Reunida a comisión de seguimento das obras do vial Couso-Tomiño (PO-351) o sábado, 6 de setembro de 2003 ás 12 h. no Concello de Tomiño acórdase

 

 

  1. Obxectivos:
    1. Cumprir as reclamacións dos veciños de Tebra e as que puideran xurdir no resto do trazado do vial Couso-Tomiño
    2. Transmitir a información sobre este vial ó Pleno do Concello e a outras entidades interesadas.
    3. Propoñer, no seu caso, a corrección de deficiencias.
    4. Facer o seguimento da execución das obras.
    5. Supervisar o cumprimento dos compromisos adquiridos.

 

  1. Composición da comisión

A comisión queda constituída polas seguintes persoas:

Polo grupo municipal Partido Popular, D. Roberto Miranda.

Pola Asociación de Veciños de Sta. María de Tebra, D. Carlos Encisa.

Polo grupo municipal Centristas de Tomiño, D. Jesús Castiñeiras

Polo grupo municipal Bloque Nacionalista Galego, D. Rafael Martínez

Polo grupo municipal Partido dos Socialistas de Galicia, D. Enrique Iglesias.

Preside a comisión, por delegación do Alcalde, D. Roberto Miranda actuando como secretario con voz e sen voto D. Santiago Vergara

 

  1. Calendario de reunións

Acordase reunir a comisión con caracter ordinario os últimos sábados de cada mes, as 12 h. no Concello. No caso de coincidir coa celebración de Pleno, a reunión será convocada ás 11 h.

A comisión tamén se reunirá por petición de calquera dos seus membros.

 

  1. Acordos tomados

a.      Propoñer á Dirección Xeral de Estradas a solución presentada por D. Enrique Iglesias para o cruce de Sobordelo, da que facilita croquis descritivo.

b.      Reclamar  a mellora das canalizacións de augas pluviais no mesmo lugar.

c.      Reclamar o macizado do muro de contención na zona do depósito de auga do barrio de Cimadevila.

d.      Reclamar a reposición da conducción de augas que abastece o depósito mencionado.

e.      Reposición de accesos ás propiedades particulares na zona de Hortos.

f.        Presentación do estudio xeotécnico que avale as actuacións levadas a cabo nesta zona e o estudio de impacto ambiental das mesmas.

g.      Reposición da zona de recreo.

h.      Solicitar ó Director Xeral de Estradas o nomeamento dun representante na comisión.

 

Levantase a sesión sendo as 13’15.

 

                                                          En Tomiño, a 6 de setembro de 2003

 

     

Hosted by www.Geocities.ws

1