Luis Pimentel O poeta do esquecemento


Luis Pimentel mais que un gran poeta, é o meu poeta preferido. A sua vida é rechamante e ao mesmo tempo escondida. Luis é o poeta da literatura galega que nunca dan nos libros de texto, nos apuntamentos, nas escolmas, nas reflexions sobre a poesia... é un poeta que estivo onde tivo que estar e muitas vezes pasou desapercivido.

Naceu en Lugo no ano 1895 e quase que pasou toda a sua vida aló, unha das cidades mais antigas do reino, xa con importancia na época dos romanos. Estudou en Santiago ao igual que muitos dos galegos que viven, viviron e vivirán. Ao igual que Castelao, estudiou mediciña. Foi a Madrid para facer o doutoramento e alí residiu na Residencia de Estudantes, entrando en contacto con todo o movemento cultural que existia nela. Conheceu e conviviu con moitos dos poetas da Generacion del 27. Logo deste paseo breve polo mundo adiante, voltou à sua cidade natal. Viviu na sua cidade exercendo a medicina e acudindo asiduamente às tertulias e participando nos movementos culturais e artisticos ate 1958, data na que finou.

A sua obra é con certeza sorprendente, segundo a minha opinion é un poeta da rua, solidario... tamén destes que non se dan a coñecer por medo, timidez ou algún outro motivo.

A sua obra foi publicada maiormente depois da sua morte, a escepción duns poemas publicados en Ronsel e un libro que publicou no ano 50 chamado Triscos. A obra postuma saiu à luz entre os anos 59 , que se publicou Sombra do Aire na Herba e o ano 60, en que foi publicado Barco sin Luces,un libro traducido ao castelán mas escrito orixinariamente en galego pero que polas datas nas que foi escrito (a guerra civil e a postguerra) acabou por ver a luz en castelán.

Pimentel foi un poeta pouco conhecido na sua época mas para min é o milhor de todos os poetas galegos deste século. Cultivou a poesia vanguardista e a poesia comprometida chegando a uns estremos nos que todo parece mui simple sen perder conta de que o autor esmerarase moitisimo para que o parecera, este é o motivo polo qual a sua obra é tan reducida.

Sen animo de ofender a ninguén, tenho posta unha poesia del para que poidamos compartir un intre agradable, lembrando este poeta que esquencen os libros de texto e as escolmas.

"Cunetas" "Enterro do neno pobre" "A Rosalia" "Os Nenos"

Co tempo prometo ir ponhendo máis poesias deste grande homen.

voltar ao inicio

Hosted by www.Geocities.ws

1