Após dunha longa xeira de navegación pola rede, calquera cai da burra de
que hai algo que falla, esta páxina é a miña aportación para unha rede que poida considerar máis miña. Irei, co tempo, incorporando novos temas a medida que os vaia atopando e crea que sexan axeitados
Até entón, dádevos por saudados e non dubidedes en pedir ou dar o que queirades
Galiza irredenta: As fronteiras de Galiza non foron tiradas por paralelos nin meridianos coma en africa e nos EEUU. Existen, máis alá das leis escritas, catro Galizas: a oficial, versión do Estatuto de
autonomia concedido por España. A Galiza xeográfica, que se distingue con claridade nídia
de Castilla, asolada pola escasa vexetación e humidade e confíndese ata a súa maior disolución na provincia de Oviedo. A Galiza emigrada, máis alá de muros e valados. E a Galiza irredenta, constitúena as xentes que vivindo perto dos lindeiros da Galiza
administrativa (ou oficial, ou autonómica...), dentro da Xeográfica e con
sentimento de galeguidade a pesar de pertencer a outra autonomia e con fala vernácula galega.
Non
pulsar aqui: Se pulsas
aquí non respondo do que poida pasar :), quere dicir, Non premas
aí baixo ningún concepto! A parte, eu non o faria.
A Gallaecia:
Trátase dun proxecto idealista. Non apta para pragmáticos.
O rincón do poeta: Un lugar onde ler e deixar poesias galegas aberto a todo tipo de xentes, grafias e
temas. Un espácio aberto para que Galiza e os galegos poidan
expresarse a vontade.
Literatura e Galiza: Contidos sobre
Galiza e maila súa literatura. Información sobre a postguerra
galega en Galiza e máis no exílio, biografias de Castelao e Luis
Pimentel, poeta do exílio inteior; a Xeración Nós...
Ligazóns: Sítios que me pareceron interesantes. Irei engadindo as ligazóns que me suxirades.
Para mandaresme un correio so tes que premer
eiqui
Obrigadiño