La Cuesta

 www.geocities.com/la_cuesta

 

Menu

·  Inicio
·  Aspectos Climatológicos
·  Economía
·  Economía Antigua
·  Estudio Cultural
·  Estudio Demográfico
·  Estudio Histórico
·  Estudio Xeográfico
·  Estudio Natural
·  Estudio Político
·  Turismo Rural
·  Festas
·  Enlaces
·  Lista de Correo
·  Chat
 

Idiomas

· Español
· Inglés
· Llïonés
· Gallego
· Catalán
· Euskera

 

Estudio Cultural

TRAXE POPULAR:

O traxe típico das mulleres do aldea, consta de: faldra negra, vermella ou verde de pano, mandil con abelorios, pano de "ramo de seda" cruzado, e outro pano atada a cabeza e camisa branca de liño. O traxe dos homes consta de capa negra e sombreiro.

   

A IGREXA:

A planta é de cruz latina. Nun curruncho encóntrase a sancristía, rectangular, portas e ventás rectangulares, enmarcadas en pedra labrada. No interior do centro da cruz arrancan catro vellos arcos de estilo renacemento.

No retablo central, barroco, encóntrase a imaxe da Nosa Señora da Asunción, restaurado recentemente e de gran valor, arriba Santo Cristo, a esquerda Virxe do Rosario e a dereita San Pedro; hai na parede esquerda da cabeceira un cristo colgado, do século XVI. No lateral da esquerda da cruz, sitúase sobre a parede o retablo da Santísima Trindade, arriba San Caetano, e á dereita, mirando, Santo Tirso. No mesmo sentido, está situado o retablo do lateral dereito, con San Antonio Abad no seu centro, á súa dereita San Antonio de Padua e á esquerda San Sebastián.

VIVENDAS:

A vivenda tradicional constaba de dúas plantas. Na planta baixa estaban as cortes para o gando ou as bodegas. Na planta alta situábase a vivenda, aproveitándose así a calor dos animais que se encontraban debaixo. A súa fachada caracterízase por un elemento típico: o corredor con columnas e a balaustrada de madeira. Son de pedra e con tellado de lousa. A separación das habitacións facíase de vimbio e encalábanse a modo de paredes.

No interior era típica a vella cociña ou lareira. As cociñas destacan pola súa cor ennegrecida debido ó lume baixo realizado no chan e alimentado con raíces de uz. Para facilitar a saída de fume existe unha cheminea, debaixo da cal colga o beganceiro, pao do que pende a begancia que sostén a caldeira para quentar a auga. Nas cociñas cúrase a matanza, que se colga nuns paos horizontais chamados barales, que se colgaban do teito. Antes da incorporación da electricidade os recintos eran iluminados con llumbreiros, paos secos de uces que colgaban da bergancia; o paso intermedio entre este último e o actual o constituían as lucerinas ou lámpadas de petróleo.
 

FESTAS:

A festividade local e a Santísima Trindade, que actualmente se celebra só durante un día, o domingo anterior ó Corpus Christi; outro día e Santo Tirso, 28 de xaneiro, deste santo houbo confraría e tamén unhas regras que cumprir por tódolos confrades:

1. Todos os veciños, cabezas de familia do aldea La Cuesta que sexan confrades teñen a obrigación de asistir cando corresponda ó cargo de xuíz ou maiordomo.

2. Cando nunha familia haxa algún confrade e falte o cabeza de familia e teña fillos maiores de idade, estes ocuparan as cabezas de familia e terán que asistir ó cargo cando lles corresponda.


3. Quen non cumpra a lei anterior terá que abonar a cantidade de cincocentas pesetas (tres euros) á confraría e non quedará confrade algún desa familia durante un prazo mínimo de cinco anos.

4. Todo confrade pagará á confraría tres cuartillos de grans de especie e cinco pesetas en diñeiro (0,3 céntimos).

5. Cada confrade recibirá como esmola espiritual participar en honor a Santo Tirso e celebrarase o día da festa, ao día seguinte de funeral e outra por tódolos confrades defuntos.

6. Todo confrade recibirá como esmola material unha ración de 920 gramos de pan cocido e dous netos de viño.

Outra das festas e a de San Pedro, 29 e 30 de xuño, pero na actualidade trasládase ó ultimo domingo de xullo, sendo a única na que a súa celebración é buliciosa con bailes e festexos que comezan o sábado e continúan o domingo sinalado.

Hosted by www.Geocities.ws

1