A Galiza na postguerra
O sono tocou ao seu fin, despois dunha epoca de tolerancia e forte desenrrolo cultural, chegou aquilo que case ninguén desexaba: a guerra.
Os escritores galegos estaban nun intre de máximo apoxeo da sua historia, presentes tres xeracións literarias (Xeración Nós, Irmandades da Fala, Xeración do 25) e dando abundantes froitos como a renovación total das formas e temas da literatura galega, publicando novelas poesia e ensaios sobre todo o imaxinabel e destinados a ser lidos tanto pola xente da rúa como polos entendidos.
Esta explosión cultural vese freada polo levantamento contra o goberno por parte de Franco e os seus mouros. Este levantamento e a guerra que provocou en defensa do goberno legal foron un duro golpe para tódolos escritores galeguistas, progresistas, ou mesmo republicanos de tódalas ideoloxias que tiñan cabida na Républica; pero foi tamén un feito histórico de moita importancia, seica o máis importante do século XX polos motivos que cito:
En coisa de dias pásase da masiva aprobación do Estatuto de Autonomía, con autogoberno, parlamento propio e cooficialidade do galego a un goberno centralista militar que racha coas esperanzas e persegue aos progresistas e nacionalistas dandolle alcance e morte, como foi con Boveda, a pesares de ser de ideoloxía conservadora.
A maior parte dos pensadores simpatizan co goberno da República e moitos alistanse coma convatentes, crease o II Congreso Internacional de Escritores Antifascistas no 37 en Valencia e iniciase unha serie de obras comprometidas nas que os escritores mostran o seu desacordo co réxime militar.
En Galiza a situación é rápida e violenta pois os militares que gobernaban Galiza apoiaron a Franco e a resistencia foi civil e desorganizada. Aplicase entón unha forte represión durante os tres seguintes anos que leva á fuxida dos intelectuais, silenzamento dos mesmos, ou mesmo ao paseamento (Alexandre Boveda, Anxel Casal, Arturo Noguerol...). Esto xunto coa Lei de Responsabilidades Políticas levou ao suspenso total de toda actividade cultural.
O sector da poboación mais humilde, vese sorprendido pola revolta e os mais comprometidos optan ou ben por fuxir a Portugal ou montar unha guerrilla mais ou menos organizada. A guerrilla foi un acto aillado que non se considerou un problema grave, estaba constituida polos famosos maquis.Os maquis foron a pouca resistencia que atopou o réxime: situaronse en Ferrol, Chantada, e a zona da Raia seca con Portugal. Ate o ano 43 no que coa visible caida do fascismo en Europa o goberno do exilio move peza e chama á loita contra ó rexime, organizando o "Exército guerrilleiro de Galicia". Pero no ano 50 obserbando a consolidacion do rexime militar faise unha chamada ao desarme dende o goberno do exilio.
| A única morte é o esquencemento |
