|
Memoria da I Mosta de Cuartetos
Durante toda a semana
que durou a mostra (do 4 � 8 de novembro) exp�xose no Museo Manuel Torres
de Mar�n unha colecci�n de fotograf�as adicadas � cuarteto OS ENXEBRES DE
CACHEIRAS sobre quen xiraba a mostra. Do mesmo xeito tam�n se expuxeron
recortes de prensa da �poca, vestiario e instrumentos empregados polo
cuarteto � longo da s�a historia. Cada elemento da exposici�n estivo
acompa�ado dun panel explicativo que aportaba os datos concretos e a
contextualizaci�n do mesmo � visitante. A grande calidade e bo estado de
conservaci�n do material al� exposto permitiu que o p�blico que durante
toda a semana se acercou � museo puidera disfrutar a�nda m�is da
exposici�n.
O venres, 7 de
novembro, realizouse na Casa de Cultura de Mogor un Magosto Popular do cal
pudieron participar t�dolos veci�os da zona e todo aquel que ata al� se
achegou. Ademais das t�picas casta�as asadas tam�n se degustaron filloas �
xeito tradicinal e doces caseiros que a xente aportou. O evento estivo
amenizado por gaiteiros da zona e outros que se quixeron sumar � festa.
O s�bado, 8 de novembro, foi o d�a principal da Mostra no que
se concentraron a maior parte dos actos. Na sala de conferencias do Museo
Manuel Torres xuntouse unha gran cantidade de p�blico, moitos deles
aficionados e a maior�a grandes personaxes do mundo da m�sica tradicional
e o folclore, que atoparon nesta mostra un pretexto para xuntarse,
aprender e falar de m�sica e tradici�n. C�mpre destaca-la presencia de 14
membros da Associa�ao Gaita de Foles de Portugal. �s 18:30 h. tivo lugar
a conferencia sobre o cuarteto tradicional Os Enxebres de Cacheiras a
cargo de Pablo Seoane e o resto dos integrantes do grupo. Na conferencia
deron un repaso � historia do grupo dende a s�a orixe ata a actualidade,
�s actuaci�ns m�is relevantes, � vida dos membros fundadores xa que un dos
actuais membros do grupo, e refundador do mesmo, � neto dun membros
orixinais. Foron abundantes as an�cdotas e feitos singulares que
acompa�aron a vida deste cuarteto e as� no-las reflexaron os
conferenciantes que, xunto co emprego de medios audiovisuais para apoiar a
exposici�n, fixeron a conferencia moito m�is amena e interesante.
� remate da
conferencia abriuse unha rolda de preguntas para que tam�n intervira o
abundante p�blico asistente.
De seguido, �s 19:30 h., deuse paso � mesa redonda na que se
pretend�a dar an�lise a situaci�n dos cuartetos tradicionais e
recolle-las impresi�ns sobre o devir desta formaci�n no futuro. Baixo a
moderaci�n de Iv�n Costa blanco, prestixioso gaiteiro e estudioso do noso
folclore aglutinouse un elenco de grandes m�sicos da altura de Pablo
Carpintero, Xaime Est�vez, Alberto Lago e Pablo Nogueira (m�is informaci�n
na p�xina web da mostra). O moderador foi propo�endo temas de debate �s
contertulios para que estes disertaran sobre o mesmos e para os cales
aportaron o seu saber e experiencia, facendo sumamente interesantes as
propostas. O inter�s do p�blico sobre os temas fixo que nalg�n momento o
moderador abrira a porta a intervenci�ns do mesmo o que enriqueceu a�nda
m�is a charla tendo en conta que a maior�a de asistentes eran grandes
m�sicos e co�ecedores do tema e polo tanto favoreceu que se creara
pol�mica nalg�ns casos e se chegara � consenso noutros.
Unha vez
rematada a mesa redonda entreg�ronse os agasallos a cada un dos
participantes no medio dos aprausos do p�blico e convidouse a t�dolos
asistentes a ir � auditorio da Biblioteca Municipal onde agardaban os
Enxebres de Cacheiras para ofercernos un magn�fico concerto onde fixeron
un repaso �s pezas do seu repertorio e �s dos membros orixinais. Unha vez
rematada a s�a actuaci�n actuaron o cuarteto Picui�a que, como anfitri�ns,
po��an remate a esta I Mostra de Cuartetos tradicionais.


A. C. Picuiña 2004 |