Os grupos políticos do BNG,
PSdeG – PSOE e CdT no Concello de Tomiño, a través dos seus concelleiros, e ó
abeiro do artigo 78 do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime
Xurídico das Entidades Locais , solicitan
a celebración dun Pleno extraordinario,
coa seguinte orde do día:
·
Análise das obras do vial PO-351 Couso-Tomiño e das condicións de
seguridade do mesmo.
·
Medidas a adoptar, no seu caso, tendentes a reparar as posibles
deficiencias.
·
Análise do trazado en función das infraestructuras previstas: Polígono
industrial, saneamento,etc.
·
Onde vai rematar a estrada e por conseguinte por onde vai a
circunvalación do Seixo.
·
Que previsión hai tomada cara ós excesos de velocidade, que sempre se
producen, en zonas perigosas cara os habitantes.
para debater a seguinte MOCIÓN:
Dado que a estrada PO-351
desde Couso a Tomiño vai soportar o tráfico entre Portugal, a través da ponte
internacional de Goián, cara o Val Miñor e o sur de Vigo, e tamén de todo o
Baixo Miño as mesmas zonas, estimase que o incremento de vehículos será moi
considerable.
Nas últimas semanas tiveron
lugar diversas accións por parte dos veciños da parroquia de Tebra na denuncia
das deficiencias que en materia de seguridade presenta o vial. Este problema
vai afectar a totalidade dos veciños deste Concello, por ser a saída natural
cara as comarcas e poboacións antes ditas.
E en base os motivos e consideracións
seguintes:
·
As obras que se están a levar a cabo no vial Couso-Tomiño evidencian
graves deficiencias no trazado do mesmo, e en consecuencia a súa construcción
compromete gravemente a seguridade de peóns e vehículos, especialmente nos
cruces de acceso a Sta. María, Cimadevila e A Costa e no trazado entre Samuelle
e S. Salvador.
·
Non se están repoñendo coa necesaria celeridade os servicios afectados
polas obras en curso, de xeito que por segundo verán consecutivo haberá veciños
que non poderán regar as súas propiedades.
·
Causa inquedanza nos veciños a carencia de información sobre as
actuacións levadas a cabo para a consolidación do terreo na parcela Castiñeira
na zona de Cimadevila, onde é posible observar fendas na ladeira recen
escavada. Do mesmo xeito causa preocupación as consecuencias que as obras do
vial poidan ter no depósito de auga para abastecemento dos veciños do barrio de
Cimadevila.
·
Como consecuencia dos desmontes realizados nestas obras creouse unha
situación de risco na estrada do barrio de A Costa, sen que ata o momento se presentara
ningunha solución para a mesma.
- Que a Consellería de
Política Territorial achegue ós veciños as solucións necesarias para
subsana-las deficiencias detectadas, especialmente as que fan referencia a
adopción de medidas de seguridade tendentes a evitar danos nas persoas e
cousas.
- Que o Concello comprometa,
con financiación propia ou allea, a reparación dos viais e servicios da súa
competencia afectados polas obras e a construcción de beirarrúas.
- Que se cree unha comisión
de seguimento das obras coa participación do Concello, dos veciños e da
Administración Autonómica.
Asdo: Rafael Martínez Calzado Asdo:
Jesús Castiñeira Diz Asdo:
Henrique Rodríguez Iglesias