|
Estudio
Demográfico
Para
poder estudiar a poboación é necesario destacar a gran
importancia que tivo a emigración ó longo deste século. Por
mor dela houbo un descenso acusado da poboación. A emigración é consecuencia da vida imposta polo medio rural
da montaña. Tamén se pode entender como a resposta persoal
de moitos habitantes que desexaban mellores condicións de
vida. Esta perda da poboación trouxo consigo a perda de moitos dos
oficios tradicionais. A emigración está constituída na súa maior parte por xente
nova, o cal supuxo e supón un rápido envellecemento da
poboación. As consecuencias económicas son
evidentes:desaparición da economía agraria e gandeira,
ademais do abandono das casas e dos pallares.

Escola
abandonada pola emigración
|