Hosted by www.Geocities.ws




 Presentación... Por Alba Pazos
 


"¡ umh, umh...cheira a auga! ¿ a auga e a algas? non, non é o mar. é unha lagoa, escoito rás."

Atopámonos aquí, nun prado de cimento gris, sí, de novo estamos aquí. De novo porque nada é novo, todo está feito xa, pero aínda quedan moitas cousas por descubrir. E nós imos descubrir. Imos descubrir e transcribir o xa descuberto pero sobre todo buscaremos o que, a pesar de estar preto, está agochado baixo pedras de ferro.¡ Xa, xa o sabemos! As pedras no son de ferro pero quizais así volas mostremos.

¡ Que sol que vai! Chegou a primavera, e xa cheira a verde e a merda. Aquí ou alá. Pero nós cheiramos tamén desde lonxe ¿ non cheiras ti as raíces que dende máis alá rodean o peito? Tamén no inverno se senten os arrecendos e se saborean as cores primaverais.

E así o faremos, buscaremos un recuncho ordenado neste gran caos, buscaremos o noso sitio fóra de sitio. E así mesmo o mostraremos. Cada cheiro será familiar e cada mirada allea será especial e singular, lonxe pero preto das rás.


"¡plash, plash... vasme mollar! ¿quen chapotea no río? non, non é o río. é unha poza con edificios"


Por que nos atopamos nesta poza non imos falar, iso é cousa de maxia ou de meigas. Nós, dos porqués do afastamento e da atracción, non temos nin idea.

Unha, dúas, tres, catro... ¡ cantas maneiras de mirar! ¿queredes máis?


" ¡auga ras! "


Madrid, abril 2003.

 
Volver á páxina principal

1