|
|
BIOGRAF�A DOS CAMPANEIROS Foi polo ano 1926 cando os irm�ns Jos� e Ram�n Vali�as Oubi�a, naturais do Sixto, Vilagarc�a, comezaron a actuar nas festas da zona co nome de Os Campaneiros. Na s�a familia non hab�a tradici�n musical e aprenderon a tocar cunhas frautas de cana que constru�ron eles mesmos. Logo mercaron un punteiro e met�ronlle unha vixigade porco (para que fixera as veces de fol) e un soprete. O padri�o de Jos�, � ver que o rapaz ti�a afecci�n e dotes, regaloulle unha gaita grileira, mercada en Pontevedra a Poceiro, famoso artes�n da provincia. Pouco despois, Ram�n mercou outra igual, e foi ent�n cando comezaron a actuar para o p�blico. O nome de Campaneiros era o alcume da familia, pois un bisav� deles fora un dos fabricantes de camp�s de Arcos da Condesa (Caldas). O repertorio que interpretaron durante os primeiros anos de andadura estaba composto por pezas populares ou copiado dos gaiteiros da comarca.
Acompa�ando �s Campaneiros, coa caixa e o bombo, pasou moita xente polo grupo, pero quen m�is perdura na memoria da xente e con quen gravaron os discos que te�en editados foron os irm�ns Jos� e Celestino, fillos de Pallamallada. Foi no ano 1983 que a s�a aldea natal lles fixo unha homenaxe popular, na que actuaron grupos como MILLADOIRO, FUXAN OS VENTOS, AIRI�OS DO PARQUE DE CASTRELOS, OS ROSALES�e na que recibiron diversas distinci�ns das mans do Presidente da Xunta, Real Academia Galega, Deputaci�n Provincial, Concello de Vilagarc�a, etc�, nunha xornada chea de emoci�ns e lembranzas, durante a cal descubriuse unha escultura conmemorativa do acto. Meses despois, na Festa do Marisco no Grove, OS CAMPANEIROS ofreceron a s�a derradeira actuaci�n, pois a enfermidade obrigou a Ram�n a retirarse. Ram�n morrer�a un ano despois, mentres que Jos� finou no ano 1993. En contraste coa grande producci�n art�stica do grupo est� a escasa obra que te�en gravada. O pasado ano o grupo de gaitas OS TERRIBLES DE AROUSA editaron un CD con 15 temas in�ditos dos CAMPANEIROS e, pr�ximamente, publicarase un libro coa s�a biograf�a e obra, xusta homenaxe � que foi unha das mellores agrupaci�ns de gaitas de Galicia do s�culo XX. Carlos Rei
Fonte www.treixadura.com
A. C. Picuiña 2004 |