|

A mostra estructúrase de
tal maneira que abarca tanto o público en xeral como a xente con
coñecementos previos da nosa cultura tradicional independentemente do seu
nivel.
Con esta
mostra a xente acadará unha visión da realidade musical de galicia nunha
época decisiva na que se producen grandes cambios que marcan a realidade
actual da nosa música.
Os
asistentes, sen ou con coñecementos básicos desta realidade, serviralle
para comprendela mellor e entrar en contacto cunha parte moi importante da
nosa identidade como é a nosa música. A variedade de actividades permite a
cada persoa tomar parte nas que mais lle gusten. Os participantes con
coñecementos previos permitiralle contrastalos e amplialos con datos os
que non tiña acceso contribuindo desta maneira a mellorala calidade dos
seus estudios, actuacións, etc.
Con esta mostra acádase
un doble beneficio por unha banda acercar o público en xeral a nosa música
tradicional e por outra banda incrementar os coñecementos da xente que se
dedica normalmente a difundir as nosas tradicións nas distintas vertientes músical, literaria, investigadora, etc.

A. C. Picuiña 2004 |