La Cuesta

 www.geocities.com/la_cuesta

 

Menu

·  Inicio
·  Aspectos Climatológicos
·  Economía
·  Economía Antigua
·  Estudio Cultural
·  Estudio Demográfico
·  Estudio Histórico
·  Estudio Xeográfico
·  Estudio Natural
·  Estudio Político
·  Turismo Rural
·  Festas
·  Enlaces
·  Lista de Correo
·  Chat
 

Idiomas

· Español
· Inglés
· Llïonés
· Gallego
· Catalán
· Euskera

 

Estudio Natural

FLORA:

Non é lugar para supoñer bosques e carballeiras frondosas, pero haberás de imaxinar que nun tempo o carballo vestía estas praderías nunha espesura impenetrable. Os lumes e o pastoreo reducírono ó vestixio ou esa condición que a penas lle consinte asomarse por encima das "escobas" e breixo, para un enxeñeiro forestal esto sería "monte baixo". Non sexas tan despectivo ti e considera que segue sendo un monte vivo, con máis valor aínda, porque gardan estas plantas ó saberen sobrevivir nas peores condicións. A enxeñería contempla o monte coma campos de cultivos, colocando manchóns de pinos, repoboacións e experimentos por todas estas pendentes.

Tamén o campesiño fixo o propio. Sobre todo, queimar, o lume morde a matogueira e aparece despois o pasto pobre. Pero o lume, sobre todo, permite queimar uces e escobas, das cales se aproveitara o toco de dura raíz ó ano seguinte. Esta dura madeira é o combustible ideal para os lugareños. As cepas do breixo
constitúen o mellor carbón de fragua e amoréanse xunto ás casas e leñeiras esperando quentar potas ou pór o forno candente.

As primaveras son malvas e brancas de tanto breixo que tapiza o monte. O amarelo de nabiza ponlle cor ó maio. O carballo rebolo ou meloxo asómase en densos panos que alternan coas uces e brecinas, escobas e carqueixas catro especies vexetais que se fan donas paulatinamente de tódolos espacios que deixa a planta maderable. Os breixos, que lle dan cor a todo o monte, ofrecen dúas variedades básicas: o branco e o negro, aínda que este último reciba ese nome tendo unha acusada cor malva-púrpura. Tamén se dan as breciñas rastreiras. Asómanse no monte algúns exemplares de aciñeira carrasca. Aciñeira mato de copa verde cinza, espesa e de folla carnosa.

Herbas de pastos, gramíneas e tomiños intercálanse entre os panos do monte, salpicados por cantuesos, saxífragas, tusílagos, cerrallas, herba de Santiago, cardos, liño montesiño, gordolobos, dedaleiras, entre cen variedades máis que che garda a sorpresa. No terrazo de secaño cultivado, nacen centeos e cebadas, forraxeira ou legumes.

Xunto á augas nacen ameneiros, catro variedades de salgueiros e algún intercalado freixo. Os chopos, inevitables lanzais, poboan partes do soto entre o mato de silvas, abruñeiros salvaxes e oras espinosas ou madreselvas. Na pradería volve o chopo a ser lindeiro, na compaña de silvas, espinos maiorais, abruñeiros e salgueiros paleiros. Tamén poderás ver vimbieiras, fundamentais para a artesanía popular do cesto. Diferentes plantas pratenses e forraxeiras, gatiñas, cardos, dedaleiras, gordolobos, ervellacas silvestres ou amores de hortelán completan parte deste tapiz vexetal de baixura.

Pero poderás ver tamén algún freixo e nogais preto do aldea, maceiras, pereiras e cerdeiras nas hortas onde se cultivan verzas, patacas, chícharos, feixóns, algún tomate... Flores silvestres: narcisos, campaíñas, violetas, durmideiras, margaritas, rosais, dente de león... Existe unha gran variedade de setas nas que podemos encontrar algunhas comestibles como o parasol ou os cogumelos chopo.

FAUNA:

A fauna vén a congregar nestas paraxes practicamente a toda a nómina salvaxe de León. Aínda máis,xa que aquí están localizados algúns endemismos raros como esa píntega sanabresa que pode chegar a vivir uns corenta anos. En cambio o que acontece é que as modificacións de tipo agrario, tralo abandono das actividades tradicionais nas que mandaban o arado e o gando, afectaron directamente as especies interrelacionadas coas vellas faenas. A sensible diminución nas superficies de terreo dedicadas ó centeo reflíctese no descenso no número de perdices, lebres ou raposos. Pola contra, o aumento apreciable de superficies repoboadas de pino supuxo a creación dun novo hábitat para a expansión do corzo e do cervo.

Cando a primavera abrolla nos primeiros soles de marzo a vista pode cazar con máis facilidade esa expresión salvaxe, especialmente no que concerne á actividade das aves, cando o seu laboureo de emparellamento ou nidificación se intensifica nestas datas. Se desexas contemplar unha das actividades máis frenéticas dos paxaros, como é a súa comida de mediodía, séntate a beira do río nesa hora na que eclosionan os mosquitos sobre a superficie da auga. Mosquiteiros, lavandeiras, algún ferreirolo, cascudas e carriceros sitúanse nos arbustos da beira atendendo ó bocado que pase flotando preto deles.

Nas carballeiras máis ou menos espesas que verás nas ladeiras situadas fronte a esta pola que paseas poderás escoitar ó gaio, algún peto e con maior dificultade podería ver a discreta becada, esa chocha perdiz ou pitorra que aniña no chan e que ten una perfecta capa de plumaxe camuflante dos seus movementos.

No monte será máis difícil observar a fauna de maior calibre, ese mamíferos que son consubstanciais a esta paisaxe. O lobo, por exemplo, foi dende sempre o mellor veciño destes montes a pesar da súa persecución. O animal que con seguridade poderás ver é o corzo xa que campa no somonte do Teleno e hoxe ten máis monte e menos xente que nunca, pero son outras as especies as que se levan a atención do curioso, como esa xeneta cada vez máis improbable ou as donicela, garduñas o martas que poden considerarse unha verdadeira excepción neste tempo.

O porco teixo resiste nas ladeiras baixas, ao igual que algúns furóns que teñen que buscarse nestas cotas a súa dieta diaria. No aire destes montes escríbese con ás a vida salvaxe e verás unha longa serie de rapaces, entre as que é máis habitual a aguia rateira, aínda que o miñato, o buxato,ou o peneireiro son tamén frecuentes.

Xunto ó río, como xa dixen antes, rexístrase unha maior actividade (píldoras, alcaraváns e andarríos entre outros). Non é fácil que podas avistar algunha garza no inverno ou ese ánades reais (azulóns) que faenan ocasionalmente nalgúns tramos fluviais. Anota tamén nestas baixuras as aves máis comúns: merlos, urracas, graxas, bubelas, algunhas rolas e torcazas.

Pero na auga é onde estas as xoias. A troita, como é lóxico, manda nun río que gozou tradicionalmente dunha transparencia exquisita, xa que os embarramentos en riadas e enchentes non se producen coa intensidade doutros leitos . A lontra faena nos tramos do río con denso mato que a protexa. Espérate finalmente toda esa interminable vida miúda de pequenos mamíferos, réptiles e insectos que aquí encontrarás ao igual que nos mellores paraxes naturais de León.

Hosted by www.Geocities.ws

1