Comisión
de seguimento das obras
(constituida o 6 de setembro de 2003)
Membros da comisión de seguimento:
| PP | Roberto Miranda |
| CdT | Suso Castiñeira |
| BNG | Lito Oliveira |
| PSOE | Enrique Iglesias |
| Asociación de Veciños de Santa Mª de Tebra | Carlos Encisa e José Andrade |
| Secretario da Comisión | Santiago Vergara |
Primeira reunión: 6 de setembro de 2003
Constitúese a comisión e se fixan obxectivos:
Cumprir as reclamacións dos veciños de Tebra e as que puideran xurdir no resto do trazado do vial Couso-TomiñoTransmitir a información sobre este vial ó Pleno do Concello e a outras entidades interesadas.
Propoñer, no seu caso, a corrección de deficiencias.
Facer o seguimento da execución das obras.
Supervisar o cumprimento dos compromisos adquiridos.
Os representantes veciñais presentan unha lista das deficiencias sen resolver. Decídese poñerse en contacto coa Xunta, concretamente co Sr Director Xeral, para que informe do estado das reivindicacións.
Preme para mirar a acta da reunión
Segunda reunión: 27 de setembro de 2003
O domingo anterior á reunión, membros da comisión personáronse na parroquia de Santa María de Tebra para observar as deficiencias, en concreto a ausencia de auga na fonte pública e o muro no acceso da casa de Tita. Ademais de moitos outros puntos: recollida augas, túnel sobordelo, deficiencias no muro contención depósito Cimadevila, e outras...
Preme para mirar as deficiencias observadas o 21 de setembro
Preme para mirar a acta da reunión do 27 de setembro