penal.
De novo un
rego cortado. Neste caso xa no verán do ano 2002 estivo cortado e foi imposible
regar os campos. É preciso solucionalo antes do seguinte verán.
TERREO en
“a volta do castelo”.
Este
terreo non foi expropiado pero quedou no medio das dúas estradas (a vella e a
nova), e con gran pendente xa que limita cun pequeno regato.

REGO en
Samuelle.
A estrada
divide o rego pola metade. É preciso atravesar a estrada sen perder caida, pois
a auga chegaba a campos do outro lado, que non teñen outro suministro para
regar. A día de hoxe parece que se está a solucionar

ACCESO ó
barrio de A Costa.
A forte
pendente e estreita estrada secundaria fai moi perigoso tanto o acceso ó barrio
como a baixada dende a estrada forestal de Pexegueiro.
Ademáis
hai forte impacto ambiental co resultado da parede en pendente de pedra.
Solicítase adecuación ó entorno con vexetación ou similar.


ACCESO a
Samuelle e Cimadevila.
Saída á
estrada tras forte pendente e curva. Acceso dende a via secundaria (antiga
estrada xeral) en pendente. Imposible ou moi perigoso acceso en ambos sentidos
para vehículos pesados (camións de leña ou autobuses) e perigoso no caso dos
turismos. Recoméndase túnel baixo a estrada nova para enlazar do lado dereito
no caso da dirección Gondomar. Esta solución facilita o enlace coa estrada de
Pexegueiro e barrio de A Costa.

ACCESO en
Samuelle (abaixo).
Perda dun
carril de entrada ó barrio, obrigando a realizar maniobra de entrada no final
da pendente do 9,8%. Grande perigosidade no acceso ó barrio e na saída do
barrio dirección Gondomar.

Recheo de
terra para nova pista de acceso, que á vez de obstaculizar un dos carriles,
presenta grande inestabilidade por carecer de muro de contención.
REGO en
Samuelle (Sociedad).
O recheo
tapona un rego á beira da antiga estrada.
RECOLLIDA
DE AUGAS.
Atención
as novas recollidas de augas producidas pola propia estrada. No barrio de
Samuelle, o peralte desvía a unha única cuneta toda a auga de chuvia da
estrada, canalizándoa a unha antiga recollida, que correspondía a unha zona
máis pequena, con arqueta na entrada para “As Colinas”. É probable que na época
de chuvias a canalización antiga non sexa suficiente para coller toda a auga
nova. Suxírese modificar a canalización ou desviar a recollida da estrada de
xeito independente.
ACERAS,
CARRIL BICI, ILUMINACIÓN
Como xa se
solicitou en marzo de 2001 e en abril de 2003, consideramos fundamental dotar á
nova estrada de aceras, carril bici e iluminación ó seu paso polas parroquias
de Santa María e San Salvador. A estrada atravesa as parroquias, e hai moitos
desprazamentos a pé que necesariamente coinciden á beira da estrada (tenda,
farmacia, parada autobús escolar,...) Ademais de varios accidentes, a estrada
antiga cobrou a vida dun neno hai dous anos.