Reunida a comisión de seguimento das obras do vial Couso-Tomiño (PO-351) o sábado, 27 de setembro de 2003 ás 12 h. no Concello de Tomiño procédese a presentación de dous escritos:
1.- Escrito dirixido ó Director Xeral de Estradas, solicitando a designación dun representante da Xunta de Galicia na Comisión. Queda encargado da súa tramitación D. Roberto Miranda Álvarez
2.- Escrito recollendo a deficiencias observadas na visita realizada o domingo 21-09-03. Non hai constancia de que se fixera ningún traballo sobre o recollido no documento. O mesmo engádese o seguinte a proposta do representante de CdT, Jesús Castiñeira Diz.
Na proximidades da escola vella de S. Salvador : mellora da curva existente e reparación desaugue
Mellora da saída á estrada do camiño de Vilameán.
A proposta do representante do PSdG engádese: Mover a liña do muro de contención na zona da fonte de Samuelle, mellorando o entorno da mesma.
Acordos Tomados:
1.- Convocar o mércores, 1 de outubro unha visita ás obras ás 19’15 invitando ó vixiante da Xunta para comprobar in situ ó estado das obras e traballos pendentes.
D. Roberto Miranda Álvarez responsabilizase de contactar co mencionado vixiante e comunicar ós membros da comisión calquera modificación que puidera haber na data ou hora da visita prevista.
Levántase a sesión as 13 h.
En Tomiño, a 27 de setembro de 2003