A ROSALIA
Non convén chorar máis
Ela chorou por todos e pra sempre.
Calemos...
Eu véxote así:
crespós nas estrelas,
ollos abertos de nenos mortos cravados nas salas do pazo
Calemos...
Nos currunchos acendéronse os altares do silenzo;
choiva de frores de estampeña nos tristes pasadelos.
coa túa boca torta chamas a mortos
E naufragos dende a solaina,
antre a brétema, en serán infinda.
Delantal de camposanto e campás antre mar e brétema;
barco negro e morto no camiño;
pómulos marelos deformes pola door;
balcón endexamais aberto cheo de paxaros e follas secas;
seios esprimidoa hasta a derradeira gota de luz;
maos antre mirto e lúa, debaixo da auga verde do estanque.
¿Que fas na serán que está esmorecendo sempre
ou na noite que endexamais se rematará?
Sin corpo, sin traxe sin bruído,
coroa de somas, música de pianos enloitados...
(Chove sobor das rosas e da escalinata do pazo).
De Sombra do Aire na Herba, LUIS PIMENTEL
Enterro do neno pobre Cunetas Os Nenos
Luis Pimentel O poeta do esquecemento