|
|
A ASOCIACIÓN CULTURAL PICUIÑA nace entre un grupo de xente entusiasta da nosa música, e en especial dun tipo de formación de gran éxito a principios do século XX, os cuartetos tradicionáis. A asociación conta cun cuarteto tradicional, PICUIÑA, que é o xermen desta asociación. Este cuarteto adica nas suas actuacións todolos seus esforzos a difundir o espíritu que tiñan os cuartetos de antaño, e a manter este tipo de formación viva, tentando evitar que se convertan nunha foto fixa do pasado que se representa enrriba dun escenario. O grupo combina a perfección varias facetas, por un lado a de divulgar a nosa música tradicional a través da sua participación en numerosos festivais e xornadas folckloricas dentro e fora de Galicia, e por outra banda a de continuar coa función que tiñan os cuartetos no pasado, animar as festas, deste xeito participa en múltiples romerías populares, seráns, festas parroquiais, ...... e todo isto refrendado polos exitos acadados en diversos concursos de música tradicional entre os que cabe destacar os seguintes: · Segundo posto no Concurso de gaitas do país de Sarria ( 2.003) e Memorial Manuel Texo de Vedra ( anos 2.003 e 2.002 ) · Terceiro posto no concurso de música tradicional de Sanxenxo (2.001) · Cuarto posto no concurso de Ponteareas (1.999) · Quinto posto no concurso de Ponteareas ( 2003)
Indicar que en todolos casos trátase de concursos no que estaban presentes os mellores cuartetos de Galicia. Ademáis acadaronse múltiples finais de distintos concursos.
A parte das actividades que leva a cabo o Cuarteto de gaita a asociación tamén organiza diversos cursos sempre o redor da nosa cultura tradicional, así xa están en marcha un curso de Corte e Confección de traxes tradicionais, un de Percusión tradicional e outro de recuperación do toque pechado na gaita. Xa organizou vaias exposicións de fotografía de gaiteiros co título GAITEIROS DE ONTE E HOXE.
Neste ano 2.004 comezou unha nova actividade co título de Ciclo de cuartetos tradicionais consistente na organización de catro concertos de cuartetos de gaita perante o mes de xaneiro, no que cada un dos grupos representa os diferentes estilos dos cuartetos actuais, dende os mais innovadores os mais conservadores. Con este evento perseguimos que a xente teña unha visión global dos cuartetos actuais e non os encasille nun estereotipo apreciando a multitude de opcións que teñen este tipo de agrupacións musicais. Neste tipo de concertos tamen se promove a interacción entre os cuartetos, o remate das actuacións abrese un tempo para as preguntas e o cambio de impresións. Pero sen dúbida o evento mais importante que leva a cabo a asociación e a Mostra de Cuartetos tradicionais. Este evento concentra a maior parte dos esforzos da asociación, tanto económicos como organizativos. Memoria da I Mostra de Cuartetos 2003
A. C. Picuiña 2004 |