Auga Ras. Acción Cultural Galega en Madrid



 Actividades de Auga Ras
25/04/03  Presentación auga ras
25/04/03  Fotopoemas Mariana Guiadanes
outono 03  Fotorealidade Ricardo R. Eanes
 Taboeiro de anuncios
Se buscas axuda para espoñer, actuar, representar... en Madrid, ponte en contacto con auga ras

 Algúns recursos galegos na Internet
  Biblos
  Mesa pola normalización lingüística
  Vieiros
 
  Contacta con auga ras
Envía un e-mail ó colectivo
 Por onde choutamos...
 

O colectivo auga ras nace dunha mistura de ideas e soños, dos desexos e esperanzas dun grupo de xente diversa. Un colectivo heteroxéneo cun obxectivo común: mostrar a variedade cultural galega ao mundo, de aquí de alá e de acolá, alén dos xa comidos e degustados lacón con grelos e a gaitas varias como símbolos únicos do noso país. Somos parte dun pobo onde chove mais tamén vai sol, de regueifas e internet, de lacón con grelos e de filloas. Somos gris e tamén verde, monte e mar. Somos gaita e tamén partitura viva, guitarra eléctrica e música de cámara.

E é esa Galiza múltiple e viva que vos queremos mostrar dese xeito novo de inventar, unha pinga da iniciativa e inspiración que move os novos creadores galegos.

Non queremos ser a ponte para o salto ao estrelato, aquí hai moita contaminación, senón o boomerang amplificador das novas creacións galegas.
A a-ras-ar.

    auga ras
    Arte
    Urxencia
    Galiza
    A ras ar


    Reflexións
    Acción
    S.O.S

 



1
Hosted by www.Geocities.ws