Hosted by www.Geocities.ws




 Afinando... Por Marta Gesto Lagüela
   




O colectivo auga ras nace dunha mistura de ideas e soños, dos desexos e esperanzas dun grupo de xente diversa. Un colectivo heteroxéneo cun obxectivo común: mostrar a variedade cultural galega ao mundo, de aquí de alá e de acolá, alén dos xa comidos e degustados lacón con grelos e a gaitas varias como símbolos únicos do noso país. Somos parte dun pobo onde chove mais tamén vai sol, de regueifas e internet, de lacón con grelos e de filloas. Somos gris e tamén verde, monte e mar. Somos gaita e tamén partitura viva, guitarra eléctrica e música de cámara.

Esa é a Galiza múltiple e viva que vos queremos mostrar dese xeito novo de inventar, unha pinga da iniciativa e inspiración que move os novos creadores galegos.

Non queremos ser a ponte para o salto ao estrelato, aquí hai moita contaminación, senón o boomerang amplificador das novas creacións galegas.

A a-ras-ar.

Volver á páxina principal

1