Hosted by www.Geocities.ws




 Foto-poemas Por Mariana Guiadanes
 


O colectivo Auga Ras quere agradecer a todos aqueles que visitaron aá exposición de fotopoemas da artista viguesa Mariana Guiadanes, que se presentou o venres 25 de abril no Café Arco, en Malasaña.



Violinista de Pedra

 

Mariana Guiadanes é traductora e intérprete. De palabras e imaxes.

É quen de chegar ás nubes cos pés no chan (iso sempre, húmidos, enraigados e vivos como a terra; os seus pés son raigames de bule-bule que saben patalear cando é preciso e gostan de probar cómo é pisar noutras leiras). Eses enganches tan fondos chegan ata os ollos da súa máquina de facer luces impresas. E nótanse.

Dende o lugar de Beade á Europa máis boreal, as imaxes poéticas e os poemas imaxinarios desta viaxeira volvénnos os ollos de ra e as pegadas coma a auga da tanxerina verde.

¡Que o gocedes!

Exposición de fotopoemas de Mariana Guiadanes.
Café Arco, praza 2 de maio, 4. Madrid
25 de abril-13 de maio


Volver á páxina principal


1